• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e a Sinfónica de Galicia involucran a colectivos vulnerables nun proxecto social

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, o presidente, Javier Etcheverría, o director xeral de Responabilidade Social Corporativa e Comunicación, Miguel Ángel Escotet, e a directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA, Tatiana Suárez, visitaron o proxecto social ABANCA ReSuena.

Descarga en alta resolución

10-02-2015
RSC

O presidente de ABANCA, Javier Etcheverría, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, o director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet e o alcalde da Coruña e presidente do Consorcio para a promoción da música, Carlos Negreira visitaron esta tarde no Centro Cívico de Montealto aos nenos e mozos que participan no proxecto social ABANCA ReSuena.

O proxecto ReSuena, ao que agora se suma ABANCA, foi concibido pola Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) na temporada 2012-2013 e materializouse en 2014. Baseado nun modelo ético, pedagóxico, ocupacional e artístico, ten como obxectivo principal a reinserción social da infancia e da xuventude en situación de risco e exclusión. Desde os seus inicios puxo o acento en ofrecer unha nova dimensión social da actividade educativa musical.

A iniciativa involucra a colectivos de nenos e mozos da Coruña que tanto polas súas características étnicas, como pola súa situación socioeconómica, atópanse en situación de vulnerabilidade. ABANCA ReSuena bríndalles a oportunidade de participar e ser protagonistas dun proxecto inclusivo. “Para ABANCA é unha oportunidade única colaborar con este tipo de proxectos, innovadores e integradores, que permiten dar unha nova oportunidade a colectivos vulnerables, grazas á educación e a música”, indicou Miguel Ángel Escotet.

Os organizadores destacan as sensacións recibidas por parte dos alumnos e pais e inciden en que o programa atende necesidades que, doutro xeito, non terían unha oportunidade. En moi pouco tempo logrou resultados sorprendentes en nenos e mozos que atopan na música un refuxio a problemáticas como o absentismo e alto nivel de fracaso escolar, o escaso desenvolvemento de habilidades sociais, a estigmatización, os problemas de comportamento, falta de atención e motivación… Nun futuro, está previsto que ABANCA ReSuena se estenda a outros barrios da cidade e, nunha segunda fase, poderíase ampliar coa creación de núcleos de acción a outras cidades de Galicia.

Una orquestra singular

ABANCA ReSuena é un proxecto innovador no que participan máis de 70 nenos e mozos e xa presenta unha importante lista de espera. Os docentes que participan nesta iniciativa imparten ata 12 horas lectivas á semana, en horario vespertino de luns a xoves no Centro Cívico de Montealto.

Neste momento estase poñendo especial énfase en reforzar a tarefa docente, pero nos próximos meses haberá concertos públicos para mostrar os resultados dos alumnos. A OSG destaca pola súa implicación social e a súa importante vertente pedagóxica. Como institución, contan cunha longa traxectoria de concertos solidarios por toda Galicia en hospitais, residencias da terceira idade ou centros de menores, entre outros.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA concede seis bolsas para cursar o Máster Universitario en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

23-05-2023
RSC Sostenibilidad

As axudas cobren as taxas de matrícula dos dous anos do máster (120 créditos) e inclúen a realización das prácticas curriculares en ABANCA.

ABANCA súmase ao ‘Programa Funcas Educa’ por quinto ano consecutivo

16-05-2023
RSC Sostenibilidad

O presidente de Afundación Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña, subscribiron o acordo que dá continuidade á colaboración que ambas as institucións manteñen desde 2018 co fin de impulsar o desenvolvemento de actividades destinadas a aumentar a cultura financeira dos españois.

20230516-convenio-funcas-01

Elementos da mediateca relacionados:

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.