• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

O IES Perdouro de Burela, gañador do programa de educación financeira Segura-Mente de ABANCA e Afundación

  • O concurso escolar organizado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, contou coa participación de case 71.000 estudantes de toda España
20220623-abanca-seguramente

Na imaxe, os alumnos e alumnas de 1º de ESO do IES Perdouro de Burela co director de Zona A Mariña de ABANCA, Carlos Teijeiro, e a responsable de seguros de ABANCA na zona A Mariña, Ana Belén Rodríguez.

Descarga en alta resolución

22-06-2022
RSC

A aula de 1º de ESO do IES Perdouro de Burela recibiu hoxe o premio nacional do programa de educación financeira Segura-Mente, impulsado por ABANCA e a súa Obra Social, Afundación. Ao acto asistiron o director de Zona A Mariña de ABANCA, Carlos Teijeiro, e a responsable de seguros de ABANCA na zona A Mariña, Ana Belén Rodríguez. Ademais de entregar o cheque co premio, os representantes institucionais agradeceron ao alumnado e ao profesorado do centro a súa implicación co programa.

A aula gañadora deste instituto lucense poderá gozar dun premio de 1.000 euros en experiencias pola súa proposta de teatro sostible para difundir o patrimonio cultural da España baleirada.

‘Segura-Mente’

‘Segura-Mente’ é un xogo ameno e divertido a través do cal 70.600 alumnos e alumnas de 3º a 6º de Primaria, E.S.O. e F.P. Básica de toda España puideron, durante o curso 2021-22, adquirir unha aprendizaxe significativa sobre finanzas mentres reforzaban os seus coñecementos de historia, arte, literatura e mesmo sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Este programa educativo foi recoñecido polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) co premio ‘Finanzas para todos’ na categoría de ‘mellor iniciativa de educación financeira’.

Un proxecto de Afundación, a Obra Social de ABANCA

Ademais dos máis de 70.000 alumnos e alumnas participantes, esta edición de ‘Segura-Mente’ contou coa implicación de profesionais de ABANCA e Afundación, que se implicaron activamente co programa realizando de maneira voluntaria talleres para escolares de todo o territorio nacional.

O proxecto forma parte do programa de acción educativa que impulsan ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, cuxo obxectivo é achegar aos estudantes de todo o territorio español as ferramentas necesarias para ser adultos responsables e conscientes do futuro.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

A Obra Social ABANCA presenta a exposición internacional inmersiva e interactiva 'AI: More than Human'

05-09-2022
RSC

Creada polo Barbican Centre de Londres e coproducida polo Forum Groningen de Países Baixos, a mostra propón un percorrido pola orixe, os retos e as oportunidades que a intelixencia artificial expón ao ser humano.

20220905-abanca-more-than-human-1

Publicada a entrega 19 do Observatorio ABANCA by IESIDE

04-08-2022
RSC

A decimonovena entrega do Observatorio ABANCA by IESIDE analiza o periodo ata o 03 de agosto de 2022.

30082022-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 19

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 19

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 18

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 18

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 17

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 17

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)