• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e a Deputación de Pontevedra renovan o Plan Activamos, que achegou xa 180 millóns en crédito á provincia

  • No último ano formalizáronse ao amparo deste plan máis de 1.800 préstamos, por un importe global de 43,7 millóns de euros
20180319-abanca-activamos-pontevedra

O director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; e a directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández.

Descarga en alta resolución

19-03-2018
Negocio

A Deputación de Pontevedra e ABANCA renovaron esta mañá o Plan Activamos cunha nova liña de crédito de 50 millóns de euros destinada a financiar, en condicións melloradas respecto ao mercado, a pemes, autónomos, familias e corporacións locais da provincia.

El programa financeiro inicia a súa cuarta edición consolidado como unha ferramenta clave na inxección de crédito ao tecido produtivo pontevedrés. Nos seus tres anos e medio de vixencia, este plan permitiu impulsar o desenvolvemento socioeconómico da provincia con 180,9 millóns de euros. En total, formalizáronse ata a data 7.895 operacións de crédito, na súa gran maioría para financiar investimentos ou atender necesidades de tesourería de emprendedores, pemes e autónomos da provincia. No último ano, no marco deste programa pecháronse 1.810 préstamos na provincia, por un importe global de 43,7 millóns de euros.

Tras rubricar o convenio de renovación do plan, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, acompañados pola directora territorial do banco en Pontevedra, Carmen Fernández Penas, expuxeron as principais cifras alcanzadas e as distintas modalidades do programa financeiro, que nesta NPVA edición incorpora como novidades o incremento de 100.000 a 200.000 euros do importe financiable e o aumento dos prazos de amortización ata os 10 anos nos préstamos a pemes e autónomos.

A presidenta Carmela Silva, manifestou a súa satisfacción “porque Pontevedra é a provincia que lidera o número de operacións que supoñen o 40% de todas as que se levan a cabo en Galicia. A nosa provincia estase a impulsar, sinalou, volvemos estar en situacións de crecemento. Hai dinamismo, proxectos e ideas que precisan financiamento”. De feito, nos dous últimos anos ABANCA concedeu máis de 100 millóns de euros, en 2016 máis de 56 millóns e en 2017 preto de 44 millóns. “Se temos en conta os datos de 2014 e 2015, dixo a presidenta, os do 2016 e 2017 son moi relevantes: un 25% máis nos importes e un 33% máis de operacións”.

A presidenta felicitou a ABANCA polas novidades de este ano e destacou especialmente os préstamos para a rehabilitación de vivendas no medio rural “porque temos un gran compromiso para manter a poboación e para iso a vivenda é un dos instrumentos fundamentais. Con estes recursos, dixo Carmela Silva, ABANCA apoia que poida haber calidade de vida neste entorno para manter a poboación, para coidar o medio ambiente, evitar os lumes e que quen vivimos nas urbes teñamos a seguridade de que se mantén o noso patrimonio ambiental”.

Pola súa banda, o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, afirmou que “esta alianza estratéxica coa Deputación de Pontevedra vai permitir seguir contribuíndo ao progreso socioeconómico da provincia a través da achega de crédito en condicións vantaxosas”. “Non é un plan dun só ano, senón unha oferta de crédito tanxible, de continuidade e sostida no tempo para atender necesidades de financiamento e facer realidades proxectos das empresas e familias”, sentenciou.

Na mesma liña, Carmen Fernández explicou que “en todos os casos, trátase de crédito flexible e en condicións especiais, a baixo tipo de xuro, sen comisións de estudo, amortización nin cancelación e tamén con carencias nalgunhas modalidades”. “É un programa que contribúe de maneira decidida á mellora competitiva da provincia, pois máis do 98% do crédito destinouse a pemes e autónomos”, subliñou a directora territorial de ABANCA en Pontevedra.

Apoio ao tecido empresarial

As pemes, micropemes e autónomos son os principais beneficiarios do Plan Activamos. O programa oferta para este segmento crédito para a posta en marcha de proxectos emprendedores, desenvolvemento de novos investimentos empresariais, creación de emprego, actuacións de mellora enerxética nos negocios e cobre tamén necesidades de circulante.

Para as familias, esta iniciativa de financiamento oferta préstamos para a dotación de equipamento tecnolóxico, realización de actividades de formación, reformas no fogar que contribúan á mellora da accesibilidade ou a eficiencia enerxética, adquisición de vehículos eficientes e rehabilitación de vivendas unifamiliares en poboacións do rural.

Finalmente, as corporacións locais poden optar no marco deste programa a préstamos para acometer pequenos investimentos municipais e atender necesidades de tesourería, sen esquecer que teñen á súa disposición avales e liñas de confirming con tarifas especiais.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.