• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

300 empregados de ABANCA emprenden o Camiño de Santiago desde 13 tramos diferentes en apoio ao Xacobeo 21-22

  • Comezaron o itinerario, acompañados por 100 familiares e amigos, en Roncesvalles (Navarra); Irún (País Vasco); A Coruña, Ferrol e Fisterra (Galicia); Ponferrada (León); Sevilla, Málaga e Almería (Andalucía); Alacante (Comunidade Valenciana); Barcelona e Xirona (Cataluña) e Madrid
  • O obxectivo da acción é visibilizar e dar a coñecer a ruta xacobea e os valores que representa
  • O 25 de xullo de 2022 os grupos percorrerán a última etapa para confluír na chegada a Santiago de Compostela
20210725-abanca-camino-6

O Camiño de Madrid arrancando no Kilómetro Cero.

Descarga en alta resolución

20210725-abanca-camino-10

O Camiño de Fisterra e Muxía desde o Faro de Fisterra.

Descarga en alta resolución

20210725-abanca-camino-5

A Praza de María Pita na Coruña acolleu o do Camiño Inglés.

Descarga en alta resolución

20210725-abanca-camino-8

O Camiño Inglés no seu inicio en Ferrol.

Descarga en alta resolución

20210725-abanca-camino-2

O Castelo Templario de Ponferrada como inicio do Camiño de Inverno.

Descarga en alta resolución

20210725-abanca-camino-1

A Catedral de Sevilla no inicio da Ruta da Prata.

Descarga en alta resolución

20210725-abanca-camino-4

O Camiño Mozárabe arrancou en Almería.

Descarga en alta resolución

20210725-abanca-camino-7

O Camiño Mozárabe ao seu comezo en Málaga.

Descarga en alta resolución

20210725-abanca-camino-11

O icónico inicio do Camiño Francés en Roncesvalles.

Descarga en alta resolución

20210725-abanca-camino-12

O comezo do Camiño Primitivo en Irún.

Descarga en alta resolución

20210725-abanca-camino-9

O inicio do Camiño da La en Alacante.

Descarga en alta resolución

20210725-abanca-camino-13

A saída do Camiño Catalán en Xirona.

Descarga en alta resolución

20210725-abanca-camino-3

A saída do Camiño Catalán desde Barcelona.

Descarga en alta resolución

25-07-2021
Corporativo

ABANCA iniciou este domingo, 25 de xullo, coincidindo coa festividade de Santiago Apóstolo, unha acción colectiva de apoio á celebración do Ano Santo Xacobeo 2021-2022, un evento recoñecido a nivel mundial do que o banco é patrocinador oficial, capaz de atraer millóns de visitantes a Galicia e cun grande impacto económico tanto nesta comunidade autónoma como no resto de territorios polos que pasan as distintas rutas.

Preto de 300 profesionais do banco acompañados por 100 familiares e amigos percorreron simultaneamente as etapas iniciais de sete dos camiños oficiais (Camiño Francés, Camiño Inglés, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Vía da Prata, Camiño de Inverno e Camiño de Fisterra) e catro das variantes recoñecidas que conflúen neles (Camiño Mozárabe, Camiño de Madrid, Ruta da La e Camiño Catalán).

Os participantes reuníronse nos puntos de partida das diferentes rutas, situadas en 13 localidades diferentes de España, e realizaron os primeiros tramos de cada traxecto gozando dunha xornada de confraternización. En concreto, iniciaron o percorrido en Roncesvalles (Navarra); Irún (País Vasco); A Coruña, Ferrol e Fisterra (Galicia); Ponferrada (León); Sevilla, Málaga e Almería (Andalucía); Alacante (Comunidade Valenciana); Barcelona e Xirona (Cataluña) e Madrid.

Ao longo dos vindeiros 12 meses, os profesionais do banco, acompañados por familiares e amigos que desexen unirse á iniciativa, completarán todas as etapas dos camiños ata confluír o 25 de xullo de 2022 na súa chegada a Santiago de Compostela.

Con esta acción, ABANCA quere contribuír a dar visibilidade á ruta xacobea, punto de encontro entre culturas desde hai séculos e eixe vertebrador de Europa e España de norte a sur e de leste a oeste, así como a difundir os valores que representa, como a convivencia pacífica, a hospitalidade, a solidariedade, o esforzo ou o desexo de mellorar.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA busca proxectos innovadores para a oitava edición do seu Programa para Startups

10-05-2023
Corporativo

A convocatoria permanecerá aberta ata o 14 de xuño na web de ABANCA Innova.

20230510-abanca-innova-2

Publicada a entrega 24 do Observatorio ABANCA

25-04-2023
Corporativo

A vixesimocuarta entrega do Observatorio ABANCA analiza o periodo ata o 25 de abril de 2023.

20230425-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.