• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA, Afundación e a UIE participan mañá na Hora do Planeta

  • Catorce edificios corporativos do banco, a súa obra social e a universidade apagarán a súa iluminación entre as 20.30 e as 21.30 horas
  • ABANCA, Afundación e a UIE súmanse a esta iniciativa global no marco do seu compromiso co medio ambiente e os ODS
20230324-abanca-hora-planeta-23

Descarga en alta resolución

24-03-2023
Sostenibilidad

ABANCA, Afundación e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) van sumar mañá sábado, 25 de marzo, á iniciativa global de sensibilización ambiental a Hora do Planeta, que promove desde 2007 WWF.

O banco, a súa obra social e a universidade participarán de novo nesta campaña que busca chamar a atención sobre o problema do cambio climático co apagado simbólico durante 60 minutos, de 20.30 a 21.30 horas, das fachadas de 14 dos seus edificios corporativos máis representativos nas principais cidades galegas e Madrid.

En concreto, ABANCA deixará sen iluminación na Coruña a súa sede principal (Rúa Nueva, 30), a sede de ABANCA Seguros (Riego de Agua, 3), a pantalla situada no Obelisco e a oficina da Praza de Lugo. En Vigo sumarase a sede de García Barbón e en Madrid, o edificio corporativo de Recoletos, 4, e Espacio Serrano, 45.

Afundación apagará as fachadas e pantallas led das súas sedes da Coruña, Vigo, Ourense e Ferrol. Pola súa banda, a UIE suspenderá durante esa hora a iluminación dos rótulos luminosos das fachadas das súas sedes da Coruña e Vigo e tamén o da residencia de estudantes de Pontevedra.

Ademais de realizar este xesto simbólico de apagar os seus edificios, nesta edición do evento ABANCA participa tamén no outro reto que propón WWF no marco desta iniciativa: ‘Dálle unha volta ao planeta’, que consiste en animar á cidadanía a sumar pasos e quilómetros para demostrar que co esforzo de todas as persoas podemos gañarlle a carreira ao cambio climático, ao mesmo tempo que se fomentan o deporte e os valores asociados. O persoal do banco percorreu ata o momento 2.639 quilómetros cos que contribuíron a dar doce veces a volta ao planeta.

ABANCA, Afundación e a UIE únense a esta nova edición da Hora do Planeta no marco do seu compromiso co medio ambiente e a loita contra o cambio climático. As tres organizacións situaron a sostibilidade no centro da súa estratexia e impulsan diferentes iniciativas dirixidas á conservación da biodiversidade, así como a promover un modelo social e económico máis sostible e respectuoso coa nosa contorna e cos dereitos das persoas.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

ABANCA e Afundación constatan o seu compromiso coa sostibilidade coa celebración do Mes do Medio Ambiente

31-05-2023
Sostenibilidad

Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o Día Mundial dos Océanos e o Día das Xentes do Mar, o banco e a súa Obra Social impulsarán durante todo o mes de xuño un completo programa de actividades co obxectivo de promocionar a sustentabilidade e colaborar na súa implantación no día a día da sociedade.

20230531-abanca-mes-medioambiente

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada de limpeza de microplásticos na praia de Zarautz

22.10.2022. Medio centenar de persoas voluntarias participaron na recollida de residuos, que foi a primeira actividade de ...

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Acto de entrega de 30 redes recicladas para porterías do proxecto Redes Vivas ao R.C. Celta, R.C. Deportivo ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Susana Ortiz, directora de Marketing de ABANCA, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Eduard Campadabal, xogador do C.D. Lugo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Álex Bergantiños, xogador do R.C. Deportivo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Presentación proxecto Redes Vivas

08.06.2021. Presentación do proxecto 'Redes Vivas. Do fondo do mar ao centro do campo'.

Plan de Sostibilidade de ABANCA

13.05.2021. Presentación do Plan de Sostibilidade de ABANCA.

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.