• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e Afundación entregan o XL Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba a Cristina Sánchez-Andrade

  • O artigo premiado, titulado «En manos de Dios», foi publicado en La Voz de Galicia e aborda a ética de determinadas instancias do poder
  • O anuncio do fallo do xurado e o acto de entrega do galardón tiveron lugar durante un evento organizado para conmemorar o 40 aniversario do certame
  • O banco e a súa Obra Social, Afundación convocaron a nova edición do premio, que incrementa a súa dotación até os 10.000 euros
20191121-abanca-premio-julio-camba-1

De esquerda a dereita, Gervasio Posadas, director de Ámbito Cultural El Corte Inglés; Ester Uriol, directora de Comunicación Corporativa de El Corte Inglés; Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA e patrón de Afundación; Manuel de Lorenzo, finalista; Cristina Sánchez-Andradre, gañadora do premio; Marta García Aller, finalista; Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, e Pedro Otero, director xerente de Afundación.

Descarga en alta resolución

20191121-abanca-premio-julio-camba-2

A gañadora do XL Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba co director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet.

Descarga en alta resolución

21-11-2019
RSC

ABANCA e Afundación entregaron o XL Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba a Cristina Sánchez-Andradre polo seu artigo «En manos de Dios», publicado en La Voz de Galicia o 11 de maio de 2018. O fallo do xurado deuse a coñecer no marco dun acto celebrado no Círculo de Bellas Artes de Madrid co obxectivo de conmemorar o 40 aniversario do certame. Durante o evento realizouse tamén a entrega do galardón, que conta coa colaboración de Ámbito Cultural El Corte Inglés e está dotado con 6.000 euros.

O conselleiro delegado de ABANCA e patrón de Afundación, Francisco Botas, presidiu a gala, á que asistiron un nutrido grupo de xornalistas, escritores e artistas, como Xosé Hermida, Jenaro Castro, Xabier Fortes, Miguel Ángel Rodríguez, Juan Pedro Aparicio, Jesús Merino, Carmen Posadas, Eduardo Aguirre, Amancio Prada, Antón Patinho o Menchu Lamas, entre outros, que quixeron sumarse a esta homenaxe ao xornalismo literario de opinión e á figura de Julio Camba, o autor natural de Vilanova de Arousa (Pontevedra) que se converteu nun dos cronistas máis brillantes da súa época.

Durante a súa intervención, Francisco Botas sinalou que “ao longo de catro décadas de existencia, o Premio Afundación de Xornalismo permitiunos realizar un recoñecemento a un oficio que desempeña un papel fundamental na sociedade” e enmarcou o apoio de ABANCA a este certame “dentro do firme compromiso da entidade coa promoción e difusión da cultura a todos os niveis”.

O director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, foi o encargado de ler a acta do xurado, que nesta edición estivo formado polo escritor Alfredo Conde, que exerceu como presidente; a escritora Elvira Lindo; o director de Ámbito Cultural El Corte Inglés, Gervasio Posadas; o director de Comunicación e Relacións Institucionais de ABANCA, Isaac González Toribio, e o historiador, Carlos Valle, como secretario. Na súa decisión, o xurado valorou a actualidade do tema que aborda e a riqueza da linguaxe que utiliza.

Por primeira vez na historia deste galardón, o tribunal tivo que tomar unha decisión entre tres finalistas: Marta García Aller polo texto «Cuéntalo», publicado en El Independiente; Manuel de Lorenzo por «De repente, un runner», aparecido en El Progreso; e Cristina Sánchez-Andrade por «En manos de Dios», publicado en La Voz de Galicia. Este tres textos foron preseleccionados en xuño entre os 114 que se presentaron en total ao certame.

O artigo gañador, xunto cos outros dous finalistas, forma parte do libro conmemorativo que editou Afundación para celebrar o catro décadas deste certame e no que se inclúen todos os artigos distinguidos con este galardón desde a súa primeira convocatoria en 1980.

A premiada agradeceu ao xornalista Luís Pousa, de La Voz de Galicia, a oportunidade de escribir neste diario. "Eu son galega de nacemento aínda que sempre vivín en Madrid e o xornalismo foi unha maneira de conectar con Galicia", sinalou.

Cristina Sánchez-Andrade

Natural de Santiago de Compostela, Cristina Sánchez-Andrade é licenciada en Ciencias da Información e en Dereito. Desenvolveu a súa carreira profesional como escritora, crítica literaria e tradutora. As súas últimas novelas publicadas son «Las Inviernas» (Anagrama, 2014) e «Alguien bajo los párpados» (Anagrama, 2017), merecedoras de varios galardóns e traducidas a varios idiomas. Actualmente vive en Madrid, onde compaxina o seu labor como novelista coa docencia de talleres de Escritura Creativa e colaboracións en distintos medios, entre eles La Voz de Galicia.

XLI Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba

ABANCA e Afundación anunciaron durante o evento a convocatoria dunha nova edición do premio, que incrementa a súa dotación até os 10.000 euros.

Poderán presentarse artigos propios do chamado xornalismo literario e de opinión publicados, con nome ou pseudónimo, en calquera medio de comunicación impreso ou dixital de cabeceiras recoñecidas, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019. Os textos deberán ter unha extensión máxima de dúas páxinas no caso de edicións impresas e o seu equivalente para as edicións en dixital.

Máis información na web de Afundación.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA concede seis bolsas para cursar o Máster Universitario en Ciencias Actuariales y Financieras da ULE

23-05-2023
RSC Sostenibilidad

As axudas cobren as taxas de matrícula dos dous anos do máster (120 créditos) e inclúen a realización das prácticas curriculares en ABANCA.

ABANCA súmase ao ‘Programa Funcas Educa’ por quinto ano consecutivo

16-05-2023
RSC Sostenibilidad

O presidente de Afundación Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de Funcas, Carlos Ocaña, subscribiron o acordo que dá continuidade á colaboración que ambas as institucións manteñen desde 2018 co fin de impulsar o desenvolvemento de actividades destinadas a aumentar a cultura financeira dos españois.

20230516-convenio-funcas-01

Elementos da mediateca relacionados:

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social, Sostibilidade e Comunicación ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. Declaracións de Diego Cascón, responsable de xestión da Colección ABANCA, durante a inauguración en Santiago ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 24

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 20

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 21

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.