• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

A actividade comercial crece 11 puntos coa nova normalidade segundo o Observatorio ABANCA by IESIDE

  • O mes de xullo impulsa o consumo, que no entanto mantense lixeiramente por baixo do ano pasado nestas mesmas datas
  • As zonas afectadas por restricións á mobilidade experimentaron unha caída da actividade de 18 puntos
  • Lecer e moda e complementos incrementan a súa actividade na nova normalidade, aínda que é un 25% inferior aos niveis alcanzados nas mesmas semanas de 2019
20200722-abanca-observatorio-04-gl

Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 4 - Xeral Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 4 - Xeral
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 4 - Coruña Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 4 - Coruña
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 4 - Lugo Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 4 - Lugo
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 4 - Ourense Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 4 - Ourense
  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 4 - Pontevedra Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 4 - Pontevedra
  • Presentación cuarta oleada do Observatorio ABANCA by IESIDE sobre a desescalada 22.07.2020 O director xeral de Planificación Estratéxica e PMO de ABANCA, Pedro Veiga, expón as principais conclusións do informe en relación coa evolución da actividade comercial nas primeiras semanas da nova normalidade
22-07-2020
RSC

O Observatorio ABANCA by IESIDE publica hoxe a súa cuarta entrega, na que analiza a evolución da actividade comercial en Galicia entre o 21 de xuño e o 19 de xullo, xa plenamente dentro da nova normalidade.

Segundo os datos correspondentes ás compras con tarxeta de débito ou crédito realizadas polos clientes de ABANCA, a actividade comercial en Galicia situouse ao peche do período observado 11 puntos porcentuais por encima da situación pre-covid. A pesar do efecto positivo de xullo, un mes tradicionalmente favorable pola realización de rebaixas en moitos establecementos comerciais e polo cobro de pagas extra por parte dos consumidores, este nivel de actividade é un 2% inferior ao ano pasado nestas mesmas datas, aínda que con importantes disparidades por sectores.

Como outro dos seus puntos máis destacados, o informe reflicte o efecto sobre a economía nas zonas que necesitaron medidas de redución de mobilidade dentro da nova normalidade. A actividade descendeu nas zonas afectadas 18 puntos. A caída afectou a todos os sectores, pero foi especialmente importante no caso do lecer, cuxa actividade caeu até o 55% do nivel observado na etapa pre-covid. A actividade comezou a recuperarse tras a flexibilización das restricións na maior parte dos concellos afectados.

Disparidade por sectores

Alimentación e farmacias seguen con niveis de gasto claramente superiores aos niveis precovid, mentres que o comercio minorista, a pesar do repunte xerado polas rebaixas, aínda está un 8% por baixo dos niveis de 2019 por estas datas. Dentro do comercio, fogar segue mostrando o maior dinamismo, mentres que as vendas en moda e complementos atópanse un 24% por baixo do ano pasado.

No sector lecer, a actividade en hoteis e restaurantes sitúase xa por encima dos niveis previos á crise polo inicio do período vacacional. Con todo, a actividade hostaleira cae un 29% respecto ao mesmo período do ano pasado, mentres que a restauración atópase en niveis similares. As axencias de viaxes son os establecementos máis afectados polo covid: a súa actividade é un 92% inferior ao mesmo período de 2019 e o seu peso dentro do gasto en lecer cae ao 2%, fronte ao 18,4% que supoñía no mesmo período do ano anterior. No extremo contrario sitúanse as plataformas de vídeo on-line, moi beneficiadas polo actual contexto, cuxas altas nos meses de marzo e abril foron un 54% superiores ás do mesmo período de 2019.

Normalización da estrutura de consumo

A estrutura de consumo das familias galegas avanza cara á normalidade e mostra na maioría das actividades comerciais reducidas diferenzas respecto da situación pre-covid. O peso da alimentación na cesta da compra situouse 3,8 puntos porcentuais por encima (35,3% na nova normalidade fronte a 31,5% pre-covid), o gasto en farmacias fíxoo unicamente en 0,1 puntos (2,7% fronte a 2,6%), o comercio minorista en 0,6 (34,3% fronte a 33,7%), o lecer situouse no mesmo nivel que antes da crise (8,5%), aínda que por baixo do seu protagonismo en xullo de 2019, e as demais actividades analizadas (parkings, talleres, telefonía, vending, etc.) só 0,2 puntos por baixo (9,8% fronte a 10,0%). Pola contra, o transporte mantén aínda unha distancia relevante de 4,5 puntos (9,3% fronte a 13,8%) respecto da situación previa á pandemia e a súa actividade é un 30% inferior ao mesmo período do ano pasado.

Mobilidade en niveis pre-covid

A entrada na nova normalidade, co consecuente levantamento das restricións, supuxo un retorno da mobilidade no consumo aos patróns pre-covid. As compras realizadas fóra da provincia incrementáronse até un nivel superior en 11 puntos porcentuais ao rexistrado con anterioridade á aparición do covid-19. Pola súa banda, tanto as compras efectuadas dentro do concello como as realizadas no resto da provincia retornaron tamén á situación anterior á crise.

Estas conclusións, así como o resto das ofrecidas polo informe, aplícanse de maneira homoxénea e sen diferenzas significativas ás catro provincias galegas, aínda que as provincias con maior actividade turística mostraron unha maior recuperación no lecer.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA recibe o certificado Residuo Cero de AENOR

13-04-2021
RSC

O selo concédese ás organizacións que integran na súa estratexia ambiental unha aposta clara pola sostibilidade e o respecto polo medio ambiente.

20210413-abanca-aenor-1

ABANCA colabora na formación do alumnado do Máster en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

06-04-2021
RSC

O II Seminario MUCAF-ABANCA inclúe catro sesións nas que profesionais do banco achegarán aos estudantes a realidade da profesión actuarial e financeira na empresa privada.

20201119-abanca-asg

Elementos da mediateca relacionados:

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

Exposición 'Mirar de novo. A muller contra o tempo'

02.12.2020. Vídeo presentación da exposición 'Mirar de novo. A muller contra o tempo'.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’

Extracto da intervención do conselleiro delegado de ABANCA interveu na xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’, centrada ...

Xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’

Extracto da intervención do conselleiro delegado de ABANCA interveu na xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’, centrada ...

ABANCA e Afundación entregan o XL Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba

21.11.2019. Declaracións do presidente de Afundación e director xeral de Responsabilidad Social Corporativa e Comunicación ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - A Coruña

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - A Coruña

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - Pontevedra

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - Pontevedra

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - Lugo

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 10 - Lugo

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)