• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e a Deputación renovan o seu plan de crédito a pemes e familias de Ourense, que xa aportou 54 millóns ao tecido produtivo provincial

  • A nova edición do Plan Activamos-Transforma Ourense mantén o impulso ao desenvolvemento económico e social con produtos de financiamento adaptados
  • O programa de crédito en condicións vantaxosas cumpre dous anos con case 1.800 empresas e particulares ourensáns como beneficiarios
  • Desde a súa creación financiou con 54,1 millóns a posta en marcha de proxectos, a contratación de traballadores ou a realización de reformas, entre outros
20170202-abanca-plan-activamos-ourense

Rubén Saavedra, Manuel Baltar e Santiago Novoa durante o acto.

Descarga en alta resolución

20170202-abanca-plan-activamos-ourense-2

Rubén Saavedra, Manuel Baltar e Santiago Novoa durante a sinatura.

Descarga en alta resolución

20170202-abanca-plan-activamos-ourense-3

Rubén Saavedra presenta as cifras do Plan Activamos.

Descarga en alta resolución

02-02-2017
Negocio

ABANCA e a Deputación de Ourense renovaron hoxe o Plan Activamos-Transforma Ourense, a súa proposta de financiamento para a provincia. Esta iniciativa lanzada de maneira conxunta polas dúas institucións cumpre dous anos e mantén a intensidade para seguir achegando crédito a pemes, autónomos, familias e corporacións locais co obxectivo de impulsar o desenvolvemento económico e social.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa; e o director territorial do banco en Ourense, Rubén Saavedra, expuxeron ante unha vintena de destacados empresarios da provincia as principais liñas do plan e as novidades que incorpora este ano. A continuación, Manuel Baltar e Santiago Novoa rubricaron o novo convenio de colaboración que reforza a alianza estratéxica entre ambas as dúas entidades a favor do progreso socioeconómico de Ourense.

Adaptado ás necesidades de familias e empresas

Ademais da redución de prezos, as liñas de financiamento contan con outras condiciones moi vantaxosas: tipos de xuros sen bandas de flutuación, cero comisións de estudo, amortización ou cancelación anticipada; amplos prazos de amortización e posibilidade de carencia en aquelas modalidades nas que o cliente necesita un prazo para situarse en condicións de xerar ingresos.

O Plan Activamos-Transforma Ourense financia a pemes e autónomos na posta en marcha de proxectos emprendedores, desenvolvemento de novos investimentos, creación de emprego, actuacións de mellora enerxética nos seus negocios e tamén cubre necesidades de circulante. Para as familias, ABANCA oferta a través deste programa de financiamento préstamos para a dotación de equipamento tecnolóxico, realización de actividades de formación, reformas no fogar que contribúan á mellora da accesibilidade ou a eficiencia enerxética, e adquisición de vehículos eficientes. Finalmente, as corporacións locais poden optar no marco deste programa a préstamos para acometer pequenos investimentos municipais e necesidades de tesouraría, sen esquecer que teñen á súa disposición tamén avais e liñas de confirming con tarifas especiais.

Durante a presentación do plan, Manuel Baltar destacou “a importancia da alianza permanente que a Deputación mantén con ABANCA e que permitiu poñer en marcha numerosas iniciativas, entre elas o Plan Activamos-Transforma Ourense ou a Tarxeta Chegou”. “Este convenio que hoxe renovamos pon a disposición da provincia, das súas familias, autónomos e corporacións locais, unha importante suma de diñeiro que vai permitir dinamizar económicamente o noso territorio e os proxectos das personas que vivimos nel, tal e como fixo nas anualidades anteriores”, indicou o presidente da Deputación.

Pola súa parte, Santiago Novoa resaltou o alcance que este programa de apoio financeiro ten no tecido económico e social da provincia, e agradeceu a colaboración que está prestando a Deputación de Ourense. O directivo de ABANCA sinalou que “o Plan Activamos-Transforma Ourense é para nós unha relación de compromiso estable coa provincia. Non era un plan dun só ano, senón unha proposta de crédito tanxible, de continuidade e sustentable no tempo para poñer en marcha os proxectos das empresas e familias de Ourense” “Estes dous anos foron exemplo de inclusión financeira, de apoio ao emprendemento e de sensibilidade coa nosa xente”, engadiu Novoa.

Apoio ao tecido empresarial

O balance do Plan Activamos-Transforma Ourense desde a súa creación é positivo e permitiu a formalización de 1.761 operacións de crédito na provincia, cun importe global de 54,1 millóns de euros. Pemes, micropemes, comerciantes e autónomos foron os principais beneficiarios do programa, ao concentrar o 95,3% das operacións e o 92,6% do financiamento concedido na provincia. En cifras totais, o Plan Activamos-Transforma Ourense apoiou con crédito a 1.678 pequenas empresas e autónomos, que recibiron no seu conxunto 50,1 millóns de euros.

“O compromiso de ABANCA con Ourense é total e o Plan Activamos é unha mostra máis. Os máis de 54 millones que este programa achegou á provincia permitiron a posta en marcha de novos proxectos empresariais e o crecemento doutros: en definitiva, estamos contribuíndo a formar un tecido produtivo máis competitivo que garantice o noso futuro”, explicou Rubén Saavedra. O plan tamén favoreceu, a través do financiamento, a posta en marcha de 177 proxectos de emprendedores y facilitou a 639 empresas da provincia o desenvolvemento de novos investimentos. O importe medio do financiamento a pemes e autónomos foi de 29.857 euros.

As liñas de financiamento para familias do Plan Activamos-Transforma Ourense permitiron a inxección de cerca de 700.000 euros en crédito na provincia. As familias ourensás aproveitaron as boas condicións deste programa de créditos, principalmente, para financiar pequenas obras de mellora enerxética no fogar e actividades de formación. O importe medio destes préstamos foi de 11.475 euros.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.