• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA acorda un programa expositivo estable para o Museo de León coa Xunta e o Concello

  • O acordo é por tres anos e contempla a organización de actividades expositivas de carácter anual na capital leonesa
  • A primeira exposición será en setembro con 38 obras de máximo nivel que definen a historia da arte do século XX
  • A Colección de Arte de ABANCA conta con 1.350 obras e é unha das coleccións privadas máis importantes de España
20162007-abanca-expo-leon-2

Descarga en alta resolución

20160720-abanca-expo-leon-picasso

De esquerda a dereita na imaxe, a directora xeral de Políticas Culturais da Xunta de Castela e León, Mar Sancho, o alcalde de León, Antonio Silván, e o director de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet.

Descarga en alta resolución

20-07-2016
RSC

O alcalde da cidade, Antonio Silván; a directora xeral de Políticas Culturais da Xunta de Castela e León, Mar Sancho; e o director de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet, presentaron esta mañá o marco de colaboración estable que traerá a León varias exposicións da Colección de Arte de ABANCA durante os próximos tres anos. Todas as mostras terán carácter gratuíto e todas elas contarán con visitas guiadas para estudantes e público xeral organizadas polo servizo didáctico do Museo.

Durante a rolda de prensa, Miguel Ángel Escotet destacou que “con esta iniciativa, cumprimos un dobre obxectivo: seguir estreitando lazos con León a través da actividade cultural do banco e facilitar que toda a sociedade poida gozar da nosa Colección de Arte ABANCA”.

Pola súa banda, o alcalde de León destacou “a vinculación da entidade ABANCA coa nosa cidade e a súa vontade de contribuír ao potencial cultural de León”. Neste sentido, engadiu que a exposición constitúe “unha achega singular e de enorme atractivo a unha axenda cultural ampla e de calidade que é un dos alicerces sobre os que este equipo de goberno asenta unha oferta turística que ten como obxectivo, non só o incremento do número de visitantes, senón tamén unha estancia máis duradeira na nosa cidade”.

A directora xeral de Políticas Culturais fixo referencia ao propicio da colaboración público privada para a xeración de proxectos de alta calidade nos museos de Castela e León, destacando, xunto a este valioso proxecto expositivo que se articulará no Museo de León e que será un referente para a visita ao mesmo, a vertente pedagóxica coa que contará a exposición achegándoa a novos públicos.

‘Bajo el signo de Picasso’ desde o 15 de setembro

‘Bajo el signo de Picasso. Vanguardias e influencias en la Colección de Arte ABANCA’ é o título da exposición que se poderá contemplar desde o 15 de setembro ata mediados de novembro no Museo de León e que reunirá 38 obras de 26 artistas de máximo nivel como Pablo Picasso, Juan Gris, Vasili Kandinsky, Salvador Dalí, Marc Chagall, Giorgio de Chirico ou Joan Miró.

Pablo Picasso, con catro obras, será o principal protagonista da mostra. Nun primeiro bloque expositivo, o xenio malagueño, cuxa obra define sen dúbida a arte do pasado século desde a vangarda e a modernidade, compartirá espazo cos principais expoñentes do cubismo, entre eles Juan Gris, George Braque e Fernand Léger.

A segunda parte da mostra reunirá artistas que participaron das primeiras vangardas, como o italiano Giorgio de Chirico, antecedente do movemento surrealista que estará representado por dous dos seus máximos protagonistas: Max Erns e Salvador Dalí.

Como peche da exposición seleccionáronse dúas obras que comparten unha idea de narración na pintura que ten a súa orixe na arte do período de entreguerras, ‘O Museo do Descubrimento de día - O Museo do Descubrimento de noite’, de Eduardo Arroio, e ‘As pipas’, do Equipo Crónica. Ámbalas dúas obras elevan o valor e o papel central da pintura fronte a outras tendencias dominantes na segunda metade do século XX.

Colección de Arte ABANCA

A Colección de Arte ABANCA está integrada por 1.350 obras e nela están representadas todas as modalidades artísticas: pintura, escultura, fotografía, gravado, debuxo e instalacións. Conta con creacións de máis de 200 artistas de recoñecido prestixio a nivel galego, español e internacional e o seu eixo vertebrador é a arte moderna e contemporánea.

Entre os fondos artísticos que reúne destacan unha selección de obras de artistas de recoñecido prestixio internacional entre os que podemos destacar a Picasso, Braque, Mirou, Dalí, Tàpies, Juan Muñoz ou Barceló, entre moitos outros. Estas creacións de máximo nivel na historia da arte do século XX comparten espazo con outras de creadores que simbolizan traxectorias e etapas da historia artística de Galicia, como Castelao, Luís Seoane, Leopoldo Nóvoa ou Francisco Leiro.

A variedade e calidade dos fondos convértena na colección privada máis importante de Galicia e nunha das de referencia en España. En outubro de 2015 foi declarada Ben de Interese Cultural.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Máis de 45.700 persoas visitaron a exposición ‘Dalí y el surrealismo en la Colección de Arte ABANCA’ no Museo Nacional Thyssen

28-01-2019
RSC

A segunda proposta expositiva do banco no museo madrileño superou amplamente os 41.000 visitantes que recibiu en 2015 Picasso y el cubismo.

20190128-cierre-exposicion-dali

ABANCA pon en marcha o ciclo de actividades ‘Aventúrate’ con deportistas galegos de elite

22-01-2019
RSC

O triatleta Iván Raña, a regatista Sofía Toro e o tenista Martín de la Puente protagonizarán as actividades previstas no primeiro trimestre deste ano.

20190122-abanca-aventurate-1

Elementos da mediateca relacionados:

ABANCA presenta o ciclo de actividades ‘Aventúrate’

22-01-2019. A iniciativa reforza o programa ABANCA Deporte Base achegando a experiencia e coñecementos destes profesionais ...

ABANCA presenta no Museo Nacional Thyssen a exposición ‘Dalí e o surrealismo na Colección de Arte ABANCA’

Acto de presentación da exposición _Dalí e o surrealismo na Colección de Arte ABANCA_ no Museo Nacional Thyssen-Bornemisza.

Presentación programa educación financeira 2018-2019 e estudo maiores

01-10-2018. O banco reforzará a programación dirixida aos maiores de 55 anos para dar resposta a unha das necesidades detectadas ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

ABANCA pon en marcha o ciclo de actividades ‘Aventúrate’ con deportistas galegos de elite

Declaracións de Jorge Mahía, director de Marketing, Intelixencia e Dixital de ABANCA.

ABANCA pon en marcha o ciclo de actividades ‘Aventúrate’ con deportistas galegos de elite

Declaracións de Fernando Filgueiras, coordinador de RSC da Obra Social ABANCA.

ABANCA presenta no Museo Nacional Thyssen a exposición ‘Dalí e o surrealismo na Colección de Arte ABANCA’

Declaracións de Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, na presentación da exposición 'Dalí e o surrealismo ...

Estudio cualitativo séniors activos

Estudio cualitativo sobre hábitos, intereses e preocupacións dos maiores de 55 anos realizado pola consultora Big Band e ...

Folleto exposición 'Colección ABANCA. Nuevas lecturas. Diálogos en el tiempo y en el lugar'

Folleto da exposición 'Colección ABANCA. Nuevas lecturas. Diálogos en el tiempo y en el lugar'

Programa ABANCA ReSuena Día da Música 2017

Programa con información de ABANCA ReSuena e do concerto que se celebrará o día 21 de xuño de 2017 no Palacio da Ópera da ...

  • 981 188 022 / 986 828 070
  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2019 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)