• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e a Deputación de Lugo lanzan o Plan Reactivación con financiamento especial para afrontar a crise

  • A entidade financeira e o organismo provincial acordan unha liña de créditos brandos de ata 25 millóns de euros para paliar o impacto da COVID-19
  • O programa pon o foco no financiamento para necesidades de liquidez, investimentos, creación de novos negocios e impulso da dixitalización e a eficiencia enerxética do tecido produtivo e os fogares
  • A iniciativa dá continuidade ao Plan Activamos, que desde a súa creación en 2014 inxectou máis de 103 millóns de euros na provincia
20200623-reactivacion-lugo-2

De esquerda a dereita, Javier Soto, director territorial de ABANCA en Lugo; Santiago Novoa, director de Banca Institucional de ABANCA; Jose Tomé, presidente da Deputación de Lugo; Mayra García, deputada provincial de Economia, e José Antonio Maira, coordinador de Banca Institucional de ABANCA en Lugo.

Descarga en alta resolución

20200623-reactivacion-lugo1

Santiago Novoa (á esquerda) e José Tomé, durante a firma do convenio de colaboración.

Descarga en alta resolución

23-06-2020
Negocio

ABANCA e a Deputación Provincial de Lugo acordaron hoxe o lanzamento do Plan Reactivación, unha liña de financiamento de ata 25 millóns de euros en condicións vantaxosas para paliar o impacto da crise derivada da COVID-19. Con este programa, ambas as entidades adaptan á nova situación o Plan Activamos, a iniciativa financeira aplicada desde 2014 por ambas as entidades para impulsar o desenvolvemento socioeconómico da provincia a través da concesión de créditos brandos ao tecido produtivo, familias e corporacións locais.

Os termos do Plan Reactivación detállanse nun convenio de colaboración subscrito esta mañá no Pazo de San Marcos entre o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa García, nun acto no que tamén participou o director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto. Neste protocolo inclúense diferentes opcións de financiamento en condicións melloradas respecto ao mercado, entre as que destacan créditos ao tecido empresarial para atender necesidades de liquidez e investimentos e préstamos para apoiar a dixitalización dos fogares.

O director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, explicou que “este novo acordo estratéxico coa Deputación de Lugo permítenos reforzar o noso compromiso de apoio ao tecido socioeconómico da provincia mediante a concesión de financiamento en condicións moi vantaxosas e moi accesibles”. “Para as pemes e autónomos, que están particularmente afectados pola crise sanitaria, esta oferta de créditos brandos permitiralles atender necesidades urxentes de financiamento ou mellorar as súas capacidades tecnolóxicas ou dixitais, entre outras posibilidades”, subliñou.

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, destacou que a colaboración co Plan Reactivación de ABANCA forma parte do “compromiso que vén demostrando a institución provincial co impulso de medidas, ben sexa con recursos propios, ben en colaboración con outras entidades públicas ou privadas, que contribúan a saír da crise do coronavirus o máis rápido e da mellor maneira posible”.

Así mesmo, Tomé Roca manifestou que os contactos mantidos durante todo este tempo por parte da Deputación de Lugo cos axentes sociais e económicos, así como coa sociedade civil, coinciden dunha maneira unánime na aposta polo traballo conxunto como mellor opción para superar a crise e incentivar a recuperación da economía. O mandatario provincial afirmou que “estamos sempre abertos a impulsar, non só o diálogo e a cooperación entre as distintas administracións públicas, senón a apostar polas fórmulas de colaboración público-privada”. Ademais, engadiu que “nestes momentos é moi importante facilitar a circulación de crédito, axudar a que o crédito chegue ás familias, aos autónomos e ás pequenas e medianas empresas, a verdadeira columna vertebral da nosa economía, por iso, na Deputación de Lugo consideramos necesario e moi positivo renovar este convenio de colaboración con ABANCA, que levamos asinando desde o ano 2014”.

Financiamento accesible e vantaxoso

Unha das claves do Plan Reactivación Lugo é a facilitade do acceso ao crédito, o que se traduce en baixos tipos de xuro, ausencia de comisións por estudo, amortización ou cancelación anticipada, amplos prazos de amortización e posibilidade de acollerse a períodos de carencia en determinados casos.

No caso de pemes e autónomos, o plan presta especial atención ao financiamento a curto prazo. Estes colectivos teñen á súa disposición dúas pólizas de crédito, unha delas de carácter especial destinada á cobertura das necesidades de circulante derivadas da crise da COVID-19. Ademais, poderán optar a créditos preferentes para a creación de novos negocios e desenvolvemento de novos investimentos, así como para acometer actuacións de mellora da eficiencia enerxética e dixitalización das súas instalacións.

Para as familias, o Plan Reactivación Lugo pon o foco en créditos especiais para a adquisición de equipamento tecnolóxico e servizos de conexión de banda ancha, co obxectivo de mellorar as capacidades dixitais dos fogares e facilitar o teletraballo ou a educación a distancia. Ademais, a oferta financeira incorpora préstamos vantaxosos para actuacións orientadas á eficiencia enerxética, incorporación de enerxías renovables e mellora da accesibilidade das vivendas, así como financiamento para obras de rehabilitación de vivendas en núcleos rurais ou centros históricos da provincia lucense.

Finalmente, as corporacións locais de Lugo poderán acceder a financiamento especial para a realización de investimentos, circulante, avais e confirming (servizo de xestión de pagos que ofrece aos provedores a posibilidade de cobrar de forma anticipada as súas facturas).

Máis de 103 millóns de euros desde 2014

Desde a súa creación en 2014, baixo a denominación de Plan Activamos Lugo, esta iniciativa conxunta entre ABANCA e a Deputación lucense inxectou 103,6 millóns de euros na provincia para apoiar a familias, autónomos, empresas e corporacións locais. En total, formalizáronse 4.110 operacións de crédito, na súa gran maioría con pemes e autónomos dos distintos ámbitos da economía lucense.

Durante o ano pasado o tecido socioeconómico da provincia de Lugo recibiu financiamento por un importe de 17,3 millóns de euros. En total realizáronse 710 operacións de financiamento cun importe medio de 25.200 euros. Os principais destinatarios dos créditos concedidos foron as pemes e autónomos, e o 81% do volume financiado destinouse a atender necesidades de circulante.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.