• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA crece en depósitos a prazo en Galicia máis có resto de entidades xuntas

  • A entidade concede o 46% das hipotecas en Galicia en abril
14-07-2014
Financiero

ABANCA gañou cota de mercado en depósitos a prazo na súa comunidade de orixe, cun incremento de 25 puntos básicos (0,25 puntos porcentuais) entre xaneiro e marzo. Durante este período, o 61% do incremento dos depósitos a prazo do sector correspóndelle á entidade galega. Con 164 millóns de euros de crecemento, ABANCA supera en 60 millóns á suma do incremento de todas as entidades financeiras que operan en Galicia (164 millóns de euros versus 104 millóns de euros).

Esta tendencia de crecemento mantívose a lo longo de todo o primeiro semestre (sobre o que aínda non hai comparativa fronte ao sector) nos que ABANCA captou 590 millóns de euros en novos depósitos de clientes minoristas. O 66% do importe total foron depósitos a prazo, o que pon de manifesto a confianza e fidelidade dos clientes cara á entidade galega.

Tamén creceu a cota de crédito en Galicia da entidade financeira galega en 110 puntos básicos (1,1 puntos porcentuais) nun só un trimestre. Se se exclúe o sector público e se ten en conta unicamente o crédito a particulares e empresas, o crecemento en cota de mercado de crédito elévase ata os 155 puntos básicos (1,55 puntos porcentuais). ABANCA gañou cota de crédito nas catro provincias galegas.

Os aumentos da cota de crédito no sector privado e na captación de depósitos a prazo provocaron que a cota de negocio da entidade en Galicia crecera en 43 puntos básicos durante o primeiro trimestre do ano, o que a leva a xestionar un de cada tres euros do negocio bancario galego.

Liderado hipotecario

Unha mostra do compromiso polo financiamento de ABANCA é o seu liderado no segmento de hipotecas para a adquisición de vivenda en Galicia. O banco  reforzou en abril o seu posicionamento como primeira entidade en concesión de préstamos hipotecarios para vivenda, a pesar da debilidade amosada polo mercado en Galicia, segundo os datos publicados recentemente polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Neste mes ABANCA concedeu o 46% das hipotecas constituídas en Galicia para a adquisición de vivenda.

ABANCA reorientou a súa estratexia ata a banca minorista tradicional trala entrada de Grupo Banesco como accionista maioritario. No seu novo modelo de negocio, a entidade financeira galega dará prioridade á concesión de crédito a empresas e familias. O banco prevé conceder en tres anos 12.000 millóns de euros en novo financiamento.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA pecha unha emisión de débeda subordinada Tier 2 por 350 millóns de euros

11-01-2019
Corporativo Financiero

ABANCA fixou hoxe os termos económicos para unha emisión de débeda subordinada por importe de 350 millóns de euros.

20170210-abanca-frob

Standard and Poor´s eleva un chanzo o rating emisor de ABANCA e sitúao en BB+

02-10-2018
Financiero

A axencia de cualificación Standard and Poor´s elevou un chanzo o rating emisor a longo prazo de ABANCA, de BB a BB+, con perspectiva estable.

20180525-abanca-rating

Elementos da mediateca relacionados:

  • 981 188 022 / 986 828 070
  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2019 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)