• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e Afundación entregan a Cáritas e Cruz Vermella 2.000 xoguetes para repartir en Reis entre familias desfavorecidas

  • ABANCA e a súa Obra Social reuniron estes agasallos a través da campaña solidaria do Nadal ‘Debuxar sorrisos’
  • Cáritas e Cruz Vermella distribuirán os xoguetes entre nenos e nenas de nove localidades de Galicia, León, Asturias e Estremadura
20211228-juguetes-portada-ok

Imaxe dun dos lotes de xoguetes entregados.

Descarga en alta resolución

20211228-abanca-juguetes-coruna

A CORUÑA. Na imaxe, de esquerda a dereita, Gerardo Fuertes, director territorial de ABANCA na Coruña; Sabela Couceiro, coordinadora da área de Envellecemento Activo de Afundación; Dolores Rivas Lombardero, da área de Atención a Maiores e Acompáñote de Cáritas; Rosa García Vilariño, da área de Atención Social de Cáritas, e María Angeles Ferreño Rama, coordinadora do Centro Hogar de Cáritas.

Descarga en alta resolución

20211228-abanca-juguetes-vigo

VIGO. De esquerda a dereita, a presidenta provincial de Cruz Vermella, Teresa Álvarez Quicler; a presidenta comarcal de Cruz Vermella Vigo, Purificación Serrano; a coordinadora de Cultura de Afundación, María Teresa Cores e a directora de zona Vigo Sur de ABANCA, Ángela Rodríguez.

Descarga en alta resolución

20211228-abanca-juguetes-pontevedra

PONTEVEDRA. En Pontevedra, realizaron a entrega dos xoguetes á directora de Cáritas Pontevedra, Concepción Vázquez (no centro) a coordinadora de Comunicación de Afundación, Gloria Rodríguez (primeira pola esquerda), e a directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández (segunda pola dereita).

Descarga en alta resolución

20211228-abanca-juguetes-ourense

OURENSE. De esquerda a dereita, a coordinadora institucional de Afundación para Lugo e Ourense, Beatriz Fernández-Anguiano; o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, e a directora xeral de Cáritas Diocesana Ourense, María Tabarés.

Descarga en alta resolución

20211228-abanca-juguetes-oviedo

OVIEDO. Na imaxe, o director de zona Asturias de ABANCA, José María Jardón, e a directora de Cruz Roja Juventud de Asturias, Alba Romero Carrera.

Descarga en alta resolución

20211228-abanca-juguetes-merida

MÉRIDA. Na imaxe, de esquerda a dereita, o presidente autonómico de Cruz Roja, Jesús Palo, e o director territorial Extremadura Sur de ABANCA, Óscar Salgado.

Descarga en alta resolución

20211228-abanca-juguetes-leon

LEÓN. O director de zona Castilla y León de ABANCA, Marcos Álvarez, realizou a entrega dos xoguetes a Cruz Roja León.

Descarga en alta resolución

20211228-abanca-juguetes-lugo

LUGO. O director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto, realizou a entrega dos regalos ao presidente e ao secretario provincial de Cruz Vermella Lugo, Luis Abelleira Mayor e Jose Luis Fernandez Armento.

Descarga en alta resolución

28-12-2021
RSC

ABANCA e Afundación entregaron esta mañá a Cáritas e Cruz Vermella un lote de 1.934 xoguetes que reuniron grazas á campaña solidaria do Nadal ‘Debuxar sorrisos’. As dúas organizacións sociais encargaranse agora de repartir os agasallos entre familias que están a vivir momentos complicados de nove localidades de Galicia, León, Asturias e Estremadura nas que o banco conta cunha presenza significativa.

Cáritas realizará a distribución dos agasallos na Coruña, Santiago, Pontevedra e Ourense, mentres que Cruz Vermella fará a repartición en Vigo, Lugo, León, Oviedo e Mérida. O obxectivo é que o maior número posible de nenos e nenas poidan vivir a ilusión de ter unha sorpresa nas súas casas o Día de Reis.

Os xoguetes foron adquiridos polo banco e a súa Obra Social con parte das doazóns realizadas polos seus empregados e clientes, así como por outras empresas e persoas interesadas en colaborar, no marco da campaña solidaria do Nadal ‘Debuxar sorrisos’. A outra parte das doazóns recibidas destinarase á adquisición de produtos de alimentación para a Federación Española de Bancos de Alimentos.

‘Debuxar sorrisos’ é unha das accións solidarias postas en marcha por ABANCA e Afundación este Nadal, entre as que tamén destaca o programa de apoio social ‘Cubertos Nadal’. Este ano repartíronse no marco desta iniciativa 4.000 menús especiais de Noiteboa e Nadal que puideron gozar 2.000 persoas de 588 familias.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

A Obra Social ABANCA presenta a exposición internacional inmersiva e interactiva 'AI: More than Human'

05-09-2022
RSC

Creada polo Barbican Centre de Londres e coproducida polo Forum Groningen de Países Baixos, a mostra propón un percorrido pola orixe, os retos e as oportunidades que a intelixencia artificial expón ao ser humano.

20220905-abanca-more-than-human-1

Publicada a entrega 19 do Observatorio ABANCA by IESIDE

04-08-2022
RSC

A decimonovena entrega do Observatorio ABANCA by IESIDE analiza o periodo ata o 03 de agosto de 2022.

30082022-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 19

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 19

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 18

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 18

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 17

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 17

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)