• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA busca proxectos innovadores para a oitava edición do seu Programa para Startups

  • A convocatoria permanecerá aberta ata o 14 de xuño na web de ABANCA Innova
  • A entidade financeira ofrece aos emprendedores un amplo programa de acompañamento que culminará coa realización dunha proba de concepto do seu proxecto
  • A anterior edición do programa atópase xa na súa fase final, coa execución das probas de concepto das startups Probely e Fleksy
20230510-abanca-innova-2

O envío de candidaturas debe realizarse a través da web de ABANCA Innova.

Descarga en alta resolución

10-05-2023
Corporativo

ABANCA acaba de abrir o prazo de inscrición para participar na oitava edición do Programa para Startups de ABANCA Innova, unha iniciativa feita á medida de empresas emerxentes con propostas de valor innovadoras nos sectores de fintech, insurtech, regtech ou cibersecurity. O programa mantén a fórmula das súas edicións anteriores e oriéntase a proxectos en etapas temperás, con produto no mercado, pero tamén a startups xa consolidadas con tracción e métricas recorrentes.

O prazo de inscrición para participar no Programa para Startups de ABANCA Innova xa está aberto e finalizará o próximo 14 de xuño. O envío de candidaturas debe realizarse a través da web de ABANCA Innova. Tras o proceso de recepción e análise das propostas, terá lugar un comité formado por persoas de diferentes unidades de negocio do banco, que serán as encargadas de seleccionar ás startups que participarán, no mes de setembro, no bootcamp da seguinte fase.

Vantaxes do Programa para Startups de ABANCA Innova

As startups seleccionadas para o bootcamp participarán en keynotes e workshops con expertos do sector. Ademais, durante o mesmo, manterán catro reunións privadas coas áreas de Negocio, IT, Innovación e Investments do banco, e participarán en charlas informais con directivos e empregados de ABANCA. De entre as startups participantes, elixiranse a aquelas que sexan máis afíns ao negocio do banco e daráselles a oportunidade de validar a súa proposta de valor a través da definición e implementación dunha proba de concepto (PoC) coa entidade.

Durante este proceso de piloto, ABANCA asignará a cada startup un mentor corporativo relevante para a súa área de negocio, cuxa misión fundamental será a procura de sinerxias da startup coa compañía, polo que lles acompañará durante a definición e implementación da proba de concepto. O equipo de ABANCA Innova realizará sesións de seguimento con cada startup elixida e a análise dos resultados obtidos durante o piloto.

ABANCA Innova ofrece, ademais, a posibilidade de recibir investimento directo en capital. Para iso, as empresas poderán participar en diferentes Startups Days da entidade e asistir aos principais eventos de investimento do ecosistema nacional de emprendemento.

Ao longo do programa, as startups terán tamén acceso a distintos servizos, como o uso de Amazon Web Services, Google Cloud ou ferramentas de márketing dixital, comunicación e recursos humanos, entre outras. Tamén terán á súa disposición o centro de innovación de ABANCA Innova na Coruña, un espazo de coworking onde poderán convivir cos profesionais de ABANCA e o seu ecosistema de emprendemento. O programa conta, ademais, coa participación de HubIn, empresa especializada en innovación e emprendemento.

Conclúe a sexta edición e arrinca a fase final da sétima

Coincidindo coa posta en marcha da nova edición, chega ao seu fin a sexta edición do Programa para Startups de ABANCA Innova. Flanks, Wetalk AI, Mychoice2pay, Rentall Partners e Colibid, os cinco finalistas, culminaron con éxito as súas probas de concepto e xa se atopan traballando no escalado das súas propostas de valor en ABANCA.

Ademais, a sétima edición do programa inicia estes días a súa fase final coas startups Probely e Fleksy. Ambas as compañías estarán implementando as súas tecnoloxías na proba de concepto durante o próximos tres meses.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA e Cooke alcanzan un acordo para negociar en exclusividade a compravenda do 80% da súa participación en Nueva Pescanova

13-04-2023
Corporativo

Durante as próximas semanas avanzarase no proceso de negociación habitual neste tipo de transaccións, co obxectivo de alcanzar un acordo para a adquisición dunha maioría en Nueva Pescanova por unha das principais compañías familiares de proteína mariña do mundo.

20180525-abanca-rating

A Picota, distinguida como ‘Mellor oficina rural de ABANCA’ do ano 2022

13-04-2023
Corporativo Negocio

O presidente de ABANCA Juan Carlos Escotet Rodríguez e o conselleiro delegado Francisco Botas, entregaron esta mañá á oficina da Picota, situada no concello coruñés de Mazaricos, a distinción como mellor oficina rural do banco do pasado ano 2022.

20230413-abanca-oficina-apicota

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)