ABANCA e Afundación entregan a entidades sociais máis de 2.300 xoguetes da súa campaña solidaria ‘Debuxar sorrisos’
- Cáritas, Cruz Vermella, Dignidad Galicia e a Fundación Madrina encargaranse de distribuír os agasallos entre familias afectadas pola crise da covid-19
- Os xoguetes contribuirán a que nenos e nenas de doce localidades de Galicia, León, Asturias, Estremadura e Madrid reciban unha sorpresa o Día de Reis
![20201229-juguetes-coruna-02 20201229-juguetes-coruna-02](/img/internas/20201229-juguetes-coruna-02-01840e9f.jpg)
A CORUÑA. Na imaxe, o director xerente de Afundación, Pedro Otero, a directora de Cáritas, Pilar Farjas, e o director territorial de ABANCA na Coruña, Gerardo Fuertes.
![20201229-entrega-juguetes-vigo 20201229-entrega-juguetes-vigo](/img/internas/20201229-entrega-juguetes-vigo-6e6d747f.jpg)
VIGO
![20201229-entrega-juguetes-lugo 20201229-entrega-juguetes-lugo](/img/internas/20201229-entrega-juguetes-lugo-35884080.jpg)
LUGO
![20201229-entrega-juguetes-ourense 20201229-entrega-juguetes-ourense](/img/internas/20201229-entrega-juguetes-ourense-704cb6c0.jpg)
OURENSE
![20201229-entrega-juguetes-pontevedra 20201229-entrega-juguetes-pontevedra](/img/internas/20201229-entrega-juguetes-pontevedra-0b805eaf.jpg)
PONTEVEDRA
![20201229-entrega-juguetes-ferrol 20201229-entrega-juguetes-ferrol](/img/internas/20201229-entrega-juguetes-ferrol-df5ea3c3.jpg)
FERROL
![20201229-entrega-juguetes-santiago 20201229-entrega-juguetes-santiago](/img/internas/20201229-entrega-juguetes-santiago-9f7890b7.jpg)
SANTIAGO
![20201229-entrega-juguetes-leon 20201229-entrega-juguetes-leon](/img/internas/20201229-entrega-juguetes-leon-323afa37.jpg)
LEÓN
![20201229-entrega-juguetes-ponferrada 20201229-entrega-juguetes-ponferrada](/img/internas/20201229-entrega-juguetes-ponferrada-0954d348.jpg)
PONFERRADA
![20201229-entrega-juguetes-oviedo 20201229-entrega-juguetes-oviedo](/img/internas/20201229-entrega-juguetes-oviedo-3a206ef9.jpg)
OVIEDO
![20201229-entrega-juguetes-madrid 20201229-entrega-juguetes-madrid](/img/internas/20201229-entrega-juguetes-madrid-58a2423b.jpg)
MADRID
![20201229-entrega-juguetes-extremadura 20201229-entrega-juguetes-extremadura](/img/internas/20201229-entrega-juguetes-extremadura-f94b8f55.jpg)
BADAJOZ
ABANCA e Afundación entregaron esta mañá un lote de 2.334 xoguetes a Cáritas, Cruz Vermella, Asociación Dignidad Galicia e Fundación Madrina. Estas organizacións sociais encargaranse agora de repartilos entre familias que están a vivir momentos complicados de doce localidades diferentes de Galicia, León, Asturias, Estremadura e Madrid nas que o banco conta cunha presenza significativa.
Cáritas realizará a distribución dos agasallos na Coruña, Santiago, Pontevedra e Ourense, mentres que Cruz Vermella fará a repartición en Vigo, Lugo, León, Ponferrada, Oviedo e Badaxoz. En Ferrol será a Asociación Dignidad Galicia quen entregue os xoguetes aos fogares que están a atravesar dificultades e en Madrid ocuparase desta tarefa a Fundación Madrina.
Os agasallos foron adquiridos polo banco e a súa Obra Social con parte das doazóns realizadas polos seus empregados e clientes, así como por outras empresas e persoas interesadas en colaborar, no marco da campaña solidaria do Nadal ‘Debuxar sorrisos’, ás que despois se sumou unha achega institucional co obxectivo de que o maior número posible de nenos e nenas poidan recibir unha sorpresa o Día de Reis.
A outra parte das doazóns recibidas no marco da campaña solidaria destinarase á adquisición de produtos de alimentación para a Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír a paliar as necesidades básicas daquelas familias que se viron especialmente afectadas pola crise económica que provocou a pandemia da covid-19.
‘Debuxar sorrisos’ é unha das accións solidarias postas en marcha por ABANCA e Afundación este Nadal, entre as que tamén destaca o programa de apoio social ‘ Cubertos Nadal’, que inclúe a repartición de 16.500 menús para menores vulnerables e as súas familias durante o período das vacacións escolares.