• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA comprométese coa mellor experiencia dos seus clientes na estrea da súa nova oficina en Pamplona

  • A entidade financeira trasládase a unhas novas instalacións na avenida Carlos III, nunha contorna máis céntrica e dinámica da cidade
  • A nova oficina deseñouse desde cero para dar cabida ao seu novo modelo, no que se implantan os últimos avances tecnolóxicos e se eliminan os despachos para favorecer a transparencia
  • O banco aposta pola atención máis especializada e ofrece solucións a medida a particulares e empresas
20191114-abanca-inauguracion-pamplona

Distintos espazos das novas instalacións da oficina de ABANCA en Pamplona.

Descarga en alta resolución

20191114-abanca-inauguracion-pamplona-2

Distintos espazos das novas instalacións da oficina de ABANCA en Pamplona.

Descarga en alta resolución

20191114-abanca-inauguracion-pamplona-3

Distintos espazos das novas instalacións da oficina de ABANCA en Pamplona.

Descarga en alta resolución

14-11-2019
Negocio

ABANCA acaba de estrear as novas instalacións da súa oficina de Pamplona. Faino trasladando o seu espazo de atención a unha contorna máis céntrica e dinámica comercial e economicamente e adaptándoa ao novo modelo de oficina que está despregando na súa rede comercial. O centro emprazado na avenida Carlos III, 58 da capital navarra ofrece agora as últimas prestacións tanto a clientes como a empregados.

Unha vez completada a transformación do local, ABANCA estrea na comunidade a súa concepción máis vangardista de oficina. O novo espazo aposta dun xeito decidido pola transparencia, xa que elimina os despachos. No seu lugar, a atención comercial lévase a cabo en cinco mesas nas que clientes e empregados actúan ao mesmo nivel e en mobilidade grazas aos terminais Microsoft Surface. Para aquelas cuestións que requiren maior confidencialidade, a nova oficina habilitou unha sala de reunións con capacidade para seis persoas.

Este novo espazo compleméntase cun catálogo á medida dos clientes e con profesionais especializados. É por iso que o espazo nace cunha vocación dual, xa que alberga a oficina de particulares, pero tamén o Centro de Empresas de Pamplona. En definitiva, destaca na especialización da súa oferta e nas respostas adaptadas a cada segmento, para así chegar ás demandas e expectativas dun amplo rango de clientes.

Máis tecnolóxica, máis áxil

A nova concepción de oficina que agora estrea Pamplona comprométese decididamente tamén coa tecnoloxía. Entre a ampla dotación de medios destaca un caixeiro de última xeración que permite, ademais de retiradas, realizar ingresos en firme, pagamento de recibos en efectivo e outras operativas con moedas. A estratexia de dixitalización do banco complétase nesta oficina habilitando unha rede WIFI gratuíta para que os clientes poidan realizar de maneira autónoma as súas operacións máis habituais.

O deseño recentemente estreado tamén supón un impulso á axilidade nas operacións habituais, xa que incorpora un posto específico para a atención transaccional e máis especificamente para a operativa de efectivo e as tarefas máis administrativas.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.