• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA elimina dende hoxe comisións a máis dun millón de clientes

  • Os clientes do banco poderán beneficiarse do programa Cero Comisións a cambio duns requisitos accesibles

Imaxe da campaña publicitaria 'Cero Comisións' de ABANCA.

Descarga en alta resolución

15-04-2015
Negocio

ABANCA inicia hoxe o programa Cero Comisións, que exime de forma automática a máis dun millón de clientes do pagamento das comisións polas operacións e servizos máis habituais.

Dende hoxe, 1.120.000 clientes particulares (con nómina ou pensión domiciliada ou ingresos regulares, menores de 30 anos e persoas que utilizan canles online ou de autoservizo) e 62.000 autónomos, profesionais liberais, comerciantes e micropemes non pagarán polo mantemento e administración das súas contas, polas súas tarxetas, ingresos de cheques ou transferencias.

O programa, transparente, accesible e innovador no mercado, premia a vinculación dos clientes e o uso de canles alternativas á oficina, e non esixe nin a contratación dun determinado produto nin permanencia. Os clientes da entidade poderán beneficiarse do programa Cero Comisións de ABANCA a cambio duns requisitos básicos, como ter domiciliada a nómina ou pensión (sen importe mínimo) ou contar con ingresos regulares. Ademais, tamén entrarán no programa aqueles clientes que dispoñan dunha conta sen cartilla, banca electrónica, realicen tan sequera dúas compras ao mes con tarxeta de débito, ou teñan rexistrado na base de datos de ABANCA o teléfono móbil e o correo electrónico.

Caixeiros gratis en todo o mundo

Cero Comisións establece tres niveis de servizo en función da vinculación do cliente co banco. Os clientes con maior vinculación non pagarán comisións de mantemento nin de administración polas súas contas, nin por transferencias, ingresos de cheques nacionais en euros, nin polo servizo de avisos por SMS.  Tampouco pagarán pola súa tarxeta de crédito nin pola de débito, e poderán retirar diñeiro gratis coa súa tarxeta de débito ABANCA en calquera caixeiro do mundo fóra de Galicia, sen límite de operacións nin de importe.

Ademais, os autónomos, profesionais liberais, comerciantes e micropemes de nivel 3 terán tarifas especiais no cobro de recibos e na taxa de desconto de TPV.

O programa réxese por unhas bases claras e sinxelas, depositadas ante notario, que se poden consultar en calquera oficina de ABANCA e na páxina web da entidade, www.abanca.com, onde tamén está dispoñible un simulador para coñecer de xeito personalizado que operacións e servizos poden estar exentos de comisións.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.