• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA apoia o XV Congreso Nacional de Comunidades de Regantes en León e reafirma o seu compromiso co sector agrario

  • O evento, organizado polo Sindicato Central del Embalse de Los Barrios de Luna e FENACORE, terá lugar do 30 de maio ao 3 de xuño
  • O programa conta con ponencias sobre sostibilidade e tecnoloxía aplicadas á actividade do regadío e unha zona expositiva con stands
20220421-abanca

Á esquerda: o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro; o xefe de zona de ABANCA en León Provincia, Pedro Vidal, e o coordinador de ABANCA Agro en Castela e León e Asturias, Alfonso García. Á dereita: o presidente do Sindicato Central do Embalse de Los Barrios de Luna, Ángel González, e o secretario do sindicato, Manuel Mantecón.

Descarga en alta resolución

21-04-2022
Negocio

O director de ABANCA Agro, Jesús Combarro e o presidente do Sindicato Central del Embalse de Los Barrios de Luna, Ángel González, asinaron esta mañá o acordo de patrocinio do XV Congreso Nacional de Comunidades de Regantes, que terá lugar en León do 30 de maio ao 3 de xuño de 2022 organizado polo Sindicato Central e FENACORE. Á firma tamén asistiu o coordinador de ABANCA Agro en Castela e León e Asturias, Alfonso García; o xefe de zona de ABANCA en León Provincia, Pedro Vidal; e o secretario do sindicato, Manuel Mantecón.

A colaboración supón para o director de ABANCA Agro “unha mostra máis do compromiso de ABANCA co sector agrario, a sostibilidade e especialmente co regadío, non só en Castela e León, senón en toda España”.

O evento, ao que acudirán comunidades de regantes de todo o país, contará cunha serie de actos congresuais, un programa lúdico alternativo para acompañantes e unha zona expositiva para as empresas patrocinadoras, na que ABANCA Agro situará o seu stand para asesorar a todos os visitantes que se acheguen sobre os produtos e servizos que ofrece a entidade. ABANCA conta con liñas de financiamento específicas e adaptadas ás necesidades deste colectivo, como préstamos de inversión a 28 anos para o desenvolvemento e modernización do regadío para as comunidades de regantes, ou préstamos a 15 anos para a compra e amoblamentos de fincas para os comuneiros.

A celebración do congreso ten lugar cada catro anos e nesta ocasión coincide co 50 aniversario do III Congreso Nacional organizado tamén polo Sindicato Central de Los Barrios de Luna. A dixitalización, as novas tecnoloxías e a sostibilidade aplicadas ás comunidades de regantes serán dous dos temas principais das ponencias e mesas redondas.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA facilita a empresas, microempresas e autónomos o acceso ás axudas Kit Dixital

16-03-2022
Negocio

ABANCA pon a disposición dos seus clientes diferentes solucións financeiras para beneficiarse do programa de axudas públicas Kit Dixital, dotado con fondos europeos Next Generation EU e orientado a impulsar a dixitalización do tecido produtivo.

20201119-abanca-asg

ABANCA, a Cámara de Badajoz e a Cámara de Cáceres estreitan vínculos para apoiar os negocios de proximidade e o comercio minorista

03-03-2022
Negocio

ABANCA, a Cámara de Comercio de Badajoz e a Cámara de Comercio de Cáceres reforzan a súa liña de traballo conxunto logo de asinar dous convenios de colaboración destinados a potenciar o tecido produtivo de proximidade da rexión.

20220303-abanca-convenio-camaras-extremadura

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

ABANCA destina 200 millóns ao financiamento das empresas dos polos industriais da área de Vigo

05.05.2021. O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, xunto ao delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)