• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA destina 200 millóns ao financiamento das empresas dos polos industriais da área de Vigo

  • A entidade financeira estreita a súa colaboración cos principais polígonos do sur da provincia de Pontevedra para abordar o desafío que supón o impacto da pandemia no tecido produtivo
  • O banco deseña produtos e servizos adaptados ás necesidades pos-COVID-19 e ofrece alternativas para impulsar proxectos ante a chegada dos fondos Next Generation da UE
  • A reunión habitual cos representantes destes polos transfórmase en encontros máis reducidos, onde coñecer as necesidades xerais e particulares de cada área
20210505-abanca-areas-indus-vigo

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, asina con David Regades, delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Descarga en alta resolución

20210505-abanca-areas-indus-vigo-2

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, asina con Manuel Castro, presidente da Asociación de Empresarios de Mos.

Descarga en alta resolución

20210505-abanca-areas-indus-vigo-3

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, asina con Indalecio Cuevas, presidente da Entidade Urbanística de Conservación A Granxa.

Descarga en alta resolución

20210505-abanca-areas-indus-vigo-4

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, asina con Santiago Gomara, presidente da Asociación de Empresarios As Gándaras.

Descarga en alta resolución

20210505-abanca-areas-indus-vigo-5

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, asina con Roberto Cavallo, presidente da Asociación de Empresarios Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares.

Descarga en alta resolución

20210505-abanca-areas-indus-vigo-6

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, asina con Giorgio Casoni, presidente da Asociación Empresarial Areas de Tui.

Descarga en alta resolución

20210505-abanca-areas-indus-vigo-7

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, asina con Javier Díaz, presidente da Asociación de Empresarios A Pasaxe.

Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

  • ABANCA destina 200 millóns ao financiamento das empresas dos polos industriais da área de Vigo 05.05.2021. O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, xunto ao delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, durante a sinatura do convenio de colaboración que manteñen as dúas entidades.
05-05-2021
Negocio

ABANCA renova a estreita colaboración que mantén coas principais áreas industriais de Vigo e a súa área de influenza e dá un novo impulso ao seu convenio financeiro nun momento especialmente crítico para o tecido produtivo. O banco compromete 200 millóns de euros en financiamento, ampliables noutros 100 millóns, como resposta ante as peticións das empresas que se agrupan nestes espazos de innovación e emprego do sur da provincia de Pontevedra.

Con esta inxección de financiamento, ABANCA reforza a viabilidade das empresas que se emprazan nos principais polos industriais de Vigo, O Porriño, Mos, Nigrán, Tui, Gondomar e Salvaterra. Este ano as restricións transformaron a habitual reunión con todos os representantes das áreas industriais en encontros máis reducidos. O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, así como distintos directores de zona e de oficina e xestores especializados no segmento participaron en diversas reunións con Roberto Cavallo, presidente da Asociación de Empresarios Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares; Giorgio Casoni, presidente da Asociación Empresarial Areas de Tui; Javier Díaz, presidente da Asociación de Empresarios A Pasaxe; Santiago Gomara, presidente da Asociación de Empresarios As Gándaras; Manuel Castro, presidente da Asociación de Empresarios de Mos (que agrupa os polígonos mosenses da Veigadaña e O Rebullón); Indalecio Cuevas, presidente da Entidade Urbanística de Conservación A Granxa; Juan Carlos Lemos, presidente da Asociación de Propietarios e Empresarios do Polígono Chan da Ponte de Salvaterra e David Regades, delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo (en representación das áreas industriais de Balaídos, Porto do Molle en Nigrán e Área Portuaria de Bouzas).

Destes encontros, o banco puido coñecer de preto cales son os problemas globais que comparten todas as áreas industriais, moi marcados pola situación sanitaria e económica derivada da pandemia de COVID-19. Pero tamén permitiu achegarse ás súas realidades particulares e aos desafíos aos que se enfrontan as empresas nas súas contornas e sectores.

Co foco posto na recuperación

Por todo iso, estes 200 millóns comprometidos en crédito tradúcense en produtos destinados ás necesidades da actividade diaria, pero tamén para impulsar investimentos que permitan mellorar a competitividade das empresas ou atraer novas ideas empresariais. Trátase dun financiamento flexible, con amplos prazos de amortización, con posibilidade de introducir carencias e adaptada ás necesidades de cada cliente, con especial relevancia dos programas oficiais a través do ICO e do Igape.

As empresas destas áreas industriais disporán de préstamos e leasing mobiliario para impulsar os investimentos, pero tamén de produtos orientados ás súas necesidades correntes, como pólizas de crédito, anticipos, liñas de desconto comercial ou avais, segundo as súas necesidades. Todo iso sen esquecer fórmulas de financiamento específicas para impulsar os intercambios comerciais con outros países. En resumo, un catálogo integral con respostas ás demandas do tecido produtivo do sur de Galicia, xusto nun momento clave no que se traballa nas necesidades pos-COVID-19 e nos proxectos que se poderán enmarcar nos fondos Next Generation da UE.

O banco afina así a súa proposta de valor para as empresas dunhas áreas industriais que son claves non só na contorna de Vigo, senón tamén para o desenvolvemento do tecido produtivo de Galicia. ABANCA achega na súa proposta de valor unha oferta a medida construída desde a proximidade e un amplo equipo de xestores especializados nas necesidades do colectivo.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA activa liñas de financiamento sostible para os agricultores do Bierzo

05-08-2021
Negocio

A entidade financeira pon ao dispor da Asociación Berciana de Agricultores opcións de crédito para mellorar a eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías limpas.

20210805-convenio-aba

ABANCA lanza o seu terceiro fondo de investimento responsable para xestión discrecional de carteiras

23-07-2021
Negocio Sostenibilidad

ABANCA reforzará o seu catálogo de produtos de investimento sostible co lanzamento dun novo fondo de investimento marca ABANCA vinculado á loita contra o cambio climático e a descarbonización da economía.

20201119-abanca-asg

Elementos da mediateca relacionados:

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

ABANCA destina 200 millóns ao financiamento das empresas dos polos industriais da área de Vigo

05.05.2021. O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, xunto ao delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca ...

Intervención de Francisco Botas no I Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación

12.03.2021 O conselleiro delegado de ABANCA explica o papel da dirección Next Generation ABANCA e do conxunto do banco no ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)