• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e a Federación Galega de Comercio propóñense impulsar o comercio local coa renovación do seu convenio

  • O banco con sede en Galicia e a organización reforzan vínculos para atender as necesidades do comercio de proximidade na comunidade, de financiamento e de produtos para competir coas grandes superficies
  • As dúas entidades seguen colaborando coa campaña “As compras na túa vila teñen premio”, que xa se celebrou este ano en Monforte e Melide
20160525-abanca-convenio-fgc-2

El presidente de la Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, y el director de Red Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, durante la firma del convenio.

Descarga en alta resolución

20160525-abanca-convenio-fgc

El presidente de la Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, y el director de Red Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, durante la firma del convenio.

Descarga en alta resolución

25-05-2016
Negocio

ABANCA e a Federación Galega de Comercio (FGC) asinaron hoxe a renovación do seu convenio de colaboración. Un vínculo histórico que pon como obxectivo primordial o acceso ao crédito dos autónomos e pemes e demostra a aposta da entidade financeira por un colectivo imprescindible na economía galega.

O director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, rubricaron en Compostela un acordo que inviste no tecido empresarial e produtivo de Galicia.

O novo texto, que prolonga a colaboración e introduce melloras, mantén a aposta decidida das dúas entidades polo comercio minorista a través do crédito. Os autónomos e pemes asociados á FGC accederán a un catálogo personalizado de produtos que inclúe, entre outros, opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto.

A oferta financeira complétase coas alternativas do Plan Activamos, asinado por ABANCA coas catro deputacións galegas, e que serve para a posta en marcha de novos negocios, a creación de emprego, o investimento en activos fixos, a mellora da eficiencia enerxética ou o financiamento do circulante. Os comerciantes poderán acceder ao financiamento oficial do ICO ou do Igape e tamén aos produtos das SGR galegas.

ABANCA tamén pon a disposición da Federación Galega de Comercio opcións para fraccionar o pagamento e poder competir en igualdade coas grandes superficies. A través do novo APRAZOS permítese simplificar e axilizar o financiamento instantáneo no punto de venda de produtos e servizos, con prazos de entre 3 e 36 meses, segundo as necesidades.

O convenio asinado tamén inclúe as vantaxes do Programa Cero Comisións posto en marcha pola entidade financeira e dirixido a particulares, autónomos e pemes. Deste xeito, os asociados deixarán de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

Nova edición de “As compras na túa vila teñen premio”

Un dos fitos máis importantes desta colaboración é a campaña “As compras na túa vila teñen premio”, cunha importante repercusión nas localidades galegas onde se celebra. Esta iniciativa, que vai xa pola súa novena edición, busca dinamizar as vendas no comercio retallista e premiar a fidelidade dos clientes. Así, durante as dúas semanas de duración da campaña, se reparten boletos para participar nun sorteo que se celebra o último día dentro dun acto final que inclúe tamén actuacións para os máis cativos, converténdose nunha gran festa do comercio da vila.

As dúas primeiras citas deste ano foron en Monforte (Lugo) e Melide (A Coruña) e proximamente chegará ás provincias de Pontevedra e Ourense. Entre as dúas localidades repartíronse 8.000 euros en tarxetas agasallo que se deben reinvestir en mercar en comercios locais, despois de contar con preto de 40.000 participacións.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA habilita financiamento por importe de 375 millóns para as áreas empresariais da contorna da Coruña

30-03-2023
Negocio

A entidade abre unha nova liña de crédito adicional, en condicións preferentes, para financiar investimentos na industria coruñesa e apoiar a modernización e competitividade do seu tecido produtivo.

20230329-abanca-poligonos

ABANCA e as principais organizacións agrarias de León renovan a súa colaboración con estratexias para reactivar o sector

27-03-2023
Negocio

ABANCA segue reforzando o seu compromiso co sector primario leonés e traza, un ano máis, unha estratexia en común con ASAJA León, UCALE-COAG León, UCCL León e UGAL-UPA León para reactivar o sector e responder aos seus desafíos

20230327-abanca-convenios-leon-asaja-01

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)