• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA apoia os rañeiros de Vilanova e ofrece crédito para compensar o efecto do paro biolóxico

  • A entidade financeira e a Confraría A Pastoriza da localidade pontevedresa asinan un convenio que inclúe unha póliza de crédito que adianta o cobro das subvencións
  • Este acordo únese a outros en vigor rubricados con asociacións do sector marítimo afectadas en Arousa
22-01-2016
Negocio

ABANCA e a Confraría A Pastoriza de Vilanova de Arousa veñen de asinar un novo convenio que dá resposta inmediata á situación de asfixia que vive o sector na localidade. Trátase dun acordo estratéxico que responde ás demandas recibidas pola entidade financeira dende o sector no Salnés. A presidenta da Confraría A Pastoriza de Vilanova, María José Vilas Martínez, e o director de zona de ABANCA no Salnés, Victor Manuel Vázquez Saavedra, rubricaron hoxe un acordo que evidencia o apoio do banco con sede en Galicia á economía de proximidade, ao sector primario galego e ás actividades estratéxicas autonómicas.

Este texto conxunto permite aos traballadores dos bancos de libre marisqueo de Vilanova contrarrestar o efecto do paro por razóns biolóxicas na zona, que aínda está previsto que se prolongue algunhas semanas. A entidade financeira habilita dende este momento unha póliza de crédito específica con intereses moi baixos e sen comisións pensada para facer fronte á falta de ingresos. Os rañeiros poderán cancelar o produto no momento que perciban as subvencións ou prestacións.

Os máis de 400 confrades afectados polo cese de actividade na ría e a propia Confraría A Pastoriza tamén terán á súa disposición toda a oferta específica de ABANCA para o sector pesqueiro. Entre outros, inclúe préstamos persoais sen xuros ou comisións para aprazar pago de impostos, préstamos hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. Tamén optan ao Plan Activamos asinado coa Deputación de Pontevedra ou aos programas oficiais de crédito co Igape ou o ICO.

Este apoio da entidade financeira xa conta con precedentes en Arousa. O pasado ano ABANCA reforzou o seu apoio a este sector clave na economía do Salnés despois de asinar convenios coas confrarías da Illa, Cambados, Carril e Vilaxoán.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.