• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

A actividade comercial resiste á quinta onda e crece un 11% fronte a 2020 e un 7% fronte a 2019, segundo o Observatorio ABANCA by IESIDE

  • Alimentación, fogar e multimedia continúan crecendo; ocio e moda e complementos están por baixo dos seus niveis anteriores á crise
  • O peso do gasto dos turistas estranxeiros pasa do 18% de 2019 ao 12% en 2021, mentres que o desembolso dos galegos en viaxes é un 69% inferior
20210726-abanca-observatorio-13-gl

Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

  • Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 13 Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 13
26-07-2021
RSC

O Observatorio ABANCA by IESIDE publica hoxe a décimo terceira entrega do seu informe sobre a evolución da actividade comercial en Galicia. O período analizado abarca o mes de xuño e as tres primeiras semanas de xullo, co que se recollen os efectos iniciais da quinta onda da pandemia. Como novidade, o documento inclúe un bloque dedicado ao turismo que cuantifica o descenso da actividade do sector.

De acordo cos datos de uso de tarxetas de crédito ou débito dos clientes galegos de ABANCA, a actividade comercial resiste no seu conxunto a esta quinta onda e mantense en niveis superiores aos das mesmas datas de 2020: 10% para a primeira e segunda semana de xullo e 11% para a terceira. Respecto ao mesmo período do ano 2019, a subida é do 7%.

Esta tendencia xeral recolle amplas diferenzas entre sectores: alimentación, fogar e multimedia continúan crecendo; ocio e moda e complementos están por baixo dos seus niveis anteriores á crise.

Evolución por sectores

En comparación con 2019, referencia que permite eliminar o efecto distorsionador do pasado ano, o gasto en comercio minorista situouse en niveis un 7% inferiores aos de 2019 (aínda que un 3% superiores a 2020).

Alimentación segue sendo a actividade que mostra mellores rexistros: na primeira quincena de xullo de 2021 o gasto nestes establecementos é un 32% superior ao de 2019.

Tamén en terreo positivo, multimedia e fogar e bricolaxe creceron até situarse, respectivamente, un 4% e un 12% por encima de 2019.

Pola contra, moda e complementos, despois da melloría do mes de xuño, cando o adianto das rebaixas provocou que o gasto se situase só un 9% por baixo de xuño de 2019, mostra un descenso do 21% en vendas na primeira quincena de xullo.

A actividade en transporte, incluíndo gasolineiras, continuou crecendo tras o fin do estado de alarma e mantense en niveis previos á crise (aínda que nas súas cifras inclúese o efecto da subida dos prezos do carburante).

Ocio

Aínda que se situou na terceira semana de xullo un 36% por encima do pasado ano, respecto de 2019 o gasto en ocio creceu só un 2%, como consecuencia do menor desprazamento dos galegos fóra de Galicia.

O gasto en restaurantes incrementouse até situarse na primeira quincena de xullo un 35% por encima de 2019. No entanto, a facturación aínda acusa o efecto dun menor turismo non autonómico.

En hoteis, a facturación en TPV´s segue claramente por baixo do 2019, aínda que mostra unha melloría respecto dos meses anteriores e pasa de caída do 51% en abril a descensos do 25% en xuño e do 10% na primeira quincena de xullo. Os locais de espectáculos, outras das actividades máis danadas pola pandemia, continúan un 36% por baixo de 2019, aínda que esta diferenza é a menor dos últimos meses.

Turismo

A actividade das axencias de viaxe segue sendo a máis prexudicada pola crise. O gasto dos galegos en viaxes triplícase en comparación con 2020 pero segue un 69% por baixo de 2019. Isto provoca que o peso das viaxes no gasto total en lecer dos galegos pasase do 19% en 2019 a un 2% en 2020 e un 5% en 2021.

O gasto de turistas estranxeiros recupérase respecto de 2020, aínda que segue lonxe de 2019. Actualmente supón o 12% do total dos rexistros nos TPVs de hoteis e restaurantes galegos, fronte ao 18% de 2019 (aínda que 9% en 2020).

Medios de pago

Na estrutura de uso de medios de pago, continúa o retroceso do efectivo en beneficio da tarxeta de crédito ou débito, a compra on-line e o X-pay. Os pagos con traxeta seguen sendo a opción que prevalece, acaparando o 45% das operacións.

O efectivo segue á baixa: supón o 36% dos pagos fronte ao 45% de 2019. As compras online creceron 5 puntos porcentuais respecto ao mesmo período de 2019 até situarse no 16% do total. As criptomonedas (Xpay) supoñen xa o 4%.

Datos por provincia

A actividade comercial experimentou unha evolución homoxénea nas catro provincias galegas e situouse por encima dos niveis pre-covid (xaneiro-febreiro de 2020) e tamén respecto da actividade de xuño-xullo de 2019. A Coruña e Pontevedra, cun maior peso da actividade turística, presentaron ritmos de actividade máis baixos, con incrementos do 5 e o 7%, en comparación co maior dinamismo de Lugo (+12%) e Ourense (+11%).

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA concede seis bolsas para cursar o Máster Universitario en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

23-05-2023
RSC Sostenibilidad

As axudas cobren as taxas de matrícula dos dous anos do máster (120 créditos) e inclúen a realización das prácticas curriculares en ABANCA.

ABANCA súmase ao ‘Programa Funcas Educa’ por quinto ano consecutivo

16-05-2023
RSC Sostenibilidad

O presidente de Afundación Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña, subscribiron o acordo que dá continuidade á colaboración que ambas as institucións manteñen desde 2018 co fin de impulsar o desenvolvemento de actividades destinadas a aumentar a cultura financeira dos españois.

20230516-convenio-funcas-01

Elementos da mediateca relacionados:

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.