• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA condona tres meses o pago do aluguer a familias do Fondo Social de Vivenda

  • A entidade exime do pago da renda de abril, maio e xuño ás familias que habiten en vivendas da entidade acollidas ao Fondo Social de Vivenda e se viran afectadas por Covid-19
20200324-abanca

ABANCA ten marcha desde o pasado día 14 o ‘Plan Anticipar’ para acompañar e axudar ás familias e empresas a paliar os efectos económicos derivados do Coronavirus.

Descarga en alta resolución

24-03-2020
RSC

ABANCA acordou condonar tres meses o pago do aluguer ás familias que habiten en vivendas propiedade da entidade en España acollidas ao Fondo Social de Vivenda ( FSV) e se viran afectadas por Covid-19.

ABANCA eximirá a estas familias especialmente vulnerables do pago da renda correspondente aos meses de abril, maio e xuño, para que poidan afrontar esta situación transitoria de perda de ingresos ou desemprego ocasionados pola pandemia por Coronavirus e a declaración do estado de alarma. Poderán beneficiarse da condonación aquelas familias que quedasen en situación de desemprego ou aqueles autónomos que vexan diminuídos os seus ingresos en máis dun 30% como consecuencia desta crise.

Con esta nova iniciativa ABANCA dá un paso máis respecto ao acordo adoptado a última hora de onte polo conxunto do sector bancario español, de aprazamento de ata tres meses do pago destes alugueres acollidos ao FSV.

Plan Anticipar

ABANCA ten en marcha desde o pasado día 14 o ‘Plan Anticipar’, que inclúe un paquete de medidas extraordinarias para acompañar e axudar ás familias e empresas a paliar os efectos económicos derivados desta crise sanitaria mediante respostas anticipadas de financiamento ou xestión operativa. Como primeiras accións, a entidade mobilizou 8.300 millóns de euros para atender as necesidades de liquidez de empresas, pemes e autónomos, e adiantou o pago de pensións desde hoxe aos preto de 400.000 clientes que teñen domiciliado este ingreso no banco. Á medida aprobada hoxe de condonación de alugueres a familias vulnerables sumaranse en próximos días outras iniciativas de apoio aos colectivos máis afectados por esta pandemia.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA concede seis bolsas para cursar o Máster Universitario en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

23-05-2023
RSC Sostenibilidad

As axudas cobren as taxas de matrícula dos dous anos do máster (120 créditos) e inclúen a realización das prácticas curriculares en ABANCA.

ABANCA súmase ao ‘Programa Funcas Educa’ por quinto ano consecutivo

16-05-2023
RSC Sostenibilidad

O presidente de Afundación Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña, subscribiron o acordo que dá continuidade á colaboración que ambas as institucións manteñen desde 2018 co fin de impulsar o desenvolvemento de actividades destinadas a aumentar a cultura financeira dos españois.

20230516-convenio-funcas-01

Elementos da mediateca relacionados:

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.