• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA compra EuroBic e consolida o seu posicionamento en Portugal

  • ABANCA triplica a súa presenza en Portugal e convértese nun dos principais bancos do país, con preto de 18.500 millóns de euros de negocio, 249 puntos de venda e máis de 300.000 clientes
  • A operación potencia o desenvolvemento do negocio de empresas, produtos de investimento/aforro e medios de pago
  • Os clientes de EuroBic beneficiaranse dunha rede comercial máis ampla e de novos produtos e servizos, así como do dinamismo e a forte capacidade tecnolóxica de ABANCA
  • EuroBic é unha entidade rendible, sólida e solvente, cun ROTE do 15%, un cociente de capital CET1 do 15,5% e un LTD do 82%
  • O acordo está condicionado á autorización das autoridades competentes
20231115-abanca-eurobic-3

Integrantes dos equipos directivos de EuroBic e ABANCA que participaron na operación.

Descarga en alta resolución

20231115-abanca-eurobic-2

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e o responsable de ABANCA en Portugal, Pedro Pimenta, co equipo directivo de EuroBic.

Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación ABANCA adquisición EuroBic Presentación ABANCA adquisición EuroBic
15-11-2023
Corporativo

ABANCA acordou a compra do 100% do capital de EuroBic cos accionistas da entidade portuguesa. O acordo de compra, alcanzado tras a finalización da due diligence correspondente, está suxeito, como sucede neste tipo de operacións, á autorización das autoridades competentes. O Banco de Portugal veu acompañando a operación e foi informado en detalle dos seus termos.

Con esta operación, a entidade galega potencia significativamente a súa presenza en Portugal e converterase nun dos principais bancos do país. ABANCA multiplicará por catro o seu número de clientes, por tres o seu volume de negocio e por tres e medio os seus puntos de venda no país.

En 2018, ABANCA adquiriu a rede de oficinas de Deutsche Bank Portugal, o que lle permitiu alcanzar os 70 puntos de venda e un volume de negocio de case 7.000 millóns de euros. Cun equipo de 500 profesionais especializados en familias e empresas, e na distribución de fondos de investimento, ABANCA Portugal rexistrou entre xaneiro e setembro de 2023 un incremento do 76% en altas de clientes respecto ao mesmo período do ano anterior.

“No marco da nosa estratexia de posicionamento como entidade de vocación ibérica, Portugal foi sempre unha prioridade para ABANCA. É unha das economías máis dinámicas da eurozona e un mercado natural para nós pola súa intensa interrelación económica e cultural con España, e en especial coas áreas xeográficas de liderado de ABANCA”, sinala Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA.

“A operación permítenos optimizar a presenza de ABANCA en Portugal e proporciónanos unha elevada complementariedade en liñas estratéxicas. Supoñerá claras sinerxias de ingresos, un maior desenvolvemento en banca universal, potencial de crecemento en fóra de balance e seguros, e un forte posicionamento en medios de pago, en particular na actividade de adquirencia”, explica Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA.

A operación supoñerá un 9,5% do total dos activos de ABANCA, un 10,1% dos seus préstamos, un 10,5% dos seus depósitos e un 15,1% na súa marxe básica.

O peche da operación está previsto que se realice en xuño de 2024. Posteriormente abordarase a integración tecnolóxica na plataforma de ABANCA, de maneira que os novos clientes poidan beneficiarse de toda a potencia tecnolóxica do grupo en aspectos como as aplicacións móbiles.

Entidade rendible e solvente

EuroBic é unha entidade cun perfil financeiro moi sólido. A peche do primeiro semestre de 2023, presenta un ROTE do 15%, un cociente CET1 do 15,5%, unha taxa de mora do 4,0% (cobertura 83%) e un cociente LTD do 82%.

A entidade xestiona un volume de negocio de 11.658 millóns de euros, cun volume de crédito de 5.167 millóns de euros e uns depósitos de 6.280 millóns de euros. Conta con 179 puntos de venda e 1.400 profesionais con forte arraigamento en todo Portugal, que xestionan unha base de 240.000 clientes (190.000 particulares e 50.000 empresas).

Un dos principais bancos ibéricos

ABANCA é un dos principais bancos ibéricos e a entidade financeira líder no noroeste de España. Coa incorporación de TARGOBANK, ABANCA conta con 779 oficinas en 11 países de Europa e América, máis de 6.500 empregados e un volume de negocio de 112.754 millóns de euros (46.067 millóns en préstamos, 53.285 millóns en depósitos de clientes e 13.402 millóns en fóra de balance).

A entidade pechou o terceiro trimestre de 2023 cun beneficio neto de 428,6 millóns de euros e unha rendibilidade (ROTE) do 13%, mentres que a taxa de mora e a súa cobertura sitúanse no 2,3% e o 75,3%, respectivamente.

A entidade conta cunha dilatada experiencia na realización exitosa de operacións corporativas, o que permite asegurar unha xestión óptima da adquisición de EuroBic.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA abre as inscricións para a novena edición do seu Programa para Startups

06-11-2023
Corporativo

As candidaturas deben presentarse entre hoxe e o 17 de decembro, a través da web de ABANCA Innova, e as startups seleccionadas contarán cun completo paquete de apoio destinado a dotalas de coñecemento e recursos para madurar o seu proxecto de emprendemento.

20231107-abanca-innova

ABANCA aborda un novo posicionamento en Nueva Pescanova para fortalecer o seu proxecto empresarial

31-10-2023
Corporativo

ABANCA, a entidade financeira líder no noroeste de España, iniciou un proceso de novo posicionamento estratéxico, financeiro, comercial e de persoas en Nueva Pescanova.

20231031-abanca-np

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Presentación ABANCA adquisición EuroBic

Presentación ABANCA adquisición EuroBic

Observatorio ABANCA - entrega 27

Observatorio ABANCA - entrega 27

Observatorio ABANCA - entrega 26

Observatorio ABANCA - entrega 26

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.