• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA pon en servizo os primeiros caixeiros para mellorar a cobertura e inclusión financeira do rural galego

  • Chandrexa de Queixa, A Arnoia, Lousame, Toques e O Páramo contan xa con estas novas infraestruturas
  • A actuación forma parte da iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia coa colaboración de ABANCA para achegar os servizos financeiros aos municipios galegos que carecen deles
  • ABANCA completará a instalación dos 36 caixeiros previstos no acordo no mes de maio
20220315-abanca-cajero-chandrexa

Descarga en alta resolución

15-03-2022
Corporativo Sostenibilidad

ABANCA finalizou nos municipios de Chandrexa de Queixa (Ourense), A Arnoia (Ourense), O Páramo (Lugo), Toques (A Coruña) e Lousame (A Coruña) a instalación dos cinco primeiros caixeiros automáticos que forman parte do acordo subscrito polo banco coa Xunta de Galicia para dotar de servizos financeiros aquelas localidades do rural galego que ata o de agora non dispoñían deles.

As cinco infraestruturas que xa están en funcionamento facilitarán que os veciños e veciñas destas localidades poidan dispoñer de efectivo e realizar as xestións máis habituais sen ter que desprazarse a outro termo municipal, favorecendo a súa inclusión financeira.

Representantes de ambas as institucións realizaron unha visita esta mañá ao dispositivo situado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, que dará servizo aos preto de 500 habitantes que residen neste termo municipal. No acto participaron o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e o director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, David Cabañó. Por parte de ABANCA, desprazáronse a comprobar a instalación o director de Negocio Institucional Galicia, Asturias e León, Liño Comesaña; a directora de zona Ourense-Este, María José López, e o coordinador de Negocio Institucional en Ourense, Mateo Alonso.

A capilaridade da rede comercial de ABANCA en Galicia sitúa a comunidade galega como a segunda Comunidade Autónoma con maior accesibilidade a servizos financeiros. Só un 12% dos municipios carecen de oficina fronte ao 51% que non dispoñen dela no resto de España. Grazas ao acordo subscrito por ABANCA e a Xunta de Galicia, a poboación de 36 novas localidades poderá acceder aos servizos financeiros básicos na súa contorna máis próxima.

Está previsto que a instalación dos dispositivos continúe durante as próximas semanas e que o proceso finalice no mes de maio. Os novos caixeiros estarán situados en once municipios da Coruña (Aranga, Coirós, Dodro, Lousame, Paderne, Santiso, Toques, Vilasantar, Vilarmaior, Dumbría e Monfero), tres de Lugo (O Páramo, Ribeira de Piquín e Samos) e 22 de Ourense (A Arnoia, Baltar, Os Blancos, Carballeda de Avia, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, Larouco, Lobeira, Melón, Oímbra, Petín, Piñor, Pontedeva, Porqueira, Rairiz de Veiga, Taboadela, A Teixeira, A Peroxa, Vilar de Santos e San Xoán de Río).

Formación e atención ao usuario

A colocación e posta en servizo destes caixeiros automáticos vai acompañada dun plan de formación e capacitación dixital que comeza mañá mércores, 16 de marzo, no municipio lucense do Páramo. Ata o momento están previstas en total 18 sesións formativas naqueles concellos que o solicitaron. As próximas desenvolveranse o 17 de marzo en Chandrexa de Queixa (Ourense) e o 24 de marzo en Lousame (A Coruña).

Cada acción formativa terá unha duración de dúas horas e nela ensinarase aos asistentes como funciona o caixeiro e cales son as operacións máis habituais que se poden facer, incluíndo unha demostración práctica sempre que sexa posible. Tamén se ofrecerán consellos básicos de seguridade e resolveranse as dúbidas que poidan ter os asistentes.

O obxectivo deste plan é ofrecer a formación necesaria ás persoas que van utilizar estes dispositivos, moitas delas maiores de 65 anos e pouco dixitalizadas, para que poidan realizar as súas xestións con confianza e todas as garantías de seguridade. Con esta iniciativa, o banco quere contribuír a evitar problemas de exclusión financeira e a reducir a fenda dixital existente na actualidade, que afecta especialmente as persoas de maior idade e de contornas rurais.

ABANCA tamén habilitou o número de teléfono 900 81 55 00 para ofrecer asesoramento gratuíto a aquelas persoas que o necesiten. A través dunha chamada telefónica poderán resolver dúbidas, solucionar as incidencias que poidan xurdir no uso destes caixeiros automáticos ou realizar consultas sobre produtos e servizos financeiros. Así mesmo, a través deste teléfono poderase concertar cita previa para recibir atención nunha oficina de ABANCA no caso de que fose necesario.

Todas estas medidas complementan as que xa puxo en marcha o banco para ofrecer a mellor atención aos seus clientes maiores de 65 anos, como a atención en portelo en toda a súa rede comercial ata as 14 horas, o compromiso de non pechar ningunha oficina nos 134 concellos galegos nos que é a única entidade que presta servizo, o adianto da pensión ao día 25 ou a simplificación dos menús dos caixeiros situados nas contornas rurais.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Francisco Botas impulsa as medidas de ABANCA de apoio aos maiores e ao mundo rural de Ourense

04-03-2022
Corporativo

O conselleiro delegado da entidade reúnese na Dirección Territorial e visita a oficina principal de Ourense e outras dúas en Ribadavia e Leiro.

20220304-abanca-ourense-3

ABANCA ratifica o seu compromiso co proxecto ademarista

02-03-2022
Corporativo

O director territorial de ABANCA en Castela e León/Asturias, Marcos Lamas, reuniuse na oficina principal da entidade en León cos xogadores, corpo técnico e equipo directivo do Ademar.

20220302-abanca-apoyo-ademar

Elementos da mediateca relacionados:

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Francisco Botas

2021.12.02. Declaracións do conselleiro delegado de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, ...

II Xornada de Finanzas Sostibles organizada por ABANCA no Porto

24.09.2021. ABANCA organizou no Porto a II Xornada de Finanzas Sostibles que reuniu a representantes dos principais actores ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Presentación do proxecto Redes Vivas

A directora de Marketing de ABANCA, Susana Ortiz, explica o proceso de recuperación das redes para transformalas en material ...

Presentación do proxecto Redes Vivas

A directora de Marketing de ABANCA, Susana Ortiz, explica o proxecto Redes Vivas.

Presentación do proxecto Redes Vivas

A responsable de Sostibilidade de ABANCA, María García, explica as liñas de acción do Plan de Sostibilidade de ABANCA, no ...

Presentación proxecto Redes Vivas

08.06.2021. Presentación do proxecto 'Redes Vivas. Do fondo do mar ao centro do campo'.

Plan de Sostibilidade de ABANCA

13.05.2021. Presentación do Plan de Sostibilidade de ABANCA.

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)