• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA analiza as estratexias de sostibilidade no ámbito financeiro e empresarial na III Xornada de Finanzas Sostibles

  • Juan Carlos Escotet Rodríguez destacou que ABANCA traballa para “incorporar parámetros de sostibilidade en cada un dos nosos procesos”
  • O CEO de ABANCA, Francisco Botas, lembrou que o banco ten o obxectivo de “acompañar ás empresas para que poidan anticiparse ao proceso de cambio”
  • O evento reuniu en Santiago aos principais axentes implicados na sostibilidade e a súa translación á actividade económica e financeira
20220701-abanca-finanzas-sostenibles-1

Foto de familia de todos os relatores que participaron na III Xornada de Finanzas Sostibles.

Descarga en alta resolución

20220701-abanca-finanzas-sostenibles-2

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, abriu a xornada.

Descarga en alta resolución

20220701-abanca-finanzas-sostenibles-8

De esquerda a dereita, Alejandra Kindelán Oteyza, presidenta da AEB; Margarita Delgado, subgobernadora do Banco de España, e Francisco Botas Ratera, conselleiro delegado de ABANCA, protagonistas da mesa 'Sostibilidade e entidades financeiras'

Descarga en alta resolución

20220701-abanca-finanzas-sostenibles-3

De esquerda a dereita, María García Cabeza, coordinadora de Responsabilidade Social e Sostibilidade de ABANCA; Francisco Conde López, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia; Arantxa Tapia, conselleira de Desenvolvemento Económico, Sostibilidade e Medio Ambiente do Goberno Vasco, e Emilio Bruquetas Serantes, director xeral de REGANOSA, na mesa redonda 'Sostibilidade: Os retos da transición ecolóxica'.

Descarga en alta resolución

20220701-abanca-finanzas-sostenibles-4

De esquerda a dereita, Álvaro García Diéguez, director xeral de ABANCA Seguros; Sergio Álvarez Camiña, director xeral de Seguros e Fondos de Pensións; Pilar González de Frutos, presidenta de UNESPA, e Guillaume Oreckin, director xeral de Pacífica, participantes na mesa 'Sostibilidade e seguros'

Descarga en alta resolución

20220701-abanca-finanzas-sostenibles-5

Jacob Petrus, director e presentador do programa 'Aquí la Tierra' de TVE, presentou o proxecto Redes Vivas de ABANCA.

Descarga en alta resolución

20220701-abanca-finanzas-sostenibles-6

De esquerda a dereita, Antonio Romero Mora, director corporativo de Servicios Asociativos, Control e Recursos de CECABANK; Montserrat Martínez Parera, vicepresidenta da CNMV; Ángel Martínez-Aldama, presidente de INVERCO, e Elena Valderrábano Vázquez, directora global de Sostibilidade de Telefónica, relatores da mesa 'Sostibilidade, emisores e empresas de servizos de investimento'

Descarga en alta resolución

01-07-2022
Sostenibilidad

ABANCA celebrou hoxe en Santiago de Compostela a ‘III Xornada de Finanzas Sostibles’ co obxectivo de analizar diferentes aspectos vinculados coa sostibilidade no ámbito empresarial e financeiro, así como os retos que expón a transición climática, para poder incorporar novas estratexias que impulsen o cambio cara a un novo modelo económico. Máis de 130 persoas seguiron o evento, organizado no Centro Obra Social ABANCA da capital galega.

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, abriu o encontro, no que participaron representantes dos principais actores implicados na sostibilidade e a súa translación á actividade financeira e económica: sector público e privado, reguladores e principais asociacións de banca, seguros e investimento.

Durante a súa intervención, Juan Carlos Escotet lembrou os desafíos ambientais aos que se enfronta a sociedade actual e a importancia de actuar canto antes. Neste sentido, fixo referencia ao principal cambio que se produciu nos últimos 20 anos, período no que “moitos cidadáns sensibilizáronse; os poderes públicos crearon lexislacións; os sistemas educativos comezaron a sementar unha conciencia ambiental e cada vez hai máis empresas que entenden que a protección do medio ambiente é un deber da mesma categoría que o de producir e xerar emprego”.

Destacou que “cando ABANCA saíu ao mercado a mediados de 2014, fíxoo atendendo a criterios de sostibilidade” e desde entón avanzou neste compromiso con accións como a adhesión ás iniciativas internacionais “que son como guías de actuación, marcos de pensamento que nos impulsan cada día a poñer especial énfase no apoio financeiro aos proxectos de enerxías alternativas e a incorporar parámetros de sostibilidade en cada un dos nosos procesos”.

Tamén se referiu ao traballo de apoio e asesoramento aos clientes para que poidan “investir en infraestruturas sostibles, dixitalizar as súas estratexias e proxectar nos seus negocios as realidades ineludibles da revolución dixital”.

Sostibilidade e entidades financeiras

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na mesa redonda ‘Sostibilidade e entidades financeiras’, xunto coa subgobernadora do Banco de España, Margarita Delgado, que foi moderada pola presidenta da AEB, Alejandra Kindelán.

