• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e a Fundación Semana Verde renovan a súa colaboración por catro anos máis

  • O banco consolida o seu compromiso co sector primario galego e aportará un total de 600.000 euros á fundación durante a vixencia do convenio
  • A entidade financeira seguirá apoiando o recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA e as principais citas do sector agrario que acolle, entre elas ABANCA Semana Verde
20180531-abanca-semana-verde

O vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente da Fundación Semana Verde, Alfonso Rueda; o presidente de honra de ABANCA, Javier Etcheverría de la Muela; e o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro; durante a sinatura.

Descarga en alta resolución

20180531-abanca-semana-verde-3

O vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente da Fundación Semana Verde, Alfonso Rueda, xunto ao presidente de honra de ABANCA, Javier Etcheverría de la Muela, despois da sinatura.

Descarga en alta resolución

20180531-abanca-semana-verde-2

O director xeral da Fundación Semana Verde, Ricardo Durán; o vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente da Fundación Semana Verde, Alfonso Rueda; o presidente de honra de ABANCA, Javier Etcheverría de la Muela; e o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro; durante a sinatura.

Descarga en alta resolución

31-05-2018
Corporativo

O presidente de honra de ABANCA, Javier Etcheverría de la Muela, e o vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente da Fundación Semana Verde, Alfonso Rueda, renovaron hoxe na Feira Internacional de Galicia ABANCA en Silleda (Pontevedra) o convenio de colaboración que une a ambas as dúas entidades. O acto contou tamén coa participación do director de ABANCA Agro, Jesús Combarro, e do director xeral da Fundación Semana Verde, Ricardo Durán; e coa asistencia de numerosos representantes do sector.

Esta renovación é un novo paso na senda de traballo conxunto iniciado polas dúas entidades en 2015. Co novo protocolo, ABANCA e a Fundación Semana Verde prorrogan ata 2022 o seu impulso ao recinto feiral e aos eventos que acolle. O banco aportará 150.000 euros máis IVE por cada un dos catro anos que contempla o contrato e consolida así o seu compromiso co sector primario galego.

O texto rubricado permite á entidade financeira seguir contando cun papel protagonista en eventos tan relevantes para o mundo agro como ABANCA Semana Verde, Fecap ABANCA, Salimat ABANCA, Galiforest ABANCA e ABANCA Cimag-GandAgro. O banco tamén manterá unha presenza relevante noutras feiras que se organizan no recinto de Silleda como Turexpo Galicia, Equina ou Festur; ou en eventos lúdicos xa consolidados como Xuventude Galicia Net, Silleda Park ou Spring Festival, entre outros. De igual xeito, o convenio tamén contempla un apoio e unha ampla posición de marca nos espazos Feira Internacional de Galicia ABANCA e Central Agropecuaria de Galicia ABANCA. En definitiva, un apoio integral ao sector e a un segmento clave para a economía produtiva de Galicia.

A presentación desta nova firma chega xusto uns días antes do inicio da feira ABANCA Semana Verde, o gran encontro do sector primario. A 41º edición deste certame terá lugar entre o 7 e o 10 de xuño e incluirá decenas de actividades para dar a coñecer as principais novidades entre particulares e profesionais.

Foi precisamente este o marco escollido hai tres anos pola súa transcendencia para lanzar a unidade especializada do banco para o sector agrario e gandeiro, ABANCA Agro. Desde entón, esta división permitiu a ABANCA un crecemento baseado nun maior coñecemento das necesidades dos clientes, un catálogo de produtos adaptado e unha atención máis especializada.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA busca proxectos innovadores para a oitava edición do seu Programa para Startups

10-05-2023
Corporativo

A convocatoria permanecerá aberta ata o 14 de xuño na web de ABANCA Innova.

20230510-abanca-innova-2

Publicada a entrega 24 do Observatorio ABANCA

25-04-2023
Corporativo

A vixesimocuarta entrega do Observatorio ABANCA analiza o periodo ata o 25 de abril de 2023.

20230425-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.