• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA amplía o seu apoio ao sector pesqueiro con novas opcións de crédito para as confrarías do sur da Coruña

  • A entidade financeira e as confrarías reúnense para analizar as necesidades e principais desafíos do sector
  • Os responsables dos pósitos compartiron as súas preocupacións cos representantes do banco e formularon peticións para seguir ampliando o convenio colaboración que manteñen coa entidade galega
20181115-abanca-cofradiassantiago

O director de ABANCA Mar, Javier Fraga, (cuarto pola esquerda) e o director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro (quinto pola dereita), xunto aos representantes das confrarías.

Descarga en alta resolución

15-11-2018
Negocio

ABANCA continúa fortalecendo a súa estratexia de apoio ao sector marítimo galego cunha xornada de reunións estratéxicas con representantes das principais confrarías do sur da Coruña. Durante o acto, no que participaron 17 pósitos, os asistentes expuxeron a súa visión sobre a situación actual do sector e os principais desafíos dunha actividade clave para a economía de Galicia.

A xornada, celebrada na dirección territorial de ABANCA en Santiago de Compostela, contou coa participación do director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro, e do director de ABANCA Mar, Javier Fraga, así como diversos directores de zona e de oficina do sur da provincia da Coruña. Por parte das confrarías participaron Miguel Ángel Iglesias, patrón maior da Confraría de Rianxo; Manuel Daniel Formoso, patrón maior da Confraría de Muros; Josefina Cobas, secretaria da Confraría San Andrés de Portosín; Enrique Maceiras, patrón maior da Confraría da Pobra; José Ramón Lema, patrón maior da Confraría de Camariñas; Emilio Queiruga, patrón maior da Confraría San Telmo de Porto do Son; José Antonio Santamaría, patrón maior da Confraría de Aguiño; José Juan Bermúdez, patrón maior da Confraría de Camelle; José Manuel Martínez, patrón maior da Confraría de Fisterra; Áurea Domínguez, secretaria da Confraría Virxe do Carme de Corcubión; José Mariano Lago, patrón maior da Cofradía de Lira; Fernando Siaba, patrón maior da Confraría do Pindo; Miguel Antonio Franco, patrón maior da Confraría de Palmeira; Daniel Castro, patrón maior da Confraría de Muxía; Manuel Adelino Freire, secretario da Confraría de San Bartolomé de Noia; José Antonio Pérez, patrón maior da Confraría de San Pedro de Ribeira; e José Manuel Pérez, patrón maior da Confraría de Cabo de Cruz.

Un novo acordo que dá resposta ás principais necesidades do sector

A reunión tamén serviu para renovar o convenio de colaboración que ABANCA mantén con estes pósitos que operan no sur da provincia da Coruña. Desta forma, a entidade financeira traza novas opcións de financiamento para o mundo do mar e continúa traballando en resolver algunhas das principais preocupacións e problemas das confrarías, como a renovación da frota ou os períodos de estacionalidade e falta de capturas.

Con este novo texto de colaboración, ABANCA pon a disposición deste colectivo unha póliza de crédito específica, con intereses moi baixos, pensada para facer fronte á falta puntual de ingresos. O novo acordo tamén inclúe produtos específicos para facer fronte ao financiamento de buques e outras embarcacións vinculadas á actividade económica do sector.

Ademais, os confrades terán novamente á súa disposición toda a oferta específica que o banco habilita para o sector pesqueiro, como préstamos persoais, liñas de desconto comercial, confirming, leasing mobiliario, avais, anticipos de subvencións ou pago de impostos, liñas de comercio exterior e financiamento oficial a través diversos organismos oficiais.

Do mesmo xeito, co ánimo de dar unha atención máis personalizada a este colectivo, ABANCA poñerá a disposición das confrarías e os seus socios persoal especializado en xestión de seguros, quen informará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades específicas da súa actividade.

ABANCA Mar: forte apoio ao sector pesqueiro galego

Tras esta nova cita, cúmprense tres edicións dunha reunión destinada a coñecer de primeira man a realidade do sector, o que demostra o compromiso de ABANCA cunha peza fundamental para a economía galega. Un compromiso que se viu reforzado en 2016 cando a entidade financeira creou ABANCA Mar, unha división específica con produtos financeiros centrados no negocio da pesca e a conserva.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA activa liñas de financiamento sostible para os agricultores do Bierzo

05-08-2021
Negocio

A entidade financeira pon ao dispor da Asociación Berciana de Agricultores opcións de crédito para mellorar a eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías limpas.

20210805-convenio-aba

ABANCA lanza o seu terceiro fondo de investimento responsable para xestión discrecional de carteiras

23-07-2021
Negocio Sostenibilidad

ABANCA reforzará o seu catálogo de produtos de investimento sostible co lanzamento dun novo fondo de investimento marca ABANCA vinculado á loita contra o cambio climático e a descarbonización da economía.

20201119-abanca-asg

Elementos da mediateca relacionados:

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

ABANCA destina 200 millóns ao financiamento das empresas dos polos industriais da área de Vigo

05.05.2021. O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, xunto ao delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca ...

Intervención de Francisco Botas no I Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación

12.03.2021 O conselleiro delegado de ABANCA explica o papel da dirección Next Generation ABANCA e do conxunto do banco no ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)