• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA anticipa ata 1.500 euros do desemprego a clientes en situación de ERTE en Estremadura

  • Entidade financeira e Junta de Estremadura subscriben un convenio dirixido a compensar o impacto do COVID-19 sobre os ingresos dos empregados de empresas afectadas por Expedientes de Regulación Temporal de Emprego
  • O anticipo realizarase a través dun préstamo sen intereses que cobre ata 750 euros por mes e empregado e ten unha duración máxima de seis meses
20200422-abanca-adelanto-desempleo

Descarga en alta resolución

14-05-2020
Negocio

ABANCA e a Junta de Estremadura subscribiron un convenio de colaboración a través do cal a entidade financeira adiantará ata un máximo de 1.500 euros da prestación por desemprego dos seus clientes na rexión afectados por Expedientes de Regulación Temporal de Emprego motivados polo COVID-19.

Este adianto, dirixido a clientes que non comezaron a recibir a súa prestación de desemprego, realizarase a través dun préstamo sen intereses por importe máximo de 750 euros por traballador e mes. A cantidade total adiantada non superará o importe máximo de dúas mensualidades, isto é, 1.500 euros. A duración máxima do préstamo será de seis meses e para a súa formalización non se esixirán garantías nin será necesaria a tramitación a través de documento público.

O préstamo concedido por ABANCA ten como finalidade exclusiva proporcionar recursos aos clientes que non comezaron a recibir a prestación que lles corresponde por estar afectados por un ERTE. O procedemento de solicitude destes préstamos deberá ser iniciado polo traballador afectado dirixíndose a ABANCA. Unha vez aprobada a operación, o abono do anticipo realizarase directamente na conta do cliente.

Plan de acción fronte ao COVID-19

Esta iniciativa forma parte de plan de acción de ABANCA para afrontar as consecuencias da emerxencia sanitaria do COVID-19. O plan, que está centrado na protección e as necesidades financeiras e de operatividade das persoas, conta con iniciativas específicas para tres colectivos diferenciados: os empregados que compoñen o equipo do banco, os clientes, tanto empresas como particulares, e o conxunto da sociedade.

As actuacións dirixidas aos clientes están enfocadas a garantir a súa protección nas súas visitas ás oficinas, a satisfacer as súas necesidades financeiras e a ofrecerlles distintas canles a distancia para a realización das súas operacións.

Entre as dirixidas a clientes particulares destacan o lanzamento de produtos de financiamento para persoas en situación de ERTE/ERE, a moratoria financeira para operacións hipotecarias e persoais, a validación automática de condicións de produtos e servizos para clientes que as viñan cumprindo, a condonación de tres mensualidades de aluguer a familias residentes en inmobles do Fondo Social de Vivenda, e o anticipo de pensións e prestacións por desemprego.

De cara ás empresas e autónomos, o banco lanzou, entre outras actuacións, o Plan Anticipar, dotado de 7.900 millóns de euros en financiamento para o tecido produtivo. Ademais, está a desenvolver unha elevada actividade na formalización de operacións de financiamento en colaboración co ICO e outros organismos e entidades, e está a activar prórrogas, renovacións automáticas e ampliación de límites en operacións de financiamento vixentes. Dentro da liña ICO xestionou 9.469 operacións de pemes e autónomos por un importe de 893 millóns e 364 operacións doutras empresas por un total de 547 millóns de euros (a peche do mes de abril).

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA activa liñas de financiamento sostible para os agricultores do Bierzo

05-08-2021
Negocio

A entidade financeira pon ao dispor da Asociación Berciana de Agricultores opcións de crédito para mellorar a eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías limpas.

20210805-convenio-aba

ABANCA lanza o seu terceiro fondo de investimento responsable para xestión discrecional de carteiras

23-07-2021
Negocio Sostenibilidad

ABANCA reforzará o seu catálogo de produtos de investimento sostible co lanzamento dun novo fondo de investimento marca ABANCA vinculado á loita contra o cambio climático e a descarbonización da economía.

20201119-abanca-asg

Elementos da mediateca relacionados:

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

ABANCA destina 200 millóns ao financiamento das empresas dos polos industriais da área de Vigo

05.05.2021. O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, xunto ao delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca ...

Intervención de Francisco Botas no I Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación

12.03.2021 O conselleiro delegado de ABANCA explica o papel da dirección Next Generation ABANCA e do conxunto do banco no ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)