• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA adianta ata 1.500 euros do desemprego a traballadores afectados por un ERTE en Galicia

  • A entidade poderá conceder un anticipo de ata dúas mensualidades de 750 euros cada unha a clientes incluídos en Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) na comunidade autónoma galega
  • O financiamento, sen xuros nin comisións e garantido pola Xunta, diríxese a clientes con dereito a esta prestación que aínda non empezaron a cobrar e que a teñan domiciliada en ABANCA
  • ABANCA ingresará automaticamente os importes nas súas contas sen que os clientes teñan que acudir á oficina
  • Os abonos realizaranse a partir de que a Xunta traslade a ABANCA a información dos beneficiarios que solicitasen o anticipo
20200425-abanca

ABANCA adianta ata 1.500 euros do desemprego a traballadores afectados por un ERTE en Galicia.

Descarga en alta resolución

26-04-2020
Negocio

ABANCA adiantará ata 1.500 euros da prestación por desemprego a clientes afectados en Galicia por ERTEs derivados da crise por COVID-19 que aínda non empezasen a cobrar. A entidade concederá este anticipo, garantido pola Xunta de Galicia, a través dun máximo de dúas mensualidades de 750 euros sen intereses e sen comisións, que serán ingresados automaticamente nas contas dos clientes que teñan domiciliada a prestación en ABANCA.

O proceso iniciarano as empresas a solicitude dos seus traballadores enviando á Xunta de Galicia a información requirida pola administración galega e continuará coa transmisión da mesma á entidade financeira. O abono realizarase despois de que ABANCA reciba da Xunta de Galicia a información dos beneficiarios que solicitasen o anticipo e teñan dereito ao mesmo.

Unha vez recibida da Xunta a información dos beneficiarios que solicitasen o anticipo, ABANCA informará os seus clientes a través da Banca Móbil para que poidan realizar a contratación do préstamo gratuíto a través da propia aplicación móbil, sen ter que acudir á oficina. Unha medida máis de protección, e en liña coas capacidades que desenvolveu ABANCA, para poder realizar todas as operacións a distancia con total seguridade desde a APP móbil.

Esta liña de apoio financeiro plásmase a través dun acordo de colaboración subscrito por ABANCA coa Consellería de Economía, Emprego e Industria. O obxectivo deste convenio é dar liquidez a aqueles traballadores, incluídos nun ERTE autorizado pola administración galega, que están pendentes de recibir o abono da prestación por desemprego por parte do Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE). De acordo cos datos oficiais, a Xunta tramitou no marco desta pandemia uns 33.000 ERTEs que afectan a uns 200.000 traballadores na comunidade autónoma.

En base a esta colaboración coa Xunta, ABANCA pon ao dispor dos seus clientes afectados por estas regulacións de emprego en Galicia un anticipo de ata dúas mensualidades, de 750 euros cada unha, para que poidan dispoñer de ingresos mentres non reciben o abono da prestación por desemprego que lles corresponde. O financiamento realizarase a través de préstamos persoais sen intereses nin comisións que se cancelarán en canto o traballador reciba o ingreso da prestación.

Batería de medidas de axuda pola pandemia

O adianto de prestacións por desemprego por parte de ABANCA súmase a outras medidas anunciadas nas últimas semanas pola entidade, que tratan de cubrir necesidades reais de familias, autónomos, pemes e empresas ante esta grave situación de crise sanitaria, económica e social pola pandemia do COVID-19.

As principais son a mobilización de 8.300 millóns a través do ‘Plan Anticipar’ e do anticipo das pensións para 400.000 clientes. O “Plan Anticipar” destina 7.900 millóns de euros ao financiamento para empresas, pemes, autónomos, negocios e comercios e a tramitación con carácter de urxencia das operacións de financiamento para o tecido produtivo con aval do Estado. Inclúe tamén o anticipo da cobranza das prestacións de xubilación e desemprego, moratorias a préstamos hipotecarios e persoais, a condonación de tres mensualidades de aluguer a familias residentes en inmobles do Fondo Social de Vivenda, a participación na creación dun seguro colectivo para protexer aos profesionais sanitarios, a compra de 150 unidades individuais de coidados intensivos, ou a doazón, en colaboración con Afundación, de máis de 70.000 unidades de protección.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.