• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA comeza a financiar con aval do Estado a empresas e autónomos afectados pola emerxencia

  • A entidade realizou as primeiras operacións cos seus clientes hoxe venres, só tres días despois do anuncio do plan de avais do Goberno
  • A entidade traballa na liña de poder resolver a maioría das solicitudes nun prazo de 24 horas
20200324-abanca

Descarga en alta resolución

27-03-2020
Financiero

ABANCA formalizou hoxe venres as primeiras operacións de financiamento con aval de Estado dirixidas a facer fronte ás consecuencias do COVID-19 sobre a actividade de empresas e autónomos.

Tras o anuncio do plan de avais realizado o martes polo Goberno, ABANCA adaptou os seus procesos internos para dotar da máxima axilidade á tramitación destas operacións. A entidade traballa na liña de poder resolver a maioría delas nun prazo de 24 horas e sen necesidade de intervención notarial naquelas cuxo importe non supere os 100.000 euros.

O banco está a priorizar as solicitudes que se viñeron recibindo nas últimas dúas semanas de pemes, empresas, negocios e autónomos, colectivos aos que se dirixe o plan de axuda. No entanto, o banco mantén estreitos contactos co conxunto da súa base de clientes nestes segmentos para coñecer e xestionar anticipadamente as necesidades dos sectores máis afectados polo COVID-19.

As operacións formalizadas son préstamos de até cinco anos de prazo, con posibilidade de carencia de amortización e intereses, e con garantía do ICO fixada en función do importe da operación e o tamaño da empresa.

Máis financiamento

Estas liñas de financiamento súmanse ao ‘Plan Anticipar’, mediante o cal ABANCA mobilizou 7.900 millóns de euros en liñas de liquidez para empresas, pemes, autónomos, negocios e comercios.

A través del, ABANCA pon a disposición de máis de 6.000 pemes e empresas clientes, de forma inmediata, máis de 1.700 millóns en crédito para atender continxencias de tesouraría e compromisos de pago (nóminas, provedores, etc.), así como 4.400 millóns créditos preconcedidos de maneira automática e con tramitación áxil.

O plan habilitou así mesmo 1.800 millóns de euros en crédito preconcedido a curto e longo prazo para autónomos, negocios e comercios, un segmento particularmente afectado pola situación actual.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA pecha unha nova emisión de bonos senior preferred

10-05-2023
Financiero

Os ratings (esperados) de Fitch (BBB-) e Moody´s (Baa3) confiren aos títulos o grao de investimento (Investment Grade) por ambas as axencias, permitindo acceder á parte máis esixente da comunidade investidora.

20180525-abanca-rating

ABANCA pecha unha nova emisión de bonos verdes

07-09-2022
Financiero

ABANCA pechou hoxe os termos económicos para a súa segunda emisión de bonos verdes Senior Preferred por importe de 500 millóns de euros cun cupón do 5,25%, tras a exitosa emisión inaugural do ano pasado.

20220621-abanca-4

Elementos da mediateca relacionados:

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.