• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA ve recoñecida a súa estratexia en experiencia de cliente nos Premios DEC

  • A Asociación para el Desarrollo de la Experiencia de Cliente selecciona entre todos os candidatos a iniciativa “Sentir Cliente” da entidade financeira
  • O director xeral de Negocio España de ABANCA, Luis Beraza, recolle en Madrid o galardón ante unha nutrida representación do sector
  • Este recoñecemento súmase ao EMOtional Friendly Bank concedido ao banco recentemente pola súa evolución en vinculación emocional cos seus clientes
20180622-abanca-premio-dec

O director xeral de Negocio España de ABANCA, Luis Beraza, recibe o Premio DEC de mans do responsable de Experiencia Cliente de ALSA, Miguel Artiach.

Descarga en alta resolución

22-06-2018
Corporativo

ABANCA veu recoñecidos os seus avances en materia de experiencia cliente cunha nova distinción. Nesta ocasión, a Asociación para el Desarrollo de la Experiencia de Cliente (DEC) concedeu á entidade financeira o galardón á Mellor Estratexia de Experiencia Cliente, dentro da quinta edición dos Premios DEC.

O director xeral de Negocio España, Luis Beraza, foi o encargado de recoller en representación de ABANCA o premio nun acto celebrado en Madrid. A cita contou cunha nutrida asistencia de profesionais do sector e con outros representantes das empresas galardoadas. Os recoñecementos que outorga a Asociación para el Desarrollo de la Experiencia de Cliente son considerados como uns dos premios máis relevantes do sector.

O xurado desta edición quixo destacar o compromiso da entidade financeira neste campo e as medidas impulsadas no último ano. Nesta liña, a organización valorou positivamente toda a secuencia do proxecto “Sentir Cliente”, así como o despregamento do “Estilo ABANCA” no segmento Negocios e a ferramenta ABANCA Escucha. Na extensión desta guía de traballo participaron máis de 600 persoas para potenciar de maneira transversal a relación cos seus clientes, coñecer as súas necesidades e expectativas e responder ás súas demandas. Desde a posta en marcha deste proxecto, a entidade financeira viu reforzadas as súas principais métricas de experiencia cliente e de negocio.

O Premio DEC á Mellor Estratexia de Experiencia Cliente súmase ao galardón que a consultora EMO Insights International concedeu a finais de abril a ABANCA como a segunda entidade que mellor evolución tivo en vinculación emocional cos seus clientes nos últimos tres anos. “Estes recoñecementos indícannos que imos polo camiño correcto. A experiencia de cliente é un dos pilares fundamentais da estratexia de ABANCA desde o seu nacemento, onde nos propuxemos construír un banco pensado para os clientes”, indicou Luis Beraza despois de recoller a distinción.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA busca proxectos innovadores para a oitava edición do seu Programa para Startups

10-05-2023
Corporativo

A convocatoria permanecerá aberta ata o 14 de xuño na web de ABANCA Innova.

20230510-abanca-innova-2

Publicada a entrega 24 do Observatorio ABANCA

25-04-2023
Corporativo

A vixesimocuarta entrega do Observatorio ABANCA analiza o periodo ata o 25 de abril de 2023.

20230425-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.