• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA renova o seu compromiso co Páramo leonés e facilita a posta en marcha de novas iniciativas

  • O banco e a Comunidad General de Regantes del Canal del Páramo traballan nun convenio que dá resposta ás necesidades dos agricultores
  • A entidade financeira ratifica o seu compromiso co sector primario leonés, para o que xa habilitou a pasada primavera 50 millóns extraordinarios para paliar as consecuencias do exceso de chuvias
20161027-abanca-convenio-regantes-paramo

O presidente da Comunidad General de Regantes Canal del Páramo, Ramón Ferrero Rodríguez, e o director territorial de ABANCA en León e Asturias, Marcos Lamas Seoane.

Descarga en alta resolución

27-10-2016
Financiero

ABANCA redobra a súa vinculación co regadío leonés grazas á firma esta mañá en León dun convenio de colaboración coa Comunidad General de Regantes del Canal del Páramo. Un texto cheo de opcións de financiamento para acometer investimentos ou melloras nestas terras. No acto participaron o presidente da Comunidad General de Regantes Canal del Páramo, Ramón Ferrero Rodríguez, e o director territorial de ABANCA en León e Asturias, Marcos Lamas Seoane.

O acordo pon a disposición dos agricultores do Páramo condicións especiais á hora de recorrer ao crédito para investimentos a longo prazo e tamén para financiamentos de gastos correntes. A oferta sectorial agraria de ABANCA pon especialmente o acento nos produtos destinados á adquisición de novas propiedades e ao amoblamento das terras, así como a posta en marcha de novas iniciativas. Terán á súa disposición préstamos persoais e hipotecarios e leasing mobiliario.

Para as necesidades de crédito máis perentorias, o convenio firmado entre os regadores do Páramo e ABANCA habilita diversos produtos. Ademais da póliza de crédito de ata cinco anos sen comisións, facilítanse préstamos para gastos de campaña, préstamos para anticipo de colleitas ou pagamento de impostos, anticipos das axudas PAC ou outras subvencións ou desconto e confirming.

A resposta ás necesidades dun sector estratéxico

No último ano ABANCA ratificou o seu compromiso co sector primario leonés e especificamente coa agricultura. A entidade financeira citou o pasado mes de maio aos principais axentes do regadío a unha mesa de debate para abordar a grave crise que estaba atravesando por culpa do exceso de chuvias. Unha situación que dificultaba recoller a colleita e iniciar a semente e para a que o banco mobilizou unha partida extraordinaria de 50 millóns de financiamento. A través das súas 50 oficinas na provincia tamén activou campañas especiais para a tramitación das axudas PAC e de recollida da remolacha.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA pecha unha nova emisión de bonos senior preferred

10-05-2023
Financiero

Os ratings (esperados) de Fitch (BBB-) e Moody´s (Baa3) confiren aos títulos o grao de investimento (Investment Grade) por ambas as axencias, permitindo acceder á parte máis esixente da comunidade investidora.

20180525-abanca-rating

ABANCA pecha unha nova emisión de bonos verdes

07-09-2022
Financiero

ABANCA pechou hoxe os termos económicos para a súa segunda emisión de bonos verdes Senior Preferred por importe de 500 millóns de euros cun cupón do 5,25%, tras a exitosa emisión inaugural do ano pasado.

20220621-abanca-4

Elementos da mediateca relacionados:

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.