Francisco Botas sinalou que “o sector financeiro é sen dúbida un actor relevante no proceso de transición que ten que asumir a súa responsabilidade, e en ABANCA estamos a actuar en consecuencia, implantando as medidas aliñadas co noso modelo diferencial que recollemos no noso Plan de Banca Responsable e Sostible 21-24”.

Fixo fincapé en que “un dos retos máis complexos aos que se enfronta o sector é a integración dos novos factores de riscos ASG nos sistemas de xestión, nunha contorna moi cambiante”. “Estamos a prepararnos con carácter transversal, implicando a toda a organización, e da man do que nos pide o regulador”, indicou.

Outro aspecto que subliñou é a maior sensibilidade do cliente aos criterios de sostibilidade e a importancia de acompañar ás empresas para que poidan anticiparse ao proceso de cambio. Para iso, “demos pasos para configurar unha oferta adaptada á demanda actual e contamos con unidades especializadas no sector primario e unha estratexia Next Generation, que vai ser clave para que a recuperación económica sexa verde, social e inclusiva”.

Retos da transición ecolóxica

A conselleira de Desenvolvemento Económico, Sostibilidade e Medio Ambiente do Gobierno Vasco, Arantxa Tapia; o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, e o director xeral de REGANOSA, Emilio Bruquetas, protagonizaron a mesa redonda sobre os retos da transición ecolóxica, moderada pola coordinadora de Sostibilidade de ABANCA, María García. Estivo centrada no desafío que supón a crise enerxética e no impacto que tivo nas estratexias do sector público e privado o Pacto Verde aprobado pola Unión Europea.

Sector asegurador e empresas de investimento

Os retos aos que se enfronta o sector asegurador para implantar criterios de sostibilidade nos seus modelos de negocio foi o eixo central da mesa redonda ‘Sostibilidade e seguros’, na que participaron o director xeral de Seguros e Fondos de Pensións, Sergio Álvarez; a presidenta de UNESPA, Pilar González de Frutos, e o director xeral de Pacífica, Guillaume Oreckin, moderados polo director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García.

O programa completouse co apartado sobre ‘Sostibilidade, emisores e empresas de servizos de investimento’, conducido polo director corporativo de Servizos Asociativos, Control e Recursos de Cecabank, Antonio Romero. Contou coa presenza da vicepresidenta da CNMV, Montserrat Martínez; o presidente de Inverco, Ángel Martínez-Aldama, e a directora global de Sostibilidade de Telefónica, Elena Valderrábano, que abordaron aspectos como o desafío que supoén as taxonomías ou a incorporación da sostibilidade aos procesos de emisión, comercialización e decisión.

Redes Vivas

A xornada incluíu tamén unha presentación do proxecto Redes Vivas, impulsado por ABANCA co fin de dar un novo uso ás redes de pesca que se atopan abandonadas en espazos costeiros. Redeiras artesás de Corme e Malpica encárganse de realizar os traballos de reciclaxe necesarios para que estes aparellos en desuso poidan ter unha nova utilidade como material deportivo. Ata o momento recicláronse 1.938 quilos de redes que se transformaron en 2.076 metros cadrados de mallas coas que, cando finalice este exercicio, teránse renovado 108 porterías de equipos patrocinados polo banco.

Compromiso coa sostibilidade

A organización da III Xornada de Finanzas Sostibles inscríbese nos compromisos adquiridos por ABANCA nos últimos anos coa firma dos principais acordos sectoriais a nivel internacional. O banco está adherido aos Principios de Banca Responsable e ao Compromiso Colectivo para a Acción Climática. Tamén subscribiu os Principios de Investimento Responsable e os Principios para un Océano Sostible, forma parte da Rede de Pacto Mundial e sumouse á Net Zero Banking Alliance, ao compromiso polo clima do sector bancario español e, máis recentemente, á Alianza Galega polo Clima.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA obtén os certificados LEED Ouro e Residuo Cero para o seu centro Espazo Serrano 45

12-09-2022
Sostenibilidad

A obtención destes dous selos ambientais supón un novo avance no compromiso do banco coa sostibilidade e o consumo responsable de recursos.

20220912-certificaciones-sostenibilidad-espacio-serrano

ABANCA celebra unha xornada sobre as posibilidades do PERTE agroalimentario para as empresas do agro e o mar

16-06-2022
Negocio Sostenibilidad

O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, a sostibilidade e a dixitalización das empresas dos sectores do agro e o mar.

20220616-abanca-next-generation

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Acto de entrega de 30 redes recicladas para porterías do proxecto Redes Vivas ao R.C. Celta, R.C. Deportivo ...

II Xornada de Finanzas Sostibles organizada por ABANCA no Porto

24.09.2021. ABANCA organizou no Porto a II Xornada de Finanzas Sostibles que reuniu a representantes dos principais actores ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Susana Ortiz, directora de Marketing de ABANCA, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Eduard Campadabal, xogador do C.D. Lugo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Álex Bergantiños, xogador do R.C. Deportivo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Presentación proxecto Redes Vivas

08.06.2021. Presentación do proxecto 'Redes Vivas. Do fondo do mar ao centro do campo'.

Plan de Sostibilidade de ABANCA

13.05.2021. Presentación do Plan de Sostibilidade de ABANCA.

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)