• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e a Cámara de Comercio de Tui recadan fondos a favor do Banco de Alimentos de Vigo

  • Calquera persoa poderá participar nesta causa solidaria facendo un donativo en ABANCA que se trocará por cestas de comida no perecedoira

Descarga en alta resolución

17-07-2015
RSC

ABANCA e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Tui uníronse para lanzar unha nova acción solidaria a favor da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo. Trátase dunha campaña de recadación de fondos en 10 oficinas da entidade financeira no sur de Pontevedra que se transformarán, despois, en carros da compra cheos de comida.

Baixo o lema ‘Únete ao proxecto solidario’, entre o 20 e o 24 de xullo, os clientes de ABANCA poderán realizar donativos de 10, 20 e 25 euros que se converterán en cestas solidarias con diferentes produtos non perecedoiros. A primeira versión ofrece unha cesta con produtos básicos que inclúe aceite, leite, arroz, conservas e pasta. A segunda alternativa solidaria incrementará as cantidades doadas e engadirá botes de tomate e legumes. Por último, tamén se ofrecerá unha cesta infantil con produtos especialmente dirixidos aos máis pequenos, como leite infantil, papas de cereais, purés e galletas.

Todos aqueles interesados en realizar a súa contribución poderanse dirixir ás sucursais emprazadas nos municipios de Tui, Porriño, Salceda, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia. Porén, calquera persoa poderá realizar un ingreso na conta que o Banco de Alimentos ten aberta en ABANCA (ES47 2080 5066 7930 4002 9059). Os fondos recadados nesta campaña trocaranse por carros da compra que se entregarán públicamente á ONG.

Banco de Alimentos de Vigo

O Banco de Alimentos de Vigo, creado en 1995, axuda na actualidade a unhas 150 entidades, asociacións e ONGs da provincia, incluída a colaboración directa con SOS Baixo Miño, a través das que reparte comida a unhas 21.000 persoas. Dende a súa nave, emprazada en San Pedro de Sárdoma, saen mensualmente uns 70.000 quilos de alimentos. Durante 2014, a ONG distribuíu máis de 1,3 millóns de quilos de comida. No 2012 a Federación Española de Bancos de Alimentos foi recoñecida co Premio Príncipe de Asturias da Concordia, polo seu decisivo e solidario traballo.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA concede seis bolsas para cursar o Máster Universitario en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

23-05-2023
RSC Sostenibilidad

As axudas cobren as taxas de matrícula dos dous anos do máster (120 créditos) e inclúen a realización das prácticas curriculares en ABANCA.

ABANCA súmase ao ‘Programa Funcas Educa’ por quinto ano consecutivo

16-05-2023
RSC Sostenibilidad

O presidente de Afundación Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña, subscribiron o acordo que dá continuidade á colaboración que ambas as institucións manteñen desde 2018 co fin de impulsar o desenvolvemento de actividades destinadas a aumentar a cultura financeira dos españois.

20230516-convenio-funcas-01

Elementos da mediateca relacionados:

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.