• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Boletín de economía
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e AECA organizan unhas xornadas sobre xestión de riscos e crédito a empresas

  • O banco e a asociación reúnen durante dous días en Vigo dúas decenas de expertos en auditoría, contabilidade e regulación financeira
  • O acto enmárcase na Cátedra AECA-ABANCA de Economía, Finanzas e Administración de Empresas, creada o pasado ano para facilitar o intercambio de coñecemento entre expertos do ámbito académico e profesional
20160606-abanca-jornadas-aeca

VII Xornadas AECA Valoración, Financiamento e Xestión de Riscos

Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

  • Programa Xornadas AECA-ABANCA Programa Xornadas AECA-ABANCA
06-06-2016
Corporativo

ABANCA e AECA organizan en Vigo os vindeiros 9 e 10 de xuño as VII Xornadas AECA de Valoración, Financiamento e Xestión de Riscos, no marco da Cátedra AECA-ABANCA de Economía, Finanzas e Administración de Empresas. Baixo o título “A importancia da Xestión de Riscos e a Auditoría para a viabilidade empresarial”, expertos do mundo académico, administrativo e empresarial reflexionarán sobre a xestión corporativa e financiamento.

O evento profesional arrancará coa conferencia inaugural a cargo de Juan Antonio Maroto, catedrático de Economía da Universidad Complutense de Madrid. Un prólogo que dará paso a un completo programa coordinado por ABANCA e AECA que converterá a Galicia no centro desta disciplina. Nos múltiples actos que compoñen este foro participarán unha vintena de poñentes especializados, ademais de grupos de investigación que presentarán os seus resultados en diversas comunicacións en sesións paralelas, e está previsto que asistan centos de profesionais de disciplinas como auditoría, contabilidade e regulación financeira, entre outros.

A excelencia formativa do acontecemento permitirá homologar a asistencia ás xornadas como FPC para auditores polo Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas e tamén computará para a acreditación de Experto Contable Acreditado-ECA®.

“Estas xornadas interdisciplinares e multifactoriais son especialmente útiles no contexto actual, no que é imprescindible unir puntos de vista ligados coa xestión de riscos, o financiamento e a auditoría para poder anticiparse á insolvencia empresarial”, indicou Manuel Rodríguez, director da Cátedra AECA-ABANCA de Economía, Financiamento e Administración de Empresas e xerente de Cobros e Pagos de ABANCA.

Mesas para reflexionar sobre temas de actualidade

Durante estes dous días están programadas diversas mesas de debate que servirán para compartir a visión dos expertos sobre temas de actualidade relacionados coa xornada. A primeira delas, contará coa moderación do director da Cátedra AECA-ABANCA de Economía, Financiamento e Administración de Empresas, Manuel Rodríguez, e permitirá abordar os riscos financeiros no marco de Basilea III e as implicacións para as entidades financeiras e as empresas. Participarán Pablo Triñanes, director xeral de Control Corporativo e Riscos de ABANCA; Eduardo Ávila, head of Global Supervisors Relations de BBVA; e Germán López, director do Mestrado en Banca e Regulación Financeira da Universidad de Navarra.

A segunda mesa analizará as perspectivas de oferta e demanda do financiamento a empresas e estará moderada por Domingo García, presidente da Comisión de Valoración e Financiamento de Empresas de AECA e catedrático de Economía Financeira e Contabilidade da Universidad Politécnica de Cartagena. Contará con José María Méndez, director xeral de CECA e conselleiro independente do BEI; Ana Esteban, xefa da Unidade de Grupos Empresariais e Estudos da Central de Balances do Banco de España; e Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).

O terceiro debate de expertos centrarase en reflexionar sobre os outros sistemas de apoio ao financiamento da empresa e estará dirixido por Rafael López Mera, socio de LMN Luca Auditores, S.L.P. Tomarán parte Javier Aguilera, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE); Salvador Marín, presidente da Compañía Española de Financiamento ao Desenvolvemento (COFIDES); Pablo Pombo, secretario técnico da Rede Iberoamericana de Garantías (REGAR); e Rodrigo Recondo, presidente do Instituto de Capital Risco (INCARI).

A última mesa de debate reflexionará sobre a credibilidade e a viabilidade e o papel da auditoría, as empresas e os mercados, baixo a tutela de Jaime del Olmo, socio de Deloitte, Oficina de Vigo. Participarán Eduardo Manso, director de Informes Financeiros e Corporativos da CNMV; Fernando Alonso, responsable da relación con auditores da Dirección Financeira de PSA Peugeot‐Citroën para España, Portugal e Alxeria; e Juan José Santamaría, decano‐presidente do Ilustre Colexio de Economistas de Pontevedra.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA amplía a súa participación en Nueva Pescanova ata un 9%

17-04-2018
Corporativo

ABANCA duplicou a súa participación na empresa galega Nueva Pescanova con dúas compras realizadas nas últimas semanas a Deutsche Bank e a Bankia.

Fitch mellora a perspectiva do rating de ABANCA de estable a positiva

27-03-2018
Corporativo Financiero

A axencia de cualificación Fitch Ratings mellorou a perspectiva do rating de ABANCA de estable a positiva en base ao aumento da calidade dos activos e da rendibilidade recorrente da entidade.

20180327-abanca-calificacion-1

Elementos da mediateca relacionados:

Palabras para Galicia 2017. Intervención Juan Carlos Escotet 01

Fragmento da intervención do presidente de ABANCA na segunda edición de Palabras para Galicia.

Palabras para Galicia 2017. Intervención Juan Carlos Escotet 02

Fragmento da intervención do presidente de ABANCA nla segunda edición de Palabras para Galicia.

Palabras para Galicia 2017. Intervención Gustavo Dudamel.

Fragmento da intervención do director Gustavo Dudamel na segunda edición de Palabras para Galicia.

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Xestor de colas

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Francisco Botas repasa en IESIDE as claves da transformación de ABANCA

Franciso Botas explica os eixos estratéxicos que fan sostible e pegada á terra á entidade financeira.

Francisco Botas repasa en IESIDE as claves da transformación de ABANCA

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, explica todo o que leva feito ABANCA para ter unha evolución exitosa.

ABANCA, Celta e Deportivo presentan unha nova edición da iniciativa ‘Imposible sen ti’ para promover a cordialidade no derbi

O xogador do Celta, Jonny Castro, fala sobre o derbi e sobre a campaña 'Imposible sen ti'.

Presentación ABANCA Innova

Presentación del proyecto creado por el banco para fomentar el desarrollo de las nuevas tecnologías.

Presentación do Indicador ABANCA Foro de Conxuntura Económica

Presentación coas principais variables que recolle o Indicador ABANCA Foro de Conxuntura Económica.

Programa Xornadas AECA-ABANCA

Programa Xornadas AECA-ABANCA

  • 981 188 022 / 986 828 070
  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2018 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (2 for 1)