• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA Deporte Base arrinca a súa cuarta tempada con máis de 14.600 deportistas novos beneficiados

  • A entidade financeira presenta as cifras dun programa que se consolida como un referente en Galicia de impulso ao deporte de base
  • O banco lanza unha campaña en medios para difundir os valores do deporte non profesional na que participan preto de 130 nenos e nenas de oito clubs de alta competición de Galicia
  • O programa ABANCA Deporte Base medra con novas propostas como un ciclo de charlas con deportistas galegos de elite en institutos que arrincará nas vindeiras semanas
20180919-a-db-2

A Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, e o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, xunto aos deportistas novos durante a presentación.

Descarga en alta resolución

20180919-a-db-4

A Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, e o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, xunto aos deportistas novos durante a presentación.

Descarga en alta resolución

20180919-a-db-1

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a presentación.

Descarga en alta resolución

20180919-a-db-3

A Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, e o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a presentación.

Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

  • ABANCA Deporte Base - A nena que quería voar Moitos nenos xa teñen unha ilusión, o que necesitan é un grande apoio detrás para chegar onde queren. Por iso en ABANCA impulsamos o deporte base fomentando valores como a perseveranza, o compañeirismo ou o compromiso.
19-09-2018
Corporativo RSC

ABANCA fai balance do seu programa dirixido a promocionar o deporte entre os máis novos, ABANCA Deporte Base, xusto cando arrinca a súa cuarta tempada. A entidade financeira deu a coñecer hoxe en Santiago de Compostela as principais magnitudes desta iniciativa, nun acto no que participou o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e a Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, e ao que asistiron un centenar de deportistas novos, adestradores e responsables dos clubs beneficiados.

A última convocatoria deste programa converteuse na máis ambiciosa desde a súa creación e son xa 1.325 equipos os que reciben axudas de ABANCA. Estes conxuntos, procedentes de ata 25 deportes diferentes, agrupan a un total de 14.611 deportistas novos inscritos.

Desde a súa presentación en febreiro de 2015, unha das principais liñas de actuación do programa ABANCA Deporte Base é a colaboración coa Fundación Deporte Galego. A entidade financeira aporta anualmente 726.000 euros aos clubs que se inscriben e cumpren os requisitos. Un proceso totalmente transparente e que ofrece apoio económico a través dunha clasificación con baremos claros e criterios técnicos.

Precisamente estes deportistas novos son os protagonistas da nova campaña publicitaria do programa ABANCA Deporte Base pensada para difundir os valores do deporte a toda a sociedade. Nela, un total de 130 nenos e nenas dan a coñecer as boas accións que se desenvolven a diario nos recintos deportivos e a súa aposta por valores como a perseveranza, o xogo limpo, a convivencia, o compromiso, a igualdade, o traballo en equipo, o recoñecemento, a humildade, o afán de superación e o compañeirismo.

Estes deportistas novos pertencen a oito clubs de toda Galicia e de distintas disciplinas: Sociedad Deportiva Tirán (Moaña), Club Atletismo “Ría Ferrol” (A Malata), Club de Rugby Arquitectura Técnica de A Coruña C.R.A.T. (A Coruña), Club Balonmano Porriño, Club Peluquería Mixta Friol (Lugo), Club Ourense Baloncesto COB (Ourense), Arteal Tenis de Mesa (Santiago) e Club de Voleibol Cabo de Cruz (Boiro).

A campaña chegará nos próximos días aos medios a través de diversas pezas protagonizadas por estes deportistas, coa intención de trasladar ao receptor o día a día dos seus protagonistas e así coñecer as súas experiencias deportivas.

O programa ABANCA Deporte Base colle un novo impulso

Pero as novidades presentadas no acto celebrado no Auditorio ABANCA Santiago sobre o programa non acaban só aí. O programa ABANCA Deporte Base iniciará nas vindeiras semanas unha segunda liña de actuación que se traduce nunha serie de encontros con deportistas de elite. A iniciativa, que conta co apoio de Afundación, percorrerá diversos institutos de Galicia e permitirá aos máis novos coñecer a experiencia dos profesionais e preguntarlles as súas dúbidas.

O programa incluirá tamén visitas aos clubs para coñecer as súas necesidades e a publicación do conto A nena que quería voar, que narra a historia dunha rapaza saltadora que cumpre o seu soño con traballo en equipo e perseveranza. O programa ABANCA Deporte Base forma parte do plan estratéxico de patrocinios da entidade e está centrado no apoio ás canteiras dos clubs deportivos e ao fomento do deporte en idade escolar.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA concede seis bolsas para cursar o Máster Universitario en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

23-05-2023
RSC Sostenibilidad

As axudas cobren as taxas de matrícula dos dous anos do máster (120 créditos) e inclúen a realización das prácticas curriculares en ABANCA.

ABANCA súmase ao ‘Programa Funcas Educa’ por quinto ano consecutivo

16-05-2023
RSC Sostenibilidad

O presidente de Afundación Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña, subscribiron o acordo que dá continuidade á colaboración que ambas as institucións manteñen desde 2018 co fin de impulsar o desenvolvemento de actividades destinadas a aumentar a cultura financeira dos españois.

20230516-convenio-funcas-01

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.