• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA acorda a compra do banco EuroBic

  • A operación está condicionada a unha due diligence e comunicouse en detalle de forma inmediata ao Banco de Portugal
  • Esta adquisición é a quinta operación corporativa de ABANCA desde 2014 e a segunda en Portugal
20200210-abanca

De esquerda a dereita na imaxe, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, Fernando Teixeira dos Santos, presidente de EuroBic, e Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA.

Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

  • Declaracións de Juan Carlos Escotet sobre o acordo de compra de EuroBic ABANCA acordou a compra do 95% das accións do banco EuroBic, quinta operación corporativa de ABANCA desde 2014 e a segunda en Portugal.
10-02-2020
Corporativo

ABANCA acordou a compra do 95% das accións do banco EuroBic. O Banco de Portugal foi informado en detalle dos termos da operación.

De acordo con datos a decembro de 2019, EuroBic xestiona un volume de negocio de 11.699 millóns de euros, con un volume de crédito de 5.198 millóns de euros e uns depósitos de 6.148 millóns de euros. A súa taxa de morosidade está situada no 6,4%. Nesa data o número de empregados de EuroBic era de 1.482 e o de clientes 266.670, mentras que as súas oficinas suman 184.

ABANCA é un dos principais bancos ibéricos e a entidade financeira líder no noroeste da Península Ibérica. Conta con preto de 800 oficinas repartidas por 11 países de Europa e América e un equipo formado por máis de 6.000 profesionais. Xestiona un volume de negocio de 85.079 millóns, 36.792 millóns en préstamos e 48.286 como recursos de clientes. A mora e a súa cobertura sitúanse no 2,8% e o 57,5%, respectivamente. A entidade pechou o pasado exercicio 2019 cun beneficio neto de 405 millóns de euros e unha rendibilidade (ROE) do 10%.

ABANCA probou con éxito o seu modelo de integración doutras entidades nas operacións corporativas que realizou nos últimos anos. A primeira foi a integración en 2014 do Banco Etcheverría; en 2017 realizouse a compra de Popular Servizos Financeiros; en 2018, ABANCA adquiriu Deutsche Bank PCB, e tamén en 2018 comprou á Caixa Geral de Depósitos o seu banco en España, Banco Caixa Geral. Coa compra de Deutsche Bank PCB, ABANCA ten na actualidade en Portugal 71 puntos de venda, con 500 colaboradores e máis de 80.000 clientes.

O acordo de compra de EuroBic está suxeito, como sucede neste tipo de operacións, a un proceso de due diligence e ás autorizacións das autoridades regulatorias.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA busca proxectos innovadores para a oitava edición do seu Programa para Startups

10-05-2023
Corporativo

A convocatoria permanecerá aberta ata o 14 de xuño na web de ABANCA Innova.

20230510-abanca-innova-2

Publicada a entrega 24 do Observatorio ABANCA

25-04-2023
Corporativo

A vixesimocuarta entrega do Observatorio ABANCA analiza o periodo ata o 25 de abril de 2023.

20230425-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.