ABANCA e Afundación entregan a Cáritas, Cruz Roja e Aldeas Infantiles máis de 4.900 xoguetes
- A Obra Social ABANCA habilitou locais na Coruña, Vigo e Ourense para recoller as doazóns das persoas que quixeron colaborar con esta acción solidaria
- Un total de 175 empregados e empregadas do banco e Afundación e usuarios do Espazo +60 de Ourense participaron como voluntarios atendendo os locais e organizando os xoguetes recibidos
- O banco comprou varios lotes de agasallos adicionais para poder chegar con esta iniciativa a un maior número de localidades
![20191226-entrega-juguetes-coruna 20191226-entrega-juguetes-coruna](/img/internas/20191226-entrega-juguetes-coruna-5d0dee09.jpg)
Acto de entrega na Coruña. O director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet (primeiro pola dereita), e a directora de zona Coruña OP de ABANCA, Mónica Buño (segunda pola esquerda), xunto cos representantes de Cáritas.
![20191226-entrega-vigo 20191226-entrega-vigo](/img/internas/20191226-entrega-vigo-938599a7.jpg)
Acto de entrega en Vigo. De esquerda a dereita, Carlos Saco, empregado de ABANCA que participou como voluntario na campaña; Walter Álvarez, director territorial de ABANCA en Vigo; Pilar Alves, coordinadora xeral de RSC e Institucional da Obra Social ABANCA, e Fernando Ferro, membro de Aldeas Infantiles.
![20191226-entrega-juguetes-ferrol 20191226-entrega-juguetes-ferrol](/img/internas/20191226-entrega-juguetes-ferrol-ec5aaa60.jpg)
Acto de entrega en Ferrol.
![20191226-entrega-juguetes-lugo 20191226-entrega-juguetes-lugo](/img/internas/20191226-entrega-juguetes-lugo-cc1dadb6.jpg)
Acto de entrega cto en Lugo.
![20191226-entrega-juguetes-pontevedra 20191226-entrega-juguetes-pontevedra](/img/internas/20191226-entrega-juguetes-pontevedra-92a49567.jpg)
Acto de entrega en Pontevedra.
![20191226-entrega-juguetes-leon 20191226-entrega-juguetes-leon](/img/internas/20191226-entrega-juguetes-leon-c8344876.jpg)
Acto de entrega en León.
![20191226-entrega-juguetes-oviedo 20191226-entrega-juguetes-oviedo](/img/internas/20191226-entrega-juguetes-oviedo-2eb6ae64.jpg)
Acto de entrega en Oviedo.
![20191226-entrega-juguetes-ourense 20191226-entrega-juguetes-ourense](/img/internas/20191226-entrega-juguetes-ourense-bdb3f9e8.jpg)
Acto de entrega en Ourense.
![20191226-entrega-juguetes-ponferrada 20191226-entrega-juguetes-ponferrada](/img/internas/20191226-entrega-juguetes-ponferrada-5ffe55f3.jpg)
Acto de entrega en Ponferrada.
![20191226-entrega-juguetes-santiago 20191226-entrega-juguetes-santiago](/img/internas/20191226-entrega-juguetes-santiago-6975f11d.jpg)
Acto de entrega en Santiago.
ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, entregaron este xoves un lote de 4.903 xoguetes a Cáritas, Cruz Roja e Aldeas Infantiles para que estas organizacións poidan distribuílos entre as familias máis desfavorecidas da Coruña, Santiago, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, León, Ponferrada e Oviedo.
Estes agasallos foron obtidos grazas ás accións solidarias postas en marcha polo banco e Afundación no marco da campaña ‘A ilusión crece cando se comparte’, que ten como obxectivo que o próximo Día de Reis non haxa ningún neno nin nena sen un xoguete novo.
Os xoguetes proceden das doazóns realizadas por empregados e empregadas do banco e Afundación, clientes e outros cidadáns nos locais habilitados con este fin na Coruña, Vigo e Ourense, así como dunha compra adicional realizada por ABANCA e Afundación para poder chegar con esta iniciativa solidaria a un maior número de localidades.
O banco tamén habilitou un número de conta solidario para que todas aquelas persoas que querían colaborar coa iniciativa e non tiñan preto un local no que entregar xoguetes puidesen facelo. Todo o diñeiro recadado por esta vía tamén se destinou a comprar agasallos que irán parar a mans de nenas e nenos de familias vulnerables este Nadal.
Cáritas encargarase de realizar a distribución destes xoguetes na Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra e Ourense, mentres que Cruz Roja fará o reparto en Lugo, León, Ponferrada e Oviedo, e Aldeas Infantiles entregaraos aos fogares que máis o necesitan de Vigo.
Voluntariado corporativo ABANCA
Para que a campaña solidaria funcionase correctamente, os locais habilitados por ABANCA e Afundación foron atendidos por 175 empregados e empregadas que participan no programa de voluntariado da entidade. Entre outras tarefas, os profesionais do banco e a súa Obra Social encargáronse de recoller e organizar todos os xoguetes entregados nestes espazos entre o 9 e o 23 de decembro en colaboración con voluntarios de Cáritas, Aldeas Infantiles e socios do Espazo +60 de Ourense.