• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e ARVI reforzan a súa colaboración con alternativas de pago áxiles no ‘Festival ARVI do Peixe, Vigo SeaFest’

  • O evento gastronómico, musical e deportivo conta tamén con diversas actividades infantís e exposicións de proxectos de sostibilidade
  • O festival aposta polo uso de tarxetas prepago de materiais sostibles que reduzan o tempo de espera nas zonas de restauración
  • Os asistentes poderán realizar os pagamentos con calquera tarxeta de crédito ou débito e recargar as prepago de forma gratuita
20220607-abanca

O director de ABANCA Mar, Javier Fraga, e o presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, Javier Touza.

Descarga en alta resolución

07-07-2022
Financiero

ABANCA e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) acaban de asinar un acordo de colaboración no que se destacan as solucións de pago desenvolvidas en conxunto para a cuarta edición do ‘Festival ARVI do Peixe, Vigo SeaFest’, que se celebra na cidade olívica do 7 ao 10 de xullo e que conta co patrocinio e a experiencia tecnolóxica de ABANCA.

O director da unidade especializada ABANCA Mar, Javier Fraga, e o presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, Javier Touza, consolidaron esta mañá o compromiso de ambas entidades de cara a un evento que se retoma tras dous anos de interrupción a causa da pandemia, e deron a coñecer estas alternativas que servirán para simplificar e axilizar os pagamentos nos establecementos de restauración para sustituir os diñeiro en efectivo.

Desta maneira, os asistentes poderán pagar as súas consumicións de cociña de autor, especialidades ou bebidas con calqura tarxeta de crédito ou débito. Así mesmo, para as persoas que no opten por estas fórmulas, o festival disporá de tarxetas prepago que poderán ser recargadas. As tarxetas poderán ser adquiridas gratuitamente nos espazos informativos do Vigo SeaFest e servirán para pagar calquera compra do evento. Esta colaboración en materia tecnolóxica entre ABANCA e ARVI permitiu que o ‘Festival ARVI do Peixe, Vigo Sea Fest’ sexa desde a súa creación un evento con pagos áxiles e sinxelos e sen necesidade de utilizar o efectivo.

Tarxetas prepago sostibles

En liña coa actividade de ambas organizacións en materia de sostibilidade, as tarxetas prepago están feitas de materiais reciclados que proveñen da industria do policloruro de vinilo (PVC) e melloran os impactos ambientais con respecto á pegada de carbono, o agotamento de recursos hídricos, a formación de ozono fotoquímico, as partículas de suspensión e a acidificación de mares e do resto dos solos.

Esta nueva colaboración no marco do “Vigo SeaFest” entre ABANCA e ARVI constitúe un paso máis no histórico traballo conxunto de ambas organizacións no ámbito financeiro, no que manteñen un convenio de colaboración en vigor que se renova anualmente. A colaboración permite aos armadores de Vigo asociados acceder a condicións vantaxosas e a alternativas de crédito para dar resposta ás súas necesidades.

O ‘Festival ARVI do Peixe, Vigo Sea Fest’ ten como obxectivo a promoción do consumo de pescado, doado por varias das súas empresas armadoras, contando ca colaboración de 14 destacados chefs da cidade, ademais da colaboración doutros dez postos de delicatessen. Todo isto xunto con actuacións musicais diarias a cargo de destacados grupos, con actividades infantís, presentación de proxectos, showcookings ou visitas guiadas por FUNDAMAR, nun ambiente agradable e festivo que pretende conseguir un festival de exaltación de consumo de peixe do agrado de toda a cidadanía. En www.vigoseafest.com hai acceso a toda a información do evento.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA pecha unha nova emisión de bonos verdes

07-09-2022
Financiero

ABANCA pechou hoxe os termos económicos para a súa segunda emisión de bonos verdes Senior Preferred por importe de 500 millóns de euros cun cupón do 5,25%, tras a exitosa emisión inaugural do ano pasado.

20220621-abanca-4

DBRS mellora un chanzo o rating de ABANCA até BBB high con perspectiva estable

21-06-2022
Financiero

A axencia de cualificación DBRS Ratings GmbH (DBRS Morningstar) aumentou un chanzo o rating emisor a longo prazo de ABANCA de BBB a BBB high, á vez que mantivo a súa perspectiva estable.

20220621-abanca-4

Elementos da mediateca relacionados:

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)