• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e Aspremetal rubrican un acordo que reforza a competitividade dos instaladores asociados

  • A entidade financeira ofrece aos clientes desta asociación estremeña novas fórmulas para financiar dunha forma sinxela e áxil as instalacións
  • Os asociados de Aspremetal poderán acceder tamén ao catálogo de produtos de crédito do banco con condicións melloradas para facer fronte a necesidades puntuais ou poñer en marcha proxectos
20201117-abanca-cofradias-aspremetal

De esquerda a dereita, o director territorial de ABANCA en Estremadura-Sur, Óscar Salgado; o director de zona de ABANCA en Badaxoz, Martiniano Galán; o director xeral de Aspremetal, Cristóbal Mazas; e o presidente de Aspremetal, Francisco Pantín; durante a sinatura.

Descarga en alta resolución

20201117-abanca-cofradias-aspremetal-2

De esquerda a dereita, o director territorial de ABANCA en Estremadura-Sur, Óscar Salgado; o director de zona de ABANCA en Badaxoz, Martiniano Galán; o director xeral de Aspremetal, Cristóbal Mazas; e o presidente de Aspremetal, Francisco Pantín; durante a sinatura.

Descarga en alta resolución

17-11-2020
Negocio

ABANCA e a Asociación de Empresarios do Metal de Estremadura, Aspremetal, acaban de firmar un convenio de colaboración co foco posto en mellorar a competitividade das empresas asociadas. Grazas a este novo texto, rubricado esta mañá na oficina principal do banco en Badaxoz, as dúas entidades reforzan a súa aposta polos proxectos empresariais comprometidos coa eficiencia enerxética e o aforro de costes.

O director territorial de ABANCA en Estremadura-Sur, Óscar Salgado, e o presidente de Aspremetal, Francisco Pantín, foron os encargados de impulsar esta colaboración coa rúbrica do convenio. Grazas a este novo texto, que está en vigor desde este momento, os máis de 750 asociados e os seus clientes xa poden acceder aos novos produtos e servizos.

O produto máis atractivo que inclúe esta nova colaboración impulsada polas dúas entidades é APRAZOS, a solución ideada por ABANCA para reforzar a competitividade das pequenas e medianas empresas fronte ás grandes compañías. Grazas a este servizo, os clientes poden financiar as súas instalacións a través do propio instalador, dunha maneira rápida, sinxela e económica. Poden seleccionar así fraccionar o custe total dun investimento con grandes retornos ata en 36 meses e por importes de ata 18.000 euros.

Pero os asociados de Aspremetal tamén accederán ás vantaxes que inclúe a oferta creada a medida por ABANCA. Trátase dun catálogo de produtos e servizos con alternativas para facer fronte ás necesidades máis perentorias, pero tamén para impulsar proxectos a medio e longo prazo.

Entre as respostas máis directas, os instaladores terán á súa disposición pólizas de crédito para facer fronte a necesidades puntuais, préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pagamento de impostos ou tamén avais ou liñas de desconto comercial. No campo dos investimentos, coa vista posta no reforzo da competitividade e a posta en marcha de novos proxectos, o acento recae en préstamos persoais ou hipotecarios e leasing mobiliario.

Precisamente destacan tamén as alternativas de crédito oficiais, que o banco ofrece a través das liñas COVID-19 postas en marcha polo ICO. Gracias a este financiamento, o banco dá unha resposta máis axustada para os asociados de Apremetal á pandemia e os seus efectos económicos.

De maneira adicional, o novo convenio tamén inclúe unha oferta personalizada na contratación de produtos como TPVs ou o acceso ao Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén pola prestación dalgúns servizos como as transferencias, ingreso de cheques ou outra operativa habitual.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.