• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA adiantará o pago das prestacións de desemprego

  • O abono farase o venres 3 de abril, con seis días de antelación sobre a data prevista
  • A medida súmase a outras postas en marcha polo banco para paliar as consecuencias económicas e sociais da crise sanitaria
20180525-abanca-rating

Descarga en alta resolución

01-04-2020
Corporativo

ABANCA anticipará aos seus clientes o importe correspondente ás prestacións por desemprego das que son beneficiarios. A través desta medida os clientes de ABANCA recibirán a súa próxima prestación mensual o venres 3 de abril, con seis días de antelación sobre a data de abono prevista, que para este mes era o 9.

A medida, desenvolvida en colaboración co Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), ten como obxectivo contribuír a paliar as consecuencias económicas e sociais derivadas da actual crise sanitaria, especialmente no caso dos colectivos en situación de maior vulnerabilidade.

Outras medidas

O anticipo das prestacións por desemprego forma parte da batería de accións que ABANCA está a pór en marcha na actual situación de emerxencia.

Como primeira delas, o banco activou con carácter urxente o ‘Plan Anticipar’, mediante o cal mobilizou 7.900 millóns de euros en liñas de liquidez para empresas, pemes, autónomos, negocios e comercios. Tamén no terreo do financiamento, ABANCA comezou a formalizar o pasado venres operacións de financiamento con aval do Estado.

Doutra banda, a entidade decidiu anticipar automaticamente ao 24 de cada mes (ou seguinte día hábil) o pago de todas as pensións domiciliadas na entidade, unha media especialmente dirixida ao colectivo de clientes de maior idade.

Así mesmo, ABANCA acordou condonar tres meses o pago do aluguer ás familias que habiten en vivendas propiedade da entidade en España acollidas ao Fondo Social de Vivenda (FSV) e víronse afectadas por Covid-19.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA busca proxectos innovadores para a oitava edición do seu Programa para Startups

10-05-2023
Corporativo

A convocatoria permanecerá aberta ata o 14 de xuño na web de ABANCA Innova.

20230510-abanca-innova-2

Publicada a entrega 24 do Observatorio ABANCA

25-04-2023
Corporativo

A vixesimocuarta entrega do Observatorio ABANCA analiza o periodo ata o 25 de abril de 2023.

20230425-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.