• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e a Deputación de Pontevedra renovan o Plan Activamos cunha nova liña de crédito de 50 millóns

  • O programa de apoio financeiro suma máis de 9.500 beneficiarios, na maioría pemes e autónomos, cun volume de crédito concedido de 221,8 millóns de euros
  • O plan incorpora este ano unha nova liña para financiar proxectos de internacionalización de empresas
20190301-abanca-activamos-pontevedra

Santiago Novoa (esquerda) e Carmen Fernández, con Carlos López Font, tras a firma do convenio de colaboración.

Descarga en alta resolución

20190301-abanca-activamos-pontevedra-2

Un momento da firma do protocolo de colaboración.

Descarga en alta resolución

01-03-2019
Negocio

ABANCA e a Deputación de Pontevedra presentaron hoxe a quinta edición do Plan Activamos, que compromete unha nova liña de crédito de 50 millóns de euros para financiar a pemes, autónomos, familias e corporacións locais da provincia.

O programa, froito dun marco de colaboración conxunta entre a primeira entidade financeira galega e o organismo provincial, incorpora este ano novidades co obxectivo de seguir impulsando o desenvolvemento socioeconómico de Pontevedra a través de créditos con condicións especiais. Entre elas, destaca unha nova liña dirixida a financiar a internacionalización de pemes e autónomos da provincia, con préstamos ‘brandos’ para apoiar a entrada en novos mercados do exterior.

O deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior e Cooperación Municipal, Carlos López Font, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, rubricaron o protocolo que recolle o compromiso de financiamento para esta edición e as diferentes liñas de crédito ofertadas, durante un acto no que tamén participou a directora territorial do banco en Pontevedra, Carmen Fernández. Tras expoñer as principais novidades do programa, aproveitaron para presentar as cifras alcanzadas durante a última edición e facer balance do programa desde a súa posta en marcha en 2014.

De acordo cos datos presentados, o Plan Activamos 2018 posibilitou a inxección na provincia de 47 millóns de euros en crédito, a través dun total de 1.899 operacións. Desde o seu inicio, este programa financeiro suma en Pontevedra 221,8 millóns de euros en volume de crédito, cun total de 9.549 operacións, destinadas na súa gran maoría a financiar investimentos ou atender necesidades de tesourería de emprendedores, pemes e autónomos da provincia.

O deputado Carlos Font agradeceu a ABANCA “o seu compromiso co territorio e coa provincia” e puxo en valor “un plan que está totalmente consolidado, ben aceptado e a importancia da cifra da que estamos a falar o di absolutamente todo. Por todo isto quero recoñecer a nosa satisfacción pola firma deste convenio, pola cantidade de posibilidades que ofrece a aqueles aos que está dirixido, e por suposto facer un recoñecemento á labor de ABANCA”. Font subliñou que o máis relevante do Plan é que “esta firma vai a reverter en aqueles que máis o necesitan: familias, empresas e corporacións locais”, e destacou o apoio á formación “porque é evidente que debemos de envorcar moitos dos nosos obxectivos en que teñamos unhas xeracións cada vez máis preparadas”. O deputado, que tamén enxalzou a nova aposta polo emprendemento, valorou moi positivamente o apoio á internacionalización, “e tamén á liña de axudas destinada a cooperativas e confrarías, un sector no que nós como Deputación estamos involucrados porque cremos que dentro do que é a economía do sector primario na provincia iso ten moita importancia”.

O director de Banca Institucional de ABANCA agradeceu a implicación da Deputación nesta iniciativa financeira, “afianzada como unha ferramenta de financiamento clave para o tecido produtivo pontevedrés, que recibiu máis do 95% do volume total de crédito concedido”. “É un programa de apoio financeiro consolidado e dinámico, que crece e se adapta ano a ano para dar resposta ás demandas dos pontevedreses ou da contorna”, subliñou Santiago Novoa.

Pola súa banda, Carmen Fernández resaltou que os créditos ofertados a través do Plan Activamos “contan cunhas condicións moi vantaxosas, con tipos de xuro baixos, flexibilidade no pago e sen comisiones de estudo, amortización ou cancelación anticipada”. “Son condicións moi favorables co propósito principal de mellorar a competividade das pequenas empresas e autónomos da provincia e de apoiar financeiramente ás familias a través de diferentes opcións de crédito”, afirmou.

Liñas de financiamento ofertadas

O Plan Activamos ten como principais destinatarios ás pemes, micropemes e autónomos da provincia. A oferta para este segmento inclúe ata seis liñas de crédito para financiar proxectos emprendedores, desenvolvemento de novos investimentos empresariais, creación de emprego, actuacións de mellora enerxética de instalacións, necesidades de circulante e, como novidade na edición deste ano, proxectos de internacionalización.

Para as familias, o plan oferta préstamos con tarifas especiais para a dotación de equipamento tecnolóxico, realización de actividades de formación, reformas no fogar para mellorar a accesibilidade ou a eficiencia enerxética, adquisición de vehículos eficientes e rehabilitación de vivendas unifamiliares en poboacións do rural pontevedrés.

Por último, as corporacións locais poden optar a préstamos para acometer pequenos investimentos nos seus municipios ou atender necesidades de tesourería, entre outras liñas dispoñibles.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.