• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA completa a instalación de 20 caixeiros rurais e continúa co plan de formación en Vilarmaior, Rairiz de Veiga e Porqueira

20220502-abanca-balance-cajeros-rurales

Imaxe dunha das sesións formativas realizadas ata o momento.

Descarga en alta resolución

02-05-2022
Sostenibilidad

ABANCA completará o venres, día 6 de maio, a instalación e posta en servizo dun novo caixeiro automático no municipio de Aranga (A Coruña). A nova infraestrutura forma parte do plan iniciado en marzo, en colaboración coa Xunta de Galicia, para mellorar a cobertura financeira do rural galego, que contempla a colocación de 36 dispositivos en total.

Coa instalación do caixeiro de Aranga, o banco terá posto en funcionamento 20 novas infraestruturas que facilitan o acceso aos servizos financeiros da poboación de contornas rurais. Os novos dispositivos están situados nos municipios ourensáns da Arnoia, Chandrexa de Queixa, A Teixeira, San Xoán de Río, Os Blancos, Baltar, Larouco, Petín, Rairiz de Veiga e Porqueira; os coruñeses de Toques, Lousame, Dodro, Vilasantar, Dumbría, Santiso, Vilarmaior e Aranga, e os lucenses do Páramo e Ribeira de Piquín.

A posta en servizo dos 16 caixeiros restantes producirase ao longo das próximas semanas. Está previsto que o proceso finalice no primeiro semestre do ano.

Novas sesións formativas

De forma paralela, ABANCA continúa co plan de formación e capacitación vinculado á posta en servizo destes novos caixeiros automáticos. Esta semana realizaranse tres novas sesións formativas en Vilarmaior (A Coruña), Rairiz de Veiga e Porqueira (Ourense), que se suman ás sete que se realizaron ata o momento nos concellos do Páramo (Lugo), Lousame, Vilasantar, Dumbría, Santiso (A Coruña), Chandrexa de Queixa e A Teixeira (Ourense).

A formación en Vilarmaior será o martes, día 3 de maio, ás 11.00 horas; en Rairiz de Veiga celebrarase o mércores, día 4 de maio, ás 10.00 horas, e en Porqueira está prevista para o xoves, día 5 de maio, ás 10.00 horas. Nos tres casos as sesións desenvolveranse no Salón de Plenos do Concello.

Durante estas sesións formativas ensinarase aos asistentes como funciona o caixeiro e cales son as operacións máis habituais que se poden realizar, incluíndo unha demostración práctica sempre que sexa posible. Tamén se ofrecerán consellos básicos de seguridade e resolveranse as dúbidas que poidan ter os asistentes. Así mesmo, facilitaráselles un manual sinxelo que recolle toda a información para que poidan tela a man e consultala en calquera momento.

O obxectivo deste plan de formación e capacitación que acompaña a colocación e posta en servizo dos novos caixeiros é ofrecer a formación necesaria ás persoas que van utilizar estes dispositivos, moitas delas maiores de 65 anos e pouco dixitalizadas, para que poidan realizar as súas xestións con confianza e todas as garantías de seguridade.

As persoas que participaron ata o momento valoraron moi positivamente a acción, tanto o contido como o material entregado.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA e as principais confrarías da Mariña reforzan a súa estratexia co foco posto na sostibilidade

23-05-2022
Negocio Sostenibilidad

Un ano máis, ABANCA une esforzos coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e as principais confrarías da provincia a través da renovación dun convenio de colaboración que busca mellorar a competitividade e transformación da actividade cara a un modelo máis sostible.

20220523-abanca

ABANCA e os armadores de Burela colaboran para responder ás demandas do sector co foco posto na sostibilidade

20-05-2022
Negocio Sostenibilidad

ABANCA e Armadores de Burela, S.A. (ABSA), firmaron un acordo de colaboración que sitúa a sostibilidade no foco principal e que busca dar resposta ás demandas do día a día dun sector fundamental para a economía da Mariña.

20220520-abanca-burela

Elementos da mediateca relacionados:

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Acto de entrega de 30 redes recicladas para porterías do proxecto Redes Vivas ao R.C. Celta, R.C. Deportivo ...

II Xornada de Finanzas Sostibles organizada por ABANCA no Porto

24.09.2021. ABANCA organizou no Porto a II Xornada de Finanzas Sostibles que reuniu a representantes dos principais actores ...

Presentación proxecto Redes Vivas

08.06.2021. Presentación do proxecto 'Redes Vivas. Do fondo do mar ao centro do campo', que recupera redes abandonadas ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Susana Ortiz, directora de Marketing de ABANCA, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Eduard Campadabal, xogador do C.D. Lugo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Álex Bergantiños, xogador do R.C. Deportivo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Presentación proxecto Redes Vivas

08.06.2021. Presentación do proxecto 'Redes Vivas. Do fondo do mar ao centro do campo'.

Plan de Sostibilidade de ABANCA

13.05.2021. Presentación do Plan de Sostibilidade de ABANCA.

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)