• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA, Afundación e AGA-Ucraína envían 23 novas toneladas de axuda humanitaria a Ucraína en colaboración con 14 empresas leonesas

  • As tres organizacións remitiron xa 92 toneladas de material de primeira necesidade á zona do conflito
  • O camión transporta produtos de alimentación e roupa de abrigo
20220329-abanca-ucrania

Un grupo de persoas voluntarias de ABANCA diante do camión que transporta a axuda humanitaria doada por 14 empresas leonesas e o persoal do banco.

Descarga en alta resolución

29-03-2022
RSC

ABANCA, Afundación e AGA-Ucraína realizaron hoxe o cuarto envío de axuda humanitaria a Ucraína, tras os transportes organizados desde A Coruña, Santiago de Compostela e Ourense. O banco, a súa Obra Social e a asociación remitiron xa 92 toneladas de material de primeira necesidade á zona de conflito desde que se iniciou a crise humanitaria.

O cuarto camión partiu de León e ten o mesmo destino que os anteriores, o punto fronteirizo de Przemysl, entre Polonia e Ucraína. Transporta 23 toneladas de produtos, fundamentalmente alimentos frescos, como froitas e verduras, legumes, embutidos e conservas, así como roupa de abrigo.

O material foi doado por 13 compañías do sector agroalimentario (Cofrubi, IBSA, Cefrubierzo, Embutidos Pajariel, Legumbres Luengo, Grupo Sibuya, Vega Esla, Embutidos Rodriguez, Prodeleco, Legumbres Penelas, Patatas Hijolusa, Oblanca e Pharmadus), Decathlon León e o persoal de ABANCA na provincia.

Desde Przemysl, onde está habilitado un almacén de recollida, realizarase o traslado das doazóns ata as municipalidades de Truskavets e Leópolis, situadas ao oeste de Ucraína. Ambas as dúas localidades sofren desabastecemento de produtos básicos e atópanse no corredor de saída da poboación que foxe cara á fronteira e que necesita asistencia humanitaria.

Un grupo de persoas voluntarias de ABANCA que colaboraron tanto na xestión e clasificación das doazóns como na organización deste transporte, entre as que se atopaba o director territorial do banco en Castilla y León e Asturias, Marcos Lamas, desprazáronse ás instalacións da empresa Transleyca, último punto de carga de material do camión antes de iniciar a viaxe cara á fronteira entre Polonia e Ucraína, para supervisar a saída.

Ademais do apoio á asociación AGA-Ucraína, ABANCA e Afundación manteñen vixentes outras medidas que impulsaron para contribuír a paliar as necesidades da poboación ucraína e as persoas refuxiadas, como a conta solidaria ES80 2080 7208 3385 3000 7122 para recadar fondos para Cruz Vermella e Save the Children, a gratuidade das transferencias que se realicen desde España a Ucraína ou o aproveitamento da infraestrutura creada para o programa Cultura por Alimentos para a recollida de material nos espazos de Afundación.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA, Afundación e AGA-Ucraína reúnen 92 toneladas de axuda humanitaria para enviar a Ucraína

21-03-2022
RSC

As tres organizacións remitiron hoxe 46 toneladas de produtos de primeira necesidade, que se suman ás 23 toneladas enviadas o 11 de marzo e a outras 23 que se enviarán proximamente desde León.

20220321-abanca-ucrania-2

ABANCA, Afundación e AGA-Ucraína envían 23 toneladas de axuda humanitaria a Ucraína

11-03-2022
RSC

O destino do material solidario son as municipalidades de Truskavets e Leópolis, situadas na zona oeste do país.

20220311-abanca-ucrania-1

Elementos da mediateca relacionados:

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

Exposición 'Mirar de novo. A muller contra o tempo'

02.12.2020. Vídeo presentación da exposición 'Mirar de novo. A muller contra o tempo'.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’

Extracto da intervención do conselleiro delegado de ABANCA interveu na xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’, centrada ...

Xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’

Extracto da intervención do conselleiro delegado de ABANCA interveu na xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’, centrada ...

ABANCA e Afundación entregan o XL Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba

21.11.2019. Declaracións do presidente de Afundación e director xeral de Responsabilidad Social Corporativa e Comunicación ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 17

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 17

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 16

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 16

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 15

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 15

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)