• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Ignacio Sánchez-Asiaín incorpórase ao consello de administración de ABANCA

  • O novo conselleiro independente de ABANCA conta cunha ampla traxectoria profesional no sector financeiro
20160201-abana-consejero-ignacio-sanchez-asiain

Ignacio Sánchez-Asiaín, novo membro do consello de administración de ABANCA.

Descarga en alta resolución

01-02-2016
Corporativo

O consello de administración de ABANCA aprobou hoxe o nomeamento de Ignacio Sánchez-Asiaín como novo conselleiro independente da entidade. Tras esta incorporación, o máximo órgano de goberno do banco está composto por nove membros: dous conselleiros dominicais, un executivo e seis independentes. Todos os integrantes destacan polo seu marcado perfil profesional, ampla experiencia na xestión e unha dilatada traxectoria no mundo financeiro.

Sánchez-Asiaín conta cunha longa carreira profesional no sector financeiro. A maior parte da súa traxectoria desempeñouna no grupo BBVA no que ocupou distintos cargos de responsabilidade desde 1995 ata 2007 (director de Mercadotecnia e Desenvolvemento Comercial, director de Desenvolvemento de Negocio Internacional, director xeral de Banca en América, director xeral de Banca Privada, director xeral de Sistemas e Operacións e director xeral de América do Sur), formando parte do comité de dirección entre 2001 e 2007.

En 2008 asume a dirección xeral de BBK-Bilbao Bizkaia Kutxa e en 2012 convértese en director xeneral corporativo de Kutxabank, asumindo a responsabilidade do Negocio e Unidades de Apoio do Grupo Kutxabank ata o ano 2015.

Sánchez-Asiaín conta tamén cunha ampla experiencia como membro dos consellos de administración de entidades como Euskaltel (2009-2012); Kutxabank vida e pensións (2009-2012); Banco Provincial de Venezuela (2006-2007); BBVA Chile (2006-2007); Banco Continental de Perú (2006-2007); BBVA Colombia (2006-2007); Direct Seguros e Reaseguros (2003-2004). BBVA Seguros e Reaseguros (2003-2005).

Ignacio Sánchez-Asiaín é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Comercial de Deusto e MBA con especialidade en Intermediación Financeira en The Wharton School - University of Pennsylvania. Ademais, Sánchez-Asiaín foi convidado, en representación da industria bancaria española, ás reunións do ‘High-Level Meeting for Single European Payments Area (SAIBA)’.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA renova o seu compromiso co proxecto do Ademar ata 2024

13-04-2021
Corporativo

ABANCA cumprirá polo menos unha década como principal patrocinador do ABANCA Ademar, logo de renovar o acordo de colaboración que mantén co club leonés.

20210413-abanca-ademar

ABANCA robustece o seu negocio de banca persoal coa compra da rede española do Grupo Novo Banco

05-04-2021
Corporativo Negocio

Con esta operación, a entidade alcanza os 100.000 millóns de euros de volume de negocio e reforzará o seu posicionamento en dous ámbitos de actividade prioritarios: o negocio de banca persoal e privada e o negocio de empresas.

20210405-abanca-r4-3

Elementos da mediateca relacionados:

Intervención de Francisco Botas no XI Encontro Financeiro Expansión - KPMG

19.10.2020 O conselleiro delegado de ABANCA reivindica o papel das entidades financeiras nos últimos meses para facer chegar ...

ABANCA visita ao Goberno Vasco en Vitoria-Gasteiz

28.09.2020. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, mantiveron ...

ABANCA firma con Zona Franca de Vigo a venda dos inmobles de López Mora

18.09.2020. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, firmaron ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director xeral de Lanzadera, Javier Jiménez.

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do responsable de Lanzadera Corporate, Ismael Valero.

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)