A Comisión Europea aproba o Plan de Negocio de Banesco para NCG Banco
A Comisión Europea aprobou o plan de negocio presentado por Banesco, o novo propietario de NCG Banco, que asegura a viabilidade da entidade galega a longo prazo. O plan de negocio aprobado contempla a integración de NCG Banco con Banco Etcheverría, tamén propiedade de Banesco, para formar unha entidade de crédito saneada e centrada no mercado de Galicia e o norte de España.
A integración producirase a principios do cuarto trimestre de 2014. A estratexia comercial da nova entidade estará enfocada á actividade bancaria tradicional e dirixida ao financiamento de familias e empresas.
Con respecto ao acordo inicial desaparecen as limitacións existentes en materia de remuneración para a fixación de retribución variable para o persoal da entidade. En materia de política de dividendos NCG Banco rexerase polas mesmas regras xerais que afectan ao resto de entidades financeiras españolas.