• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e Asemaco traballan en alternativas para poñer en marcha novas liñas de crédito

  • O banco e a asociación asinan un convenio con múltiples opcións de financiamento vantaxoso para dar resposta ás necesidades dos profesionais asociados
  • As dúas entidades comprométense coa competitividade e ofrecen financiamento áxil no punto de venta grazas a produtos exclusivos como Crediasemaco, que leva máis de 20 anos no mercado
20180528-convenio-asemaco

Gabriel González Eiroa (esquerda) e Agustín Moreira (dereita), durante a sinatura do acordo.

Descarga en alta resolución

28-05-2018
Negocio

ABANCA e a Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco) veñen de acadar un novo acordo de colaboración en materia financeira, co obxectivo posto en mellorar o acceso ao financiamento ás familias e profesionais.

O presidente de Asemaco, Agustín Moreira Graciá, e o director da Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, renovaron hoxe na sede institucional da entidade financeira en Vigo un convenio de colaboración que establece condicións especiais na contratación de produtos e servizos de ABANCA e reimpulsa o compromiso que mantén o banco co tecido produtivo e as pemes e autónomos de Galicia.

O acordo recolle unha ampla oferta de produtos deseñados para mellorar a competitividade deste colectivo empresarial, entre os que destacan pólizas de crédito, préstamos hipotecarios para negocio, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo inclúe tamén unha oferta específica ao colectivo no referido a liñas de comercio exterior, así como o acceso a fórmulas de financiamento oficiais a través dos convenios que ABANCA mantén co ICO, Igape ou as sociedades de garantía recíproca (Sogarpo e Afigal).

Ademais, as empresas da construción adheridas a AGALCO poderán beneficiarse doutras vías de financiamento, como as contempladas no Plan Activamos, unha iniciativa conxunta de ABANCA e as catro deputacións galegas que inclúe liñas de crédito con baixos tipos de xuro para facilitar o emprendemento, os novos investimentos, a creación de emprego, o financiamento de circulante ou a mellora enerxética das pemes e autónomos da provincia.

Crediasemaco, un produto de éxito

Grazas a este convenio, os asociados poderán ofrecer aos clientes ás vantaxosas condicións de Crediasemaco, un produto especificamente creado para este colectivo hai xusto 21 anos. Esta histórica colaboración entre as dúas entidades permite que os establecementos poidan financiar as compras dos seus clientes de forma áxil, sinxela, as 24 horas do día e sen risco de impagos.

Os profesionais pertencentes a Asemaco tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento dos dispositivos TPV de ABANCA.

O convenio tamén engade as vantaxes do programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. Igualmente, a entidade financeira porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.