• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e a Uvigo achéganse á realidade do emprendemento na Eurorrexión co II Campus ABANCA

  • A entidade financeira reedita nas Lagoas unha proposta divulgativa que persegue fomentar desde a universidade unha cultura emprendedora e innovadora
  • O foro contará cunha conferencia a cargo de Adolfo Fernández, responsable de negocio para España e Portugal de Google, e incluirá diversas mesas redondas con emprendedores e sesións de presentación de proxectos
  • O evento enmárcase dentro do V Encontro Internacional de Xoves Emprendedores, conmemorando o 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia
20180319-abanca-campus

Descarga en alta resolución

19-03-2018
RSC

ABANCA e a Universidade de Vigo celebrarán os vindeiros 22 e 23 de marzo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo a segunda edición do Campus ABANCA. O evento divulgativo enmárcase dentro do V Encontro Internacional de Xoves Emprendedores organizado pola entidade académica, que precisamente este ano forma parte das propostas para conmemorar o 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia.

O II Campus ABANCA, que forma parte do programa de educación financeira de Obra Social ABANCA, está encamiñado a fomentar o espírito emprendedor entre os estudantes universitarios de Galicia e do norte de Portugal. A través dunha visión práctica e didáctica, o foro buscará reflexionar sobre os retos da innovación, así como as oportunidades profesionais que se abren para os universitarios ou os graduados más recentes nos novos sectores. Espérase que asistan ao redor de 350 alumnos e ex alumnos das facultades da Coruña, Santiago, Vigo, Bragança, Viana do Castelo e Braga.

A programación arrancará o 22 de marzo ás 10 horas no Campus das Lagoas cun acto institucional no salón de actos da facultade no que participarán Santiago Novoa, director de Banca Institucional de ABANCA; Cecilia Vázquez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Abel Caballero, alcalde de Vigo; J. Manuel García, vicerreitor de Economía e Planificación da Universidade de Vigo; Santiago Gómez; decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo; e Carlos Rodrigues, vicepresidente do Instituto Politécnico de Viana do Castelo.

Experiencia e competición

Tras a inauguración, o II Campus ABANCA contará cunha conferencia de Adolfo Fernández, responsable de negocio para España e Portugal de Google. Fernández encárgase desde 2015 de asesorar a pemes e multinacionais para que inicien a súa expansión a través da rede da man de Google. Este mozo nado en Boiro (A Coruña) recalou na multinacional californiana tras ter coñecido o mundo do emprendemento cunha start up en Galicia.

A parte máis técnica desta segunda edición do foro chegará o propio xoves ás 11.30 horas coa primeira das mesas redondas previstas, na que cinco emprendedores reflexionarán sobre o éxito no lanzamento de proxectos innovadores. Baixo o título “Experiencias de éxito no emprendemento”, Carlota Sánchez-Montaña de IESIDE moderará un debate no que participarán Débora Franco (cofundadora e directora de Monet Tecnología), Gonzalo Camiña (CEO de OpSeeker), Guillermo López (CEO e cofundador de Torusware), Águeda Comesaña (responsable de comercio electrónico e cofundadora de Sal y Laurel) e Julio Portela (fundador de Green Way).

A segunda mesa terá lugar na xornada do 23 de marzo ás 10 horas e levará por título “Innovación, financiamento e emprendimento”. Coa moderación de Lalo García (fundador de Conector Galicia), os participantes contarán as súas experiencias na xestión da innovación corporativa e a obtención de financiamento. Tomarán partido Rubén Ferreiro (presidente de VIKO e business angel en Lanai), Yolanda Falcón (xerente de investimento de Unirisco) e Andrés Fernández (Redinvest).

Ademais da vertente puramente formativa, o II Campus ABANCA tamén contará nesta edición cunha competición na que os asistentes poderán expoñer os seus proxectos empresariais. En diversas sesións paralelas de presentación seleccionaranse as mellores ideas, que serán recoñecidas no peche do campus. Todo iso co obxectivo de contribuír a poñer en práctica os contidos do foro e permitir que os estudantes participantes teñan un primeiro contacto real co ecosistema do emprendemento.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA concede seis bolsas para cursar o Máster Universitario en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

23-05-2023
RSC Sostenibilidad

As axudas cobren as taxas de matrícula dos dous anos do máster (120 créditos) e inclúen a realización das prácticas curriculares en ABANCA.

ABANCA súmase ao ‘Programa Funcas Educa’ por quinto ano consecutivo

16-05-2023
RSC Sostenibilidad

O presidente de Afundación Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña, subscribiron o acordo que dá continuidade á colaboración que ambas as institucións manteñen desde 2018 co fin de impulsar o desenvolvemento de actividades destinadas a aumentar a cultura financeira dos españois.

20230516-convenio-funcas-01

Elementos da mediateca relacionados:

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.