• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e Afundación ceden unha nave a AGA-Ucraína para almacenar as doazóns

  • O local de 1.000 metros cadrados está no Polígono de Pocomaco e habilitouse como sede da Asociación Galega de Axuda a Ucraína
  • Dépor e Celta reuniron 800 quilos de material de apoio aos cidadáns e refuxiados nos seus partidos da fin de semana
  • ABANCA e a súa Obra Social dispoñen dunha conta solidaria para recadar fondos que irán destinados a Cruz Vermella e Save the Children
20220308-abanca-local-aga-ucrania-5

Descarga en alta resolución

20220308-abanca-local-aga-ucrania-4

Descarga en alta resolución

20220308-abanca-local-aga-ucrania-1

Descarga en alta resolución

08-03-2022
RSC

ABANCA e Afundación cederon e habilitaron unha nave de 1.000 metros cadrados situada no Polígono de Pocomaco (A Coruña) á Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA- Ucraína). A organización, creada por mor da crise humanitaria provocada polo conflito militar, ten como obxectivo recoller e enviar axuda material ao país, así como facilitar a chegada e acollida de persoas refuxiadas.

O banco e a súa Obra Social acondicionaron o local cedido co mobiliario, os equipos informáticos e os servizos de comunicación necesarios para que poida ser utilizado pola asociación como almacén central de recollida do material reunido a través das doazóns e tamén como sede para o seu traballo diario.

O apoio ás actividades de AGA-Ucraína súmase ás diferentes iniciativas postas en marcha polo banco e Afundación o pasado xoves co fin de contribuír a paliar a crise humanitaria provocada pola agresión militar que está a sufrir o país.

Entre as medidas adoptadas destaca a disposición da Obra Social ABANCA para canalizar as accións de axuda ao pobo ucraíno que poidan xurdir desde asociacións culturais, colectivos sociais e clubs deportivos galegos a través do correo electrónico ayudaparaucrania@afundacion.org.

O R.C. Deportivo e o R.C. Celta foron os primeiros en sumarse a esta campaña solidaria promovendo a recollida de alimentos e material sanitario nos partidos disputados a pasada fin de semana nos seus estadios. A colaboración dos afeccionados e afeccionadas de ambos os equipos permitiu reunir 800 quilos de material solidario, principalmente comida enlatada e conservas, alimentos infantís, produtos hixiénicos e medicinas.

As accións impulsadas ata o momento por ABANCA e Afundación complétanse coa apertura da conta solidaria ES80 2080 7208 3385 3000 7122 para recadar fondos que irán destinados a Cruz Vermella e Save the Children, a gratuidade das transferencias que se realicen desde España a Ucraína, a invitación a 140 nenos e nenas ucraínas para pasar os meses de xullo e agosto na Residencia de Estudantes de Pontevedra, e o aproveitamento da infraestrutura creada para o programa Cultura por Alimentos para a recollida de material nos espazos de Afundación.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación inician unha campaña solidaria de apoio aos cidadáns e refuxiados de Ucraína

03-03-2022
RSC

A Obra Social ABANCA pon ao dispor das asociacións culturais, colectivos sociais e clubs deportivos galegos o correo ayudaparaucrania@afundacion.org para canalizar a axuda.

20220303-ucrania

A ministra de Educación preside a gala dos V Premios EDUCA ABANCA

26-02-2022
RSC Sostenibilidad

A plataforma educativa EDUCA e a Obra Social ABANCA, Afundación, recoñecen a importancia do papel que desempeñan os docentes na sociedade.

20220226-v-premios-educa-01

Elementos da mediateca relacionados:

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

Exposición 'Mirar de novo. A muller contra o tempo'

02.12.2020. Vídeo presentación da exposición 'Mirar de novo. A muller contra o tempo'.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’

Extracto da intervención do conselleiro delegado de ABANCA interveu na xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’, centrada ...

Xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’

Extracto da intervención do conselleiro delegado de ABANCA interveu na xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’, centrada ...

ABANCA e Afundación entregan o XL Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba

21.11.2019. Declaracións do presidente de Afundación e director xeral de Responsabilidad Social Corporativa e Comunicación ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 17

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 17

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 16

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 16

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 15

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 15

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)