• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA compra 150 unidades de coidados intensivos para doalas aos hospitais galegos a través da Xunta

  • A compra foi decidida conxuntamente co goberno galego para dar resposta ás necesidades máis urxentes do sistema de saúde galego con motivo do COVID-19
  • O custo dos equipos ascende a catro millóns de euros
20180525-abanca-rating

Descarga en alta resolución

20200325-ventilador-1

Modelo comprado por ABANCA

Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

  • ABANCA compra 150 unidades de coidados intensivos para doalas aos hospitais galegos 25.03.2020. A compra foi decidida conxuntamente co goberno galego para dar resposta ás necesidades máis urxentes do sistema de saúde galego con motivo do COVID-19
25-03-2020
RSC

ABANCA vén de pechar a compra de 150 unidades individuais de coidados intensivos que chegarán a Galicia a vindeira semana e que se doarán ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS), da Xunta de Galicia, para axudar a todos aqueles pacientes que ingresen con insuficiencias respiratorias.

A compra destas sofisticadas unidades que funcionan como prazas de coidados intensivos foi decidida conxuntamente coa Xunta de Galicia e de acordo coas necesidades prioritarias que presenta o sistema de saúde galego para afrontar o coidado das persoas afectadas polo COVID-19.

O reparto das unidades realizarase desde o SERGAS entre os diferentes hospitais galegos.

150 unidades de cuidados intensivos

Estas unidades son máquinas que axudan ao paciente a respirar pola súa conta ou ben para que poida ter, coa axuda artificial, a ventilación que necesita. Este modelo vai conectado a un ordenador cunha pantalla táctil onde se rexistran os datos necesarios para o persoal médico. Tamén contan con alarmas e avisan cando hai algún erro.

O modelo doado por ABANCA serve para adultos, nenos e bebés e permite aos profesionais sanitarios usar diferentes modos de respiración artificial. Ademais, está suxeito a uns estándares de calidade moi elevados e ofrece aos profesionais das UCIS dos hospitais galegos procedementos de ventilación modernos e esenciais para proporcionar aos pacientes os coidados necesarios.

Neste momento, son equipamentos imprescindibles nos hospitais xa que son os que se utilizan para casos de pacientes con problemas respiratorios. O coronavirus afecta precisamente o sistema respiratorio. Estímase que o 3% dos infectados co virus COVID-19 necesitarán sistemas de ventilación mecánica e serán considerados como moi graves.

Colaboración de ABANCA para paliar os efectos do coronavirus

Ademais desta compra, ABANCA tomou outras medidas como condonar tres meses de aluguer ás familias máis vulnerables, anticipar o pago das pensións aos preto de 400.000 clientes que teñen domiciliado este ingreso no banco e o ‘Plan Anticipar, que inclúe un paquete de medidas extraordinarias para acompañar e axudar ás familias e empresas a paliar os efectos económicos derivados desta crise sanitaria mediante respostas anticipadas de financiamento ou xestión operativa coa mobilización de 8.300 millóns de euros.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA concede seis bolsas para cursar o Máster Universitario en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

23-05-2023
RSC Sostenibilidad

As axudas cobren as taxas de matrícula dos dous anos do máster (120 créditos) e inclúen a realización das prácticas curriculares en ABANCA.

ABANCA súmase ao ‘Programa Funcas Educa’ por quinto ano consecutivo

16-05-2023
RSC Sostenibilidad

O presidente de Afundación Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña, subscribiron o acordo que dá continuidade á colaboración que ambas as institucións manteñen desde 2018 co fin de impulsar o desenvolvemento de actividades destinadas a aumentar a cultura financeira dos españois.

20230516-convenio-funcas-01

Elementos da mediateca relacionados:

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.