• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

A xunta de accionistas de NCG Banco nomea oconsello que dirixirá a nova etapa do banco

  • O consello de administración do banco formarano nove conselleiros
  • O novo auditor do banco será KPMG
23-06-2014
Corporativo

A xunta xeral de accionistas de NCG Banco, que tivo lugar hoxe na Coruña, aprobou o nomeamento do novo consello de administración que será o encargado de dirixir a nova etapa da entidade que se iniciará coa saída do FROB do accionariado do
banco. A firma definitiva do traspaso accionarial producirase o próximo mércores 25 de xuño.

A xunta de accionistas aprobou todos os puntos da orde do día de forma maioritaria. En termos de asistencia, estivo representado o 91,2% dos accionistas en representación do FROB, o FGD e os accionistas privados. Entre os acordos máis significativos atópanse a
aprobación das contas anuais da entidade en 2013 que rexistraron un beneficio atribuído de 18 millóns e a xestión desenvolvida polo consello de administración no exercicio, a elección de KPMG como novo auditor do banco para os próximos tres anos e o
nomeamento dos nove conselleiros que formarán o máximo órgano de goberno do banco nesta nova etapa que comeza.

Un consello profesional

O novo consello tomará posesión o próximo mércores 25, día no que se reunirá por primeira vez. Estará formado por 9 conselleiros, dos que sete foron nomeados na xunta de hoxe. Todos teñen un marcado corte profesional, ampla experiencia na xestión e unha dilatada
traxectoria profesional no mundo financeiro. As retribucións e dietas que se aprobaron para o consello están en liña co sistema de retribución dos conselleiros establecido nos Estatutos Sociais: un máximo anual de 100.000 euros por dietas e de 500.000 euros por
salario.

Recoñecemento do FROB

Ao finalizar a xunta, o presidente, José Antonio Portugal, despediuse cun recoñecemento aos homes e mulleres da rede comercial, que, segundo indicou, "son o rostro do banco e os que levaron a peor parte nos momentos duros".

A continuación, estendeu este recoñecemento a José María Castellano, presidente de NCG Banco ata decembro e que nestes últimos meses mantívose como administrador provisional do FROB na entidade, a quen definiu como "un dos homes máis tenaces que
coñezo".

Tamén tivo palabras de agradecemento para o consello do banco, que "contribuíu á construción dunha das entidades máis avanzadas en prácticas de bo goberno", e para todos os profesionais do FROB, "que trataron de facer compatible a viabilidade da
entidade co uso eficiente dos recursos públicos".

Por último, resaltou que "Banesco aporta, ademais da súa indubidable solvencia financeira, experiencia internacional e capacidade de xestión, o que unido á capilaridade da rede e a cota de negocio de NCG, ofrece unha perspectiva de futuro inmellorable".

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA acode á OPA de MásMóvil e vende a súa participación en Euskaltel

28-07-2021
Corporativo

ABANCA Corporación Industrial conta co 4,48% do capital da operadora de telecomunicacións vasca.

20180525-abanca-rating

O Consello de Administración de ABANCA visita Santiago con motivo do Xacobeo

27-07-2021
Corporativo

ABANCA amosa o seu apoio á celebración do Ano Santo do Xacobeo 21-22 cunha visita institucional do seu Consello de Administración e do Consello Asesor de Bankoa a Santiago.

20210727-abanca-consejo-santiago

Elementos da mediateca relacionados:

Tecnoloxía con propósito e un liderado cercano, elementos indispensables para a reconstrución con propósito segundo Miguel Ángel López e Francisco Botas en #LíderesResponsables, moderado por Francisco Román

03.06.2021. Celebrouse a vixésimo sétima edición de #LíderesResponsables, diálogos entre a alta dirección sobre os retos ...

Intervención de Francisco Botas no XI Encontro Financeiro Expansión - KPMG

19.10.2020 O conselleiro delegado de ABANCA reivindica o papel das entidades financeiras nos últimos meses para facer chegar ...

ABANCA visita ao Goberno Vasco en Vitoria-Gasteiz

28.09.2020. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, mantiveron ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director xeral de Lanzadera, Javier Jiménez.

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do responsable de Lanzadera Corporate, Ismael Valero.

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